- Ás 12 do mediodía, organizada polo Club Xadrez Rianxo
- "Viaje al fascinante mundo del ajedrez" abordará a historia deste deporte e os seus pretendidos beneficios para a saúde mental, así como un repaso dos mellores xogadores dos últimos 35 anos, que coñeceu este xornalista deportivo en persoa
Rianxo, 16 de marzo de 2013. O Club Xadrez Rianxo organiza o próximo sábado 23 de marzo as 12:00h no Auditorio de Rianxo a conferencia "Viaje al fascinante mundo del ajedrez" que impartirá o coñecido periodista deportivo Leontxo García. Con "viaje al fascinante mundo del ajedrez" Leontxo García invita os participantes a unha viaxe imaxinaria a través dos séculos e do mundo para deterse nos momentos máis importantes da historia do Xadrez, dende a sua invención na zona da India ata a súa chegada a España cos árabes. Tamen contará este divulgador do deporte máis monárquico as súas vivencias persoais con Fischer, Karpov, Kasparov, Anand, Carlsen, as irmáns Polgar e todos os mellores xogadores dos últimos 35 anos.
Pode que tamén lle interese:
- Rianxo: "Músicas soltas" os venres
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia