Mostrando entradas con la etiqueta Porto do Son. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Porto do Son. Mostrar todas las entradas

14.1.13

Porto do Son: Ramón Sampedro, o maior activista galego pro-eutanasia, voltou ser homenaxeado

Vídeos e tweets de Paco do Martelo







Foi o 12 de xaneiro de 1998 cando Ramón Sampedro, mariñeiro de Xuño tetrapléxico, farto da xustiza lenta e dos políticos inmisericordes deste país, decidiu deixar este mundo. Como reza o noso refraneiro, "entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro", e en calquera das súas homenaxes, sempre arredor da data do seu pasamento, o frío e a chuvia están presentes. Iso non arreda aos seus amigos, familia e admiradores, que xa levan con este 14 homenaxes. Notouse que non había eleccións á vista, pois a presenza de autoridades foi case nula: só se presentou o ex alcalde socialista Pastor Rodríguez, aínda edil na corporación sonense.

Os que nunca fallan e promoven con máis forza este homenaxe son os de Dereito a Morrer Dignamente e a súa familia e amigos. O seu anceio é que o legado de Ramón Sampedro non morra e que se consiga o que pediu ata que non puido máis: a eutanasia. Os políticos deste país, gravemente acomplexados pola moral católica que considera isto un pecado mortal, inda nin sequera abriron o debate. En países máis avanzados -Holanda, Bélxica ou Suíza, entre outros- xa é algo que a sociedade asumiu, pois foi explicado e debatido nas cámaras de representación cidadá.

O XIV homenaxe a Ramón Sampedro fixo de novo protagonistas á natureza -ese mar que el tanto amaba inda que nel quedara baldado e eses caraveis vermellos que se arroxaron no seu leito- e á poesía. O mesmo Sampedro deixou en "Cartas desde el infierno" un feixe de versos nos que este activista da eutanasia pediu, séndolle negado, unha morte digna a uns tribunais, os españois, que son tan lixeiriños en darlle cadea aos pobres e inda máis en zafar aos ricos e poderosos.

Media_httpfarm3static_nfcag

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.12.12

Porto do Son: este luns, 17 de decembro, II Festa da Lectura co reparto da Guía de Nadal 2012-2013

  • A contacontos Raquel Queizás actuará xunto cunha selección de 200 alumnas e alumnos do IES local, onde se mesturarán contos, música e teatro

Media_httpwwwraquelqu_tjuib

Raquel Queizás, na súa web http://www.raquelqueizas.com

Porto do Son, 16 de decembro de 2012. Un ano máis, co respaldo económico da Concellaría de Cultura e Nova Galicia Banco, e coordinados polo equipo de biblioteca do IES de Porto do Son, os centros de ensino de e a Biblioteca Municipal Xerardo Díaz Fernández, presentan a Guía de Nadal 2012-2013,  unha proposta de lecturas que ben puideran servir para agasallar nestas datas. Esta será repartida, entre outros espazos, nos colexios, na bibliotecas, nas aulas de cultura e nas librarías.

Para celebralo, o luns 17 de decembro ás 10:30 da mañá na Casa de Cultura, unha selección duns 200 alumnos e alumnas participarán na II Festa da Lectura. Á actuación da contacontos Raquel Queizás, seguirán as intervencións dos rapaces e rapazas con teatro, contos e música.

"Detrás está un traballo colaborativo que parte da necesidade de implicar a toda a sociedade no fomento do interese polos libros e o pracer e coñecemento que estes aportan", explican os organizadores.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.12.12

Porto do Son: este domingo, 9 de decembro, parada de "Emily on the road", de Ramón Blanco

  • Presentación do poemario deste autor de Outes na casa da cultura ás 20:00 horas
  • Acompáñano Asunción Torres, concelleira de Cultura; o poeta e editor Manuel L. Rodrigues e Manolo do Río, do colectivo literario Sacou
Media_httpfarm9static_nfdsi

Ramón Blanco, recitando

Porto do Son, 8 de decembro de 2012. A editorial Acha Escrava presentará en Porto do Son o novo libro de poesía de Ramón Blanco (Outes, 1979), que leva por título Emily on the road (Unha viaxe ás terras do oeste). Será na Casa da Cultura, mañá, domingo 9 de decembro, ás 20:00 horas. O autor estará acompañado por Asunción Torres Parada, concelleira de culutra; Manuel L. Rodrigues, en representación da editora; e Manolo do Río, do colectivo literario Sacou, onde Ramón Blanco se iniciara como escritor.

O acto rematará cun recital poético-musical no que o autor lerá algúns fragmentos do libro, que ambientará coa súa música o saxofonista Pablo Sax. Esta é a décima dunha serie de presentacións por diversas vilas e cidades, no que a propia editora denominou "Xira Emily on the road".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.11.12

Porto do Son: este sábado 24, teatro con "Brancas", de Femme Fatale

Porto_do_son_brancas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.11.12

Porto do Son: micoloxía, magosto, pintura e teatro en novembro

  • O sábado 10, xornada micolóxica
  • O sábado 17, Baobab Teatro presenta "Babs" (público infantil)
  • O domingo 18, magosto popular
  • Ata o martes 13, exposición de pintura de Eduardo Ponte

[[posterous-content:pid___1]]http://farm3.staticflickr.com/2755/4295676936_eb8d3ea04d.jpg
Jesús Parada Miniño impartirá a charla micolóxica e fará de guía "refungueiro"[[posterous-content:pid___2]]Eduardo Ponte expón óleos ata o martes 13

[[posterous-content:pid___0]]

[[posterous-content:pid___3]]https://twitter.com/Certo/status/265459792359858176

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.10.12

Porto do Son: o sábado 13 de outubro, o I Festival Furnas Music promete dez horas de música sen parar

Furnas_music
https://twitter.com/PSdGBarbanza/status/253204416361021440

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.9.12

Porto do Son: este martes, 2 de outubro, "A educación pública en perigo", charla do Psoe

Pode que tamén lle interese:

 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este martes, 2 de outubro, "A educación pública en perigo", charla do Psoe

Charla_porto_son

Pode que tamén lle interese:

 





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.7.12

Porto do Son: este xoves 19, xornada de voluntariado ambiental na praia de Areas Longas e nas lagoas

Media_httpfarm6static_pvgcg

Flor da Pampa ou "plumeiros" en Porto do Son. Está considerada especie invasora e o Concello promoveunas como ornamentais

Porto do Son, 17 de xullo de 2012. ADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.

 As acción propostas na iniciativa “Conservando as nosas dunas” promoven accións  voluntarias que teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar  a problemática de espcies invasoras e promover iniciativas de custodia litoral. Outros dos obxectivos é facilitar ferramentas de conservación para acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

A primeira iniciativa dentro do proxecto Conservando as nosas dunas desenvolveuse na Praia da Corna no Concello da Pobra do Caramiñal, onde se deron cita 25 voluntarios e voluntarias o día 5 de xullo.

O xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia das Areas Longas no concello de Porto do Son, co cal ADEGA vén de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello.

Esta praia posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos humidais). Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras.

O programa será similar ao do día 5 de xullo na Praia da Corna:

9.00h          Saída dende Santiago de Compostela             

10.00          Chegada á praia de Areas Longas (Porto do Son)

10.15          Presentación da actividade

10.40          Roteiro pola Praia e as lagoas

12.00          Comezo dos traballos de eliminación e limpeza

14.30          Xantar

16.00          Continuación dos traballos

18.30          Remate dos traballos, toma de datos e foto de grupo

19.00          Regreso

Esta é unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte (dende Compostela) e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:

Lucía Parente

Email: lucia@adega.info

Tlf: 981 57 00 99

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.7.12

Porto do Son: esta fin de semana, XIII Concurso Nacional Canino





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: esta fin de semana, XIII Concurso Nacional Canino

[[posterous-content:pid___0]]





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.6.12

Porto do Son: o punto limpo, que xa debía estar rematado, comezará a facerse no verán

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aínda vén de adxudicar esta actuación ambiental por máis de 250.000 euros

  • As obras a executar consistirán basicamente na colocación das instalacións xerais, unha caseta de oficina e recepción, almacén de residuos especiais e colectores. O concello debe asumir a súa explotación, mantemento e conservación

Media_httpfarm3static_yqhgx

Nebra é a parroquia máis grande de Porto do Son e a única sen casa da cultura

Porto do Son, 2 de xuño de 2012.- As obras do punto limpo do concello de Porto do Son comezarán este verán, despois de que a Xunta adxudicara este contrato de obra pública por 258.748 euros á empresa Movex Vial S.L. Esta actuación ambiental será realidade este mesmo ano (ou iso di a Xunta, que adoita errar na maioría dos cálculos de infraestruturas nesta bisbarra, como se está a ver coa variante noiesa, por exemplo). Din que a obra vaise executar en pouco menos de tres meses mais xa debía estar feita, pois saíu a licitación en decembro do ano pasado e xa pasaron seis meses.

Esta actuación atópase a medio camiño entre Portosín e Porto do Son, na zona chamada Agra de Bustelo, na antiga estrada de Cans, na parroquia de Nebra. O punto limpo é un recinto preparado para que que os cidadáns poidan depositar neles os residuos para os que é precisa unha xestión específica, polo seu tamaño ou pola súa composición.

Os obxectivos principais desta instalación son recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, evitar a vertedura incontrolada de entullos e voluminosos e separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente.

As accións fundamentais centraranse na disposición das instalacións xerais, casetas e almacén, colectores e sinalización. Tamén se executará un peche da canteira, un peche perimetral e unha porta de acceso. O proxecto tamén considera a urbanización e o axardinamento do contorno.

Antes, en Certo:

13 de decembro de 2011: licitado o punto limpo de Nebra

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.6.12

Porto do Son: un austríaco solicita 200 hectáreas de monte veciñal para gandeiría ecolóxica

  • As 200 hectáreas, inseridas no Banco de Terras que xestiona a Xunta e que puxo en marcha o anterior goberno bipartito, destinaranse á cría de razas de gando vacún, ovino, porcino e aves, e será compatible coa xestión forestal e incluso turística e educativa do monte. O emprendedor é o cidadán austríaco Andreas Rohregger


Porto do Son, 1 de xuño de 2012.- O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Antonio Crespo Iglesias, asinou hoxe nas instalacións da Axencia en Santiago de Compostela, un contrato de cesión terras, con Andreas Rohregger, un cidadán austríaco interesado en converterse en gandeiro ecolóxico en terras galegas. O contrato supón a cesión de 200 hectáreas do Monte veciñal en man común de Baroña, para o que foi imprescindible a intermediación do Banco de Terras.

O contrato formalizarase a través do Banco de Terras de Galicia, cun arrendamento pactado entre promotor e comunidade veciñal durante 11 anos. Esta operación, que inclúe non só as terras senón tamén as instalacións alí existentes, posibilitará o aproveitamento do potencial multifuncional do monte mediante a implantación dun sistema de cría de razas de gando vacún, ovino, porcino e de aves autóctonas, como é o caso da raza Cachena en vacún ou a Galiña de Mos.
 

Media_httpfarm7static_klgkl

O turismo cultural de Porto do Son ten a súa xoia da coroa no castro de Baroña

A Comunidade de Montes de Baroña realizará conxuntamente con Andreas Rohregger os labores de xestión do monte, encargándose ela mesma da explotación forestal e cedendo no arrendamento mencionado os usos de carácter gandeiro, agrícola e outros derivados do aproveitamento dos recursos do monte, tales como a recollida de fungos ou as visitas de carácter turístico, entre outros.

A cría destas razas realizarase ao aire libre, mediante un sistema de pastoreo rotacional, para conseguir unha carne da máxima calidade e salubridade. Os produtos derivados da actividade serán comercializados a través da marca europea rexistrada “Tierra Celta”.

Aproveitamento turístico e granxa escola


A todo isto sumarase o posible aproveitamento turístico do enclave, tendo en conta a excepcionalidade do lugar, próximo ao Castro de Baroña. Así mesmo, o promotor austríaco pretende levar a cabo durante o período de cesión un proxecto de granxa escola que dea a coñecer as súas actividades a escolares ou visitantes en xeral.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical