Mostrando entradas con la etiqueta viaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxe. Mostrar todas las entradas

15.1.13

Boiro: a asociación cultural Borobó organiza viaxe á neve do 15 ao 17 de febreiro

  • Á estación leonesa de San Isidro
  • Data límite de inscrición o 2 de febreiro

San_isidro2013

Boiro, 15 de xaneiro de 2013. Baixo o lema “Borobó vaise á neve”, a entidade cultural presenta a organización da xa cuarta viaxe á estación invernal de San Isidro, coa finalidade de facilitar que os mozos e mozas, principalmente da comarca, teñan a posibilidade de disfrutar da práctica dos deportes de inverno coma o esquí ou o snowboard.

A saída está prevista o venres día quince de febreiro, sobre as once da noite, diante da Casa da Cultura de Boiro e voltarase ao redor das dez da noite do domingo dezasete. A viaxe, que ten un prezo de cento cinco euros, inclúe o transporte de ida e volta en autobús, o aloxamento na noite do sábado no Albergue Bustiello, a cea do sábado e o almorzo do domingo e o forfait do fin de semana. Non está incluido o aluguer do equipo, xa sexa de esquí ou de snowboard, pero dende a asociación realizan a xestión do arrendamento.


Para inscribirse e facer o pago dase de prazo ata o día dous de febrero e pode
facerse a través do correo electrónico de Borobó (asociacionborobo@gmail.com) ou no teléfono 620970072.

Noutros concellos:



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.5.12

Ribeira: Costa da Morte, Portugal e Cambados por terra e Ferrol, Arousa e Sálvora por mar, nas novas saídas culturais para maiores

Media_httpfarm8static_ezaiy

Francisca Vidal e Vicente Mariño presentaron estas viaxes

Ribeira, 30 de maio de 2012.- O Concello presentou un ano máis as quendas das Viaxes Culturais para Maiores que, organizadas pola Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social, teñen como obxectivo procurar a inserción na sociedade das persoas da terceira idade do municipio. Serán seis en total e, ao respecto, a máis grande novidade, segundo salientou o edil Vicente Mariño, é que a metade das mesmas descorrerán por mar.

Esta acción está adscrita ao Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores deseñado polos Servizos Sociais Comunitarios, cuxa xefa de servizo, Francisca Vidal, acompañou ao concelleiro na presentación.

O primeiro dos itinerarios previstos terá lugar o vindeiro 15 de xuño e consistirá nun paseo en barco pola ría de Ferrol, con visitas a esta localidade, así como Xanceda, Sada e Mugardos. O seu custo é de 42,4 euros. A continuación terá lugar a Ruta Xacobeo Marítimo Fluvial da Ría de Arousa, con paseo en barco pola nosa ría e visitas a Pontecesures e Padrón. Será o 29 de xuño e o seu importe ascende a 47,2 euros.

O 4 de xullo terá lugar unha terceira ruta ata a illa de Sálvora, nun barco que zarpará do peirao de Aguiño e cuxo custe é de 24,8 euros.

O 20 de xullo haberá unha viaxe a Cambados, con visitas ao Mosteiro de Armenteira e aos Pazos de Bayón e Rubiáns. Terá lugar o 20 de xullo e o seu prezo é de 37,6 euros.

Media_httpfarm8static_iwcpi

Vistas dende o mirador do Ézaro

A penúltima das viaxes culturais deste ano acontecerá o 24 de agosto por un importe de 31,2 euros. Descorrerá pola costa da Morte, con visitas a Muros, Ézaro, Corcubión, Fisterra, Cee, Camariñas e Vimianzo.

Por último, o 21 de setembro terá lugar unha ruta polo norte de Portugal que incluirá visitas a Vila Nova de Cerveira, Caminha, Viana do Castelo, Santa Lucía e Ponte da Lima. O seu custe, 35,3 euros.

Estas saídas culturais van dirixidas a todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Riveira, así como aquelas maiores de 55 que sexan xubiladas. No caso da viaxe a Ferrol, o prazo para anotarse terá lugar entre o 4 e o 8 de xuño.

Inscricións

Todas as inscricións deberán ser entregadas no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios (praza 8 de marzo, edificio Mirador de Padín, s/n). As prazas serán adxudicadas por orde de chegada. A partir das 9 horas darase un número por persoa na orde correspondente e a formalización da inscrición terá lugar entre as 12 e as 13.30 horas.

Os prezos inclúen autobús dende Ribeira, entradas a barcos ou museos, guía durante os percorridos, comida e seguro de viaxe.

Hoxe tamén publicamos:


"Son's de Aguiño": o sabado 2 de xuño, Festival Tradicional

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.5.12

Dodro: últimas actividades realizadas en Servizos Sociais e polas Letras Galegas

Dodro, 29 de maio de 2012. Os maiores de Dodro rematan de chegar dunha viaxe de 5 días a Santander (do 23 ao 27 de maio) organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade que dirixe Marisol Boga. Entre outros lugares visitaron en Asturias a fábrica de sidra “O Gaiteiro”, Villaviciosa, Covadonga, Cangas de Onis y Cudillero.

Xa en Cantabria realizáronse visitas á cidade de Santander, Isla, San Vicente de la Barquera, Santillana del Mar, Comillas, Torrelavega e Suances. Tamén realizaron unha visita guiada ao Parque de Cabárceno do que trouxeron un vídeo personalizado de recordo, e unha visita guiada ás Covas de Altamira onde visitaron a réplica das covas.

Tamén disfrutaron de dúas noites de cea-baile e unha de xogos. Os participantes quedaron moi satisfeitos coa viaxe e xa solicitaron á concelleira máis e novos destinos. A concellería valora estas saídas e retoma así as viaxes lúdicas de varios días para os maiores que se deixaran de realizar nos últimos anos.

FALAREDES

O pasado xoves, 24 de maio, preto de 20 escolares do Concello de Dodro, de idades entre os 6 e os 12 anos subíronse a caravana do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Linguística, convertida en cine itinerante, para ver diversas curtametraxes de animación feitas en Galicia e en galego.

A actividade foi presentada pola Concelleira de Cultura do Concello de Dodro, Cristina Codesido Fernández, e ten por obxecto a promoción do uso da lingua galega entre a infancia e desde o tempo de lecer, empregando como recurso as novas tecnoloxías e máis en concreto, o cine.

Entre as 5 e as 8 da tarde, as nenas e nenos participantes achegáronse á caravana situada na explanada do pavillón polideportivo do Concello, visionaron diferentes filmes, realizaron actividades de comprensión sobre os mesmos e posteriormente elaboraron un conto orixinal que converteron en curtametraxe grazas á técnica do video-matón. O final da tarde as familias das/os participantes disfrutaron da película que resultou destas gravacións e que xa se pode consultar en internet, no canal de Youtube Galego de Cine.

A caravana de FalaRedes está a percorrer outras vilas galegas pertencentes a Rede de Dinamización Lingüística, cando finalice esta viaxe farase un concurso no que se premiarán os mellores contos en galego que foron gravados en vídeo e naceron grazas a esta actividade; as persoas gañadoras recibirán o libro-DVD O soldadiño de Chumbo.

DEPENDENTES A DOMICILIO

Dodro1
Tamén o  24 de maio fíxose entrega dos diplomas do curso formativo “Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio”, o segundo dos cursos que, subvencionados pola Deputación Provincial de A Coruña, organizou o Concello de Dodro na súa aposta pola formación contínua das persoas coidadoras.
O primeiro, que se levara a cabo en datas anteriores e consecutivas, versara sobre a “Administración de alimentos e tratamentos no domicilio”, acadando en total ambos cursos as 80 horas de formación. Entre aplausos, as 30 persoas asistentes recibiron de mans do alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín, o diploma que acredita a súa participación.
 

Organizadores, ponentes e participantes coincidiron na necesidade de seguir promocionando actividades formativas, nun horario adaptado á conciliación da vida laboral e doméstica do alumnado, para “medrar en calidade nos coidados das persoas dependentes ao noso cargo, non so dándolles as atencións físicas que necesitan, senón aprendendo maneiras de que teñan de novo as habilidades perdidas, para que elas e nós nos sintamos mellor”.
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro, que dirixe  Marisol Boga, ten entre os seus obxectivos fundamentais o desenvolvemento dun programa de atención ás persoas maiores dependentes e ás persoas coidadoras, con actividades como estes cursos pero tamén  outras de atención domiciliaria e respiro familiar que están tendo moi boa acollida.

Antes, en Certo:


Queixas: sobre o curso de informática

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.5.12

Ribeira: veciños peregrinaron a Fátima esta pasada fin de semana

Esta pasada fin de semana, un grupo de veciños de Ribeira puideron peregrinar ao Santuario de Fátima, onde aproveitaron a ocasión para visitar varias localidades portuguesas como Aveiro, Gaia, Coimbra e Nazaret. Os organizadores da peregrinación agradecen "a intersección da Virxe para todas as persoas que pasan por dificultades, tanto sexan materiais, espirituais ou de saúde". Entre os viaxantes ían Edmundo Martinez e a súa dona Cecilia Ferreiro, habituais peregrinos e devotos desta advocación mariana nada en Portugal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical