Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas

23.8.09

Mulleres de tres tetas: unha visión retranqueira do furtivismo


Encantounos. Gustaríanos ter escrito algo así. Parabéns, de novo, a Manuel Gago.


Esta muller ten dúas, pero vexan quenes son as mulleres de tres tetas aquí

12.5.09

Cortáis mogollón el rollo


Aínda nos rimos un anaco coa última entrada de Arqueoneixón. Lea

10.7.08

Manda o lector: a pluma de Cela



Botan de menos tantas entradas e tan seguidas neste blog. Hai alguén -moi teimudo, como case todos os que formamos Certo, é un defecto, non unha virtude, na maioría dos casos- que está entusiasmado con esta bitácora, pero outro di que non acaba de velo. Por unha tempada foi gañando o primeiro, pero logo, con tantos frentes abertos, fixeron que esta actividade blogueira decaese.

Mais aquí estamos. Para enfocar o blog doutro xeito: sen tantas entradas, pero con máis reflexión. Só así pode haber comentarios. Se metemos cinco ou seis propostas cada día, o lector, por moito tempo libre que teña (e hoxe semella que ninguén ten diso, é un producto de luxo) non da abasto. Así que imos meditar. Como cantaba Reixa cando aínda era Resentido e non un cineasta burgués, "cómpre reflexionar". Nisas estamos.

Abrimos fogo co asunto da pluma de Camilo. Estámonos a secularizar, iso está claro, pero coas supercherías da relixión. O feito de que Touriño, elexido democraticamente por cidadáns do século XXI, que en teoría non lle rinden pleitesía a ningún rei, reciba a estilográfica coa que Cela asinou un texto non é máis que unha volta ás reliquias. Si, esas que lle entusiasmaban a Felipe II, que case tivo que facer o Escorial para meter tantas que coleccionou... Que iso sexa noticia -de gabinetes de prensa da Xunta, de tódolos medios repetindo como papagaios estes días- é voltar atrás. "Aquí hay tomate" fixo moito dano. A Marina Castaño tamén. Daqueles polvazos estas lameiras.

E vostedes teñen algo que decir? Retruquen, só pedimos sentidiño

Tamén poden visitar a web da Fundación Cela e opinar sobre iso do sectarismo político no mundo da cultura, que promete. Aquí

20.2.08

Se tes un blog e falas de comer...

V XANTANZA DE BLOGS GASTRONÓMICOS
from Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo by Gourmet de provincias

Ya hay fecha. La V Xantanza de Blogs Gastronómicos de Galicia tendrá lugar el próximo fin de semana.Es cierto que habitualmente hacemos pública la convocatoria con más antelación, pero esta será una Xantanza atípica por muchas cosas además de esa: por primera vez no habrá menú degustación. Hemos decidido cambiar de tercio y pasarnos a un producto estacional, así que esta vez la Xantanza será una Lampreo-Xantanza y tendrá lugar en Casa Emilio (Catoira, Pontevedra), un restaurante de corte tradicional.

Toda a información no Diario do Gourmet

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical