Mostrando entradas con la etiqueta notas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta notas. Mostrar todas las entradas

2.10.09

Rianxo: Verquido das fecais ao río Té nas Miráns, Araño

O BNG de Rianxo solicita a inmediata actuación municipal no Campo da Ponte, nas Miráns-Araño

O río Té está recibindo directamente o verquido de fecais desde a rede de sumidoiros polo probábel mal funcionamento dun bombeo nesta área recreativa do Araño

O BNG de Rianxo, a través da súa voceira Adelina Ces, demanda a urxente actuación no Campo da Ponte, na área recreativa das Miráns, onde a rede de sumidoiros está a verquer directamente fecais ao río Té, diante do que parece con toda probabilidade un mal funcionamento do bombeo que debería estar canalizando á rede xeral e non directamente ao río.

É un episodio máis do que se repite constantemente e temos denunciado desde o BNG de Rianxo: o constante mal funcionamento dos bombeos, a falta dun sistema de avisos automático á concesionaria e a posta en marcha dun protocolo para actuar con inmediatez. É preciso se faga unha revisión xeral de todos os bombeos pois unha vez é no Araño, outra en Asados, ningunha parroquia nin a ría se libran destas deficiencias dos sumidoiros de Rianxo.

O sistema común dos bombeos de ter aliviadoiros canalizados aos regatos para que en caso de problemas verta sen tratamento en ningún caso pode ser excusa para que coa menor tardanza o Concello actúe sobre as eivas dos bombeos e non agardar unha denuncia veciñal. Débese implantar un sistema automático de aviso á central de Rianxo. Non é a primeira vez que este bombeo do Campo da Ponte da problemas e mesmo os veciños teñen denunciado ao SEPRONA este problema.

O BNG cre necesario diante da reiteración dos atascos unha renovación e posta ao día do equipamento de boa parte dos bombeos, que en vez de renovarse se cambia de sitio. Tamén que se estude impoñer sancións á concesionaria se non cumpre coas obrigas do seu contrato e solucione este e os verquidos do porto denunciados tamén recentemente.

Mais non remata aquí a esixencia do BNG que comprobou tamén o estado de abandono da área recreativa con maleza, con estragos no mobiliario urbano, con plásticos no río (ademais da celulosa procedente dos sumidoiros) e coa falta de recollida de lixo na zona. De aí que se demande tamén unha limpeza exhaustiva e adecentamento desta paraxe.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

17.4.08

Nota de Altofalante

En resposta á "denuncia" apresentada pola Cadena Cope contra a xuíza Ana López-Suevos, por emitir unha sentenza en galego, están convocadas mobilizacións de protesta diante das sedes da emisora en toda Galiza (en RIBEIRA tamén). As concentracións están convocadas pola "Mesa"e conta co apoio da C.I.G e outras organizacións (ALTOFALANTE TAMÉN). Polo tanto:
O vindeiro mércores 23 de Abril ás 20.00 horas MANIFESTATE CON NÓS DIANTE DA COPE EN RIBEIRA..!!! na praza da igrexa.

Altofalante.
Xosé A,V.Cobas.

P.D. Sen vir ao caso: hai xa un tempo fixemos unha chiscadela coa páxina web de Altofalante. Repetímola: estás menos actualizado que a web de Altofalante e máis parado que o blog de Paleón

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical