Mostrando entradas con la etiqueta obras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obras. Mostrar todas las entradas

12.12.12

Ribeira: listas a zona canina e a pista de skate do Centenario, así como o parque infantil

Media_httpfarm9static_rihba

Ribeira, 12 de decembro de 2012.- O Concello segue coas melloras no entorno da praza do Centenario e do barrio de Abesadas a través dun conxuntos actuacións que teñen como obxectivo unha maior prestación de servizos aos cidadáns que redunden na súa calidade de vida.

Así, se hai escasas semanas se completaba a colocación dunha pista polideportiva de 10x7 metros ideada para a súa utilización por nenos de 4 a 10 anos, nestes días se poden observar nas súas inmediacións como se están desenvolvendo os labores de instalación doutras dúas infraestruturas, ás que axiña se vai sumar unha terceira.

Media_httpfarm9static_ifuyq

Solo continuo de caucho

Dentro da mesma praza estase a ubicar un segundo parque infantil que amplía a dotación de xogos para os nenos e nenas usuarios desta esplanada. O Executivo decidiu actuar nunha zona da praza que consideraba infrautilizada polos cidadáns, procurando incrementar así a súa capacidade de ocio. Cabe destacar que este novo parque infantil será o primeiro do municipio que conte cun solo continuo de caucho, en lugar de estar conformado por losetas como era habitual.

Doutra banda, onte iniciouse a instalación da pista de skate no solar situado fronte aos xulgados. Ten unha pista de skate de 25x11 metros e consta dos elementos necesarios para o disfrute dos skaters e das bicicletas bmx (ciclismo acrobático): un módulo bank, un módulo quarter e un módulo integrado con dobre rampa, rail e planter dobre. Está previsto que o vindeiro luns os afeccionados a estes dous deportes podan facer uso da estrutura, unha vez se lle dote das condicións de seguridade necesarias.

Parque canino

Por último, en breves días está previsto situar tamén ao lado da pista de skate un parque canino que ocupará  unha superficie próxima aos 600 metros cadrados e contará con zonas de paseo, zonas para a recollida de feces e zonas de xogo para mascotas, tales como picas para slalom, roda, valas de salto, escaleira ou balancín, entre outros.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.11.12

Noia: o Concello márcase como obxectivo solventar os problemas de auga e saneamento en Labarta logo de cumprirse un ano sen crebas na traída xeral

 

  • A concelleira de Obras e Servizos, Marisa Lorenzo Blanco, realizou un balance moi positivo do funcionamento da nova traída xeral

Bergondo_obras

Noia, 7 de novembro de 2012. Hai un ano, a finais de outubro de 2011, rematouse a obra da nova canalización de auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable ao centro urbano de Noia, cun investimento de 350 mil euros. A  tubaxe foi en fundición todo o tramo desde a Estación de tratamento de Augas (en Vilarvello) ata a Ponte de San Lázaro.  Procedeuse a eliminar a vella canalización de fibrocemento, totalmente escachada e con perdas neste tramo que superaban o 40% do caudal. Esta actuación foi feita por administración polo Concello, coa conseguinte contratación de persoal para esta obra.

Segundo informou a concelleira, "desde que finalizou a obra, hai un ano, non houbo ningunha avaría nin corte no subministro xeral. Se ben aínda existen zonas na rede secundaria que padecen moitos cortes, especialmente na zona de Labarta, na canalización principal non se interrumpiu nin unha soa vez o subministro".
 

Cero avarías

Para Lorenzo Blanco a principal mellora está no indicador de crebas: "a media antes desta intervención superaba máis dunha rotura ao mes, deixando a toda a vila sen o subministro de auga potable. Neste último ano pasouse a cero avarías".

Outra das zonas da rede secundaria con máis problemas, Bergondo, está nestes momentos en obras, coa substitución de máis 1.944 metros canalización de auga en fibrocemento a PVC (ademais de obras de saneamento e melloras na estrada). Prevéndose a finalización das obras para o mes de xaneiro.

 

Bergondo_tubaxes

Ademais da eliminación total das roturas na rede principal, reducíronse notablemente as perdas, aumentando a presión na rede de subministro de auga municipal. E por outra banda o cambio de canalización, eliminou as filtracións evitando a entrada de lixo na rede. O principal incidente no último ano foi a turbidez no subministro municipal de auga producida no mes de outubro deste ano por mor dun vertido ilegal no río San Xusto, debido a un recheo no Concello de Lousame.

A concelleira de Obras e Servizos de Noia, Marisa Lorenzo, tamén sinala a mellora do subministro de auga na Zona Histórica desde que se instalou unha válvula redutora que reduciu a presión e evitou as constantes crebas na zona.

O obxectivo para o 2013 é solucionar definitivamente os problemas de auga e saneamento na zona de Labarta, rematou.

Onte, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

31.10.12

Ribeira: o campo de céspede sintético da Fieiteira xa conta con grada

[[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 31 de outubro de 2012.- O Concello de Riveira informa de que se está a ultimar nestes momentos a instalación dunha grada no campo de herba artificial do Complexo Polideportivo da Fieiteira.

A nova infraesturura conta cunha capacidade cercana aos 200 espectadores e está sendo desenvolvida por iniciativa da Concellería de Deportes do Concello de Riveira, dando resposta así dende o Executivo a unha das principais demandas dos pais, nais, espectadores, clubs e usuarios en xeral do recinto deportivo.

A grada, que está ubicada baixo a cuberta anteriormente existente no campo en cuestión, xa está plenamente operativa durante os partidos de fútbol programados para o día de mañá.


Antes, en Certo:

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.10.12

Infraestruturas: rematados os arranxos na estrada Cee-Ribeira, entre Noia e Ribeira

  • Segundo informa a Xunta, foron 30 quilómetros de rehabilitación do firme executados nos treitos comprendidos entre os PK 73+250 ao 84 e 84 ao 103+500 e complementouse coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais
[[posterous-content:pid___0]]

Barbanza-Noia, 3 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa que xa rematou as obras da reparación da capa de rodadura na estrada Cee- Ribeira (AC-550). O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, investiu preto de 1,3 millóns de euros na mellora destes viais.

Trátase dun tramo de 30 quilómetros (dende o punto quilométrico 73+250 e 103+500) cuxa execución dividiuse en dous treitos, coa fin de que esta fose máis áxil e eficiente. Así, leváronse a cabo obras entre os puntos quilométricos 73+250 (Noia) ao 84+000 (intersección coa CP-7101 a Nebra), que foi adxudicada á empresa Arias y Hermanos, cun orzamento de 573.146 euros; mentres que desde o PK 84+000 ao 103+500 (Ribeira), a empresa Ponciano Nieto encargouse de executar esta obra, que contou cun investimento de 606.551 euros.

A reposición da capa de rodadura permitirá mellorar as condicións de conservación do vial. A actuación complementáronse coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais.

A Xunta analizou o estado do pavimento en cada un dos treitos, e concluíuse que nas zonas de travesía a capa de rodadura atopábase moi deteriorada, polo que non sería posible selar o pavimento e sería necesario realizar un fresado e eliminar a capa de rodadura de todo o carril de circulación, para posteriormente repoñer o firme eliminado estendendo unha nova capa de mestura bituminosa.

Fóra das travesías, realizouse un fresado e reforzo do firme das zonas agretadas, e estendeuse posteriormente un microaglomerado en frío para mellorar as características superficiais do firme. O fresado aplicouse en anchos mínimos de 1,5 metros para asegurar unha compactación óptima.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.9.12

Noia: este luns 17 comezan obras de saneamento e subministro de auga en Bergondo

  •  A obra ten un orzamento de 304.033,60 € e un prazo de execución de 6 meses
  • A obra será realizada directamente polo Concello, o que permitiu a contratación de sete persoas ( un oficial e seis peóns) durante os seis meses do periodo da obra
  • Ao remate, asfaltarase a zona e instalaranse pasos de peóns elevados para mellorar a seguridade viaria

Media_httpfarm7static_qggfj

As obras foran anunciadas o 18 de novembro de 2011


Noia, 16 de setembro de 2012. Estas obras consistirán na renovación de toda a canalización do subministro municipal de auga, eliminando o vello entubado en fibrocemento que está a sufrir continuas crebas, e substituíndoo por 1.944 metros liñais de tubería de auga de PVC. Ademais substituriranse 990 metros liñais de saneamento facendo separativo de fecais e pluviais para unir coa obra que está realizando a Xunta de Galicia pois o actual saneamento presenta numerosas deficiencias, o que está provocando filtracións e danos. Unha vez realizadas as conexións destes servizos básicos procederase ao asfaltado de 6.770 metros cadrados. Tamén está prevista a instalación de pasos de peóns elevados para a mellora da seguridade vial.

 

Media_httpfarm5static_vrauh

Tamén se poñerán pasos de peóns elevados, como se fixo na Barquiña

 

Desde o Concello estase coordinando coas empresas de servizo de gas, telefonía e electricidade para na medida do posible repoñer liñas, soterrando onde sexa posible, e aproveitar para que, onde se queiran instalar novas canlizacións destes servizos privados, poder facelo de xeito conxunto.

 

"Para o Concello é urxente a mellora de servizos básicos nesta zona, para corrixir as deficiencias en servizos municipais a unha poboación que medrou moito nos últimos anos, contando na actualidade con máis de 800 habitantes", explican dende fontes municipais.

 

Carencias

 

As principais carencias no barrio de Bergondo son no subministro de auga, xa que é a zona da vila máis afectada (xunto co barrio de Labarta) polos cortes no subministro dun servizo básico como é este vital e líquido elemento. Co cambio de canalización a PVC tamén mellorará a calidade de auga.

 

Asemade, está prevista nesta actuación a conexión da tubería de auga principal desde a Ponte de Noia ata Catro Camiños, onde conectará coa obra de substitución da canalización de auga desde Catro Camiños ao Pereiro e que se rematou hai un par de meses. Deste xeito quedará conectado en tubería de PVC de 16 atm desde a Ponte de Noia ata o depósito que alimenta Boa e Taramancos.

 

A obra está incluída no POS e está financiada polo Concello de Noia e pola Deputación Provincial de A Coruña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.5.12

Ribeira: o venres 1 de xuño preséntase de xeito oficial "Riveira Atlántica 2015"

  • Por outra banda, sóubose que 68 empresas se presentaron para executar os saneamentos de Reiriz e Olveira e só unha para xestionar o matadoiro


 

  • Cun orzamento total de máis de 7 millóns de euros e cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Densenvolvemento Rexional, dentro do Eixo 5. Desenvolvemento Rural e Urbano do P.O FEDER 2007-2013  o estudo contempla un total de oito actuacións de mellora de diferentes puntos considerados estratéxicos para o desenvolvemento socio-económico do concello de Ribeira:


-          Construción dun novo mercado municipal e actividades complementarias

-          Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria

-          Paseo marítimo-terrestre da beira litoral de Ribeira

-          Recuperación e interpretación do complexo mar-industria de Area Secada

-          Recuperación integral do Río Arlés

-          Creación dun centro social e de ocio saudable en Oleiros

-          Web-gis turístico patrimonial

-          Rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Ribeira

 http://farm8.staticflickr.com/7237/7240565196_6ea2cfea1b_z.jpg

  • Dentro das actuacións, figura como obra mestra a construción do novo mercado municipal, unha praza de abastos intelixente á vangarda no aproveitamento enerxético e no uso das TIC que impulsará a actividade comercial do sector da alimentación. 

Media_httpfarm6static_rddic

  • O acondicionamento do río Arlés e a mellora da súa contorna é outra das pezas fundamentais do Plan Riveira Atlántica. A recuperación da súa riqueza ambiental pasa pola creación dun itinerario turístico fluvial, dun parque biosaudable e da restauración de núcleos tradicionais á beira do río.

 

  • Coincidindo coa presentación oficial, constituirase a Comisión Estratéxica do Proxecto, que velará polo adecuado cumprimento do estudo e que estará integrada, ademais de pola xunta de voceiros e concelleiros implicados, polos seguintes organismos públicos:


-          Augas de Galicia

-          Costas de Galicia

-          Portos de Galicia

-          Dirección Xeral de Conservación da Natureza

-          Instituto de Estudios do Territorio

Desembarco de conselleiros

  • O acto de inauguración, ao que están convidados todos os veciños da comarca, estará presidido polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra. Terá lugar o vindeiro venres, 1 de xuño, ás 19.30 horas, no auditorio municipal de Ribeira, e contará ademais coa presenza dos conselleiros de Economía e Industria, Javier Guerra, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e do rexedor local, Manuel Ruiz, entre outras autoridades do ámbito local e autonómico.
  • Media hora antes do acto de presentación pública, Javier Guerra e Manuel Ruiz terán ocasión de asinar o convenio de colaboración en virtude do cal o Concello de Riveira vai recibir repartidos en tres anualidades un total de 900.000 euros da Consellería de Economía e Industria para apoiar a construción do novo mercado.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 1 de xuño preséntase de xeito oficial "Riveira Atlántica 2015"

  • Por outra banda, sóubose que 68 empresas se presentaron para executar os saneamentos de Reiriz e Olveira e só unha para xestionar o matadoiro

[[posterous-content:pid___0]]
 

  • Cun orzamento total de máis de 7 millóns de euros e cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Densenvolvemento Rexional, dentro do Eixo 5. Desenvolvemento Rural e Urbano do P.O FEDER 2007-2013  o estudo contempla un total de oito actuacións de mellora de diferentes puntos considerados estratéxicos para o desenvolvemento socio-económico do concello de Ribeira:


-          Construción dun novo mercado municipal e actividades complementarias

-          Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria

-          Paseo marítimo-terrestre da beira litoral de Ribeira

-          Recuperación e interpretación do complexo mar-industria de Area Secada

-          Recuperación integral do Río Arlés

-          Creación dun centro social e de ocio saudable en Oleiros

-          Web-gis turístico patrimonial

-          Rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Ribeira

 http://farm8.staticflickr.com/7237/7240565196_6ea2cfea1b_z.jpg

  • Dentro das actuacións, figura como obra mestra a construción do novo mercado municipal, unha praza de abastos intelixente á vangarda no aproveitamento enerxético e no uso das TIC que impulsará a actividade comercial do sector da alimentación. 

Media_httpfarm6static_wwaid

  • O acondicionamento do río Arlés e a mellora da súa contorna é outra das pezas fundamentais do Plan Riveira Atlántica. A recuperación da súa riqueza ambiental pasa pola creación dun itinerario turístico fluvial, dun parque biosaudable e da restauración de núcleos tradicionais á beira do río.

 

  • Coincidindo coa presentación oficial, constituirase a Comisión Estratéxica do Proxecto, que velará polo adecuado cumprimento do estudo e que estará integrada, ademais de pola xunta de voceiros e concelleiros implicados, polos seguintes organismos públicos:


-          Augas de Galicia

-          Costas de Galicia

-          Portos de Galicia

-          Dirección Xeral de Conservación da Natureza

-          Instituto de Estudios do Territorio

Desembarco de conselleiros

  • O acto de inauguración, ao que están convidados todos os veciños da comarca, estará presidido polo conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra. Terá lugar o vindeiro venres, 1 de xuño, ás 19.30 horas, no auditorio municipal de Ribeira, e contará ademais coa presenza dos conselleiros de Economía e Industria, Javier Guerra, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e do rexedor local, Manuel Ruiz, entre outras autoridades do ámbito local e autonómico.
  • Media hora antes do acto de presentación pública, Javier Guerra e Manuel Ruiz terán ocasión de asinar o convenio de colaboración en virtude do cal o Concello de Riveira vai recibir repartidos en tres anualidades un total de 900.000 euros da Consellería de Economía e Industria para apoiar a construción do novo mercado.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.5.12

Ribeira: o novo mercado sae a licitación cun custe de máis de 3,5 millóns de euros

  • Hai 26 días para presentar ofertas
  • Fortes cláusulas de penalización para que se remate nas datas previstas: ano e medio dende que se conceda á empresa encargada, polo que ata 2014 probablemente non estará listo para usar
  • O 70% deste barco inclinado serigrafiado con peixes págao Europa

 

Ribeira_simulacion_mercado_novo

Ribeira, 21 de maio de 2012.- O Boletín Oficial da Provincia de hoxe anuncia a licitación da construción do novo mercado municipal de Ribeira, cuxo plego de condicións foi aprobado o pasado 15 de maio en sesión extraordinaria do Pleno da Corporación. O orzamento da infraestrutura ascende, segundo consta no anuncio, a 3.500.059,22 euros: unha contía na que se exclúen os gastos de demolición do vello edificio, a carpa do mercado provisional e a redacción do proxecto arquitectónico, que elevarían esa cifra en máis de 200.000 euros. Hai que lembrar que esta actuación está incardinada no proxecto Riveira Atlántica, cofinanciado nun 70% con fondos Feder.

O Goberno aprobou un prego de cláusulas administrativas moi preciso para a contratación especialmente deseñado para asegurar a máxima eficiencia e o cumprimento dos prazos de execución de 18 meses, que de non respectarse, serían duramente penalizados.

O procedemento é aberto e de tramitación ordinaria con multiplicidade de criterios de adxudicación. Nel establécense todo tipo de garantías, tanto técnicas e de calidade como de prazos. A celeridade é un punto esencial xa que unha intervención deste tipo afecta á organización de todo o concello, sobre todo tendo en conta que o mercado se erixe como centro neurálxico da actividade comercial diaria da cidade. Por ese motivo, procurouse axilizar tanto a adxudicación, mediante o establecemento dun prazo de presentación de proposicións breve, de 26 días naturais, como a execución, co xa citado límite de 18 meses, e co establecemento dun esixente e detallado baremo de penalización no caso de demora, tanto no cumprimento dos prazos parciais como no total , e mesmo tendo o Concello a facultade de resolver o contrato.

Innovación e eficiencia enerxética

A estrutura do inmoble, proxectado polo arquitecto Celso López Martín, simulará un barco de cristal cunha fachada inclinada que en función da hora do día irá cambiando os tons e sensacións e estará serigrafiada con tramas do seu produto estrela, o peixe. A instalación caracterizarase pola súa eficiencia enerxética e o emprego das TIC como elemento integrador e de xestión tanto interna, externa como relacional, xa que estará equipado cunha central de compras que operará a través de Internet e que coordinará o servizo de repartición.

Cinco plantas pero aínda non aparcadoiro soterrado

Estará distribuído en cinco plantas: unha planta soto para labores de carga e descarga, cámaras frigoríficas, vestiarios..., unha  planta baixa pensada para os pescados e os mariscos, unha primeira que albergará inicialmente outros produtos perecedoiros..., unha segunda para artigos non perecedoiros e unha terceira que albergará o restaurante. Na última planta haberá unha terraza que prestará servizo ao local de hostalería do piso inferior. A edificación estaría preparada para conectar, chegado o caso, cun aparcadoiro soterrado que contará con 200 prazas de aparcamento.

O propósito xeral deste proxecto de longo percorrido é, segundo o equipo de goberno do PP, "a transformación  do Concello de Ribeira nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano".

 

Os principais obxectivos estratéxicos céntranse na promoción económica, na creación de emprego e oportunidades comerciais a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais, na calidade ambiental e a protección da contorna natural e o patrimonio cultural, fomentando ao mesmo tempo a Sociedade da Información e universalización do acceso ás TIC, facendo fincapé na conciliación familiar e a cohesión social.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.4.12

Ribeira: están a amañar o camiño entre A Ameixida e O Touro

  • O mércores 18 haberá cortes de circulación na avenida Romero Ortiz

Inicio_actuacion_ameixida-touro

Ribeira, 16 de abril de 2012.- O Concello informa do inicio das obras de renovación de servizos no camiño que conecta os lugares de A Ameixida (Castiñeiras) e O Touro (Ribeira). Esta actuación ten un importe de 83.583 euros e un prazo de execución de tres meses. A empresa Excavaciones Abelleira, S.L., é a empresa adxudicataria.

Actualmente o citado camiño presenta unha traza bastante irregular, con pavimento de formigón nalgún tramo e de terra noutro. En toda a zona de actuación, os colectores de pluviais e fecais están moi deteriorados e están feitos nun material que apenas se emprega na actualidade para este tipo de instalacións. Asemade, a tubaxe de abastecemento de auga é de fibrocemento. O obxectivo fundamental perseguida coa actuación é a renovación dos servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando materiais que si se usan a día de hoxe, tales como tubaxes de PVC para fecais e pluviais e tubaxes de polietileno de alta densidade para auga potable.

Unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente no tramo con máis pendente, e zahorra artificial compactada no resto da vía, que se corresponde co tramo máis estreito e con menos pendente, harmonizando así co entorno no que se actúa. En gran parte do camiño existen masas rochosas que é preciso demoler en parte para a aplicación do novo pavimento.

A actuación será acometida con cargo ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.

Romero Ortiz: precisan cortar a circulación de vehículos este mércores 18


O Concello tamén informa de que este mércores, 18 de abril, a Deputación Provincial de A Coruña vai iniciar a actuación consistente no fresado e pavimentación da rúa Romero Ortiz, na cidade de Santa Uxía.

A zona de actuación abarcará dende a rotonda situada ante o paseo do Malecón ata o cruce da vía indicada coa rúa da Carroucha. Será necesario cortar a circulación do tráfico rodado mentres se desenvolvan as obras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.12.10

A Pobra: a Deputación adica 340.000 euros para a construción dun campo de fútbol de herba artificial en Cadreche

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, suscribiron esta mañá, na sede da institución provincial, un convenio para financiar a construción dun campo de fútbol con vestiarios no lugar de Cadreche, no municipio pobrense. Ao acto asistiu tamén a deputada provincial pobrense Rosana Pérez.

A Deputación destinará para esta nova infraestrutura deportiva un orzamento de 340.000 euros, que representan o 43,76% do importe total do proxecto, que ascende a 776.950 euros.

A parcela na que se construirá o campo ten unha superficie aproximada de 15.300 m2. As obras que contempla o proxecto consisten na ampliación e acondicionamento do espazo de aparcadoiro existente e a creación dunha nova área de aparcadoiro na zona de acceso ao recinto; o peche do recinto con malla metálica con instalación de dúas portas que permiten o uso unificado das dúas zonas, así como un pórtico de formigón armado na entrada; a construción dun campo de fútbol 11 de herba artificial, que terá unha área de xogo de 95 x 60 metros, e equiparase con portarías, redes de fondo e banderíns, e a construción dun edificio de planta baixa destinado a vestiarios para deportistas e árbitros, composto de dous volumes unificados por unha mesma cuberta, cunha superficie construída de 281,7 m2. Este edificio tamén albergará aseos, almacéns e o cuarto de instalacións.

Tanto o alcalde como a deputada provincial mostráronse moi satisfeitos coa sinatura deste convenio, co que se da resposta a unha vella reivindicación dos clubes de fútbol da localidade e aos centos de rapaces e rapazas que constitúen a base deste deporte no concello e que ademais vai permitir ter unhas instalacións modernas e alternativas ao campo de herba natural da Alta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.12.10

Boiro: 340.000 euros para construír unha nave que albergará un centro de formación e un viveiro de empresas

A infraestrutura contará cun taller de hostalaría e cociña de 135 metros cadrados

A Deputación da Coruña destinará 340.000 euros para financiar a construción dunha nave no polígono industrial de Espiñeira (Boiro), que se destinará a centro de formación e viveiro de empresas. Así se recolle no convenio subscrito na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Boiro, Xosé Deira, que acudiu acompañado polo tenente alcalde da localidade, Juan Jesús Ares.

A edificación proxectada está formada por tres bloques, un bloque ou nave principal e dúas naves secundarias.

As obras de acondicionamento interior do viveiro de empresas consisten na execución das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilación, gas e iluminación.

O Centro de Formación contará cunha aula de 45 metros cadrados, con capacidade para 15 alumnos, con mesas, cadeiras, equipos audiovisuais e computadores con conexión a internet.

O taller de cociña, cunha superficie de 135 m2 contará con maquinaria especial para a formación en hostalaría como forno, cortadora de carnes, armarios e cámaras frigoríficas, máquina de conservación ao baleiro, e esterilizador, entre outras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.11.10

Porto do Son: un millón seiscentos mil euros da Deputación para unha piscina cuberta climatizada en Tarela

Fernández Moreda e Xoán Pastor Rodríguez asinaron hoxe o convenio de colaboración na sede da institución provincial
A Deputación da Coruña destina 1,6 millóns de euros á piscina cuberta climatizada de Porto do Son
25/11/2010

A Deputación da Coruña destinará 1.660.187, 48 euros para financiar as obras de contrución da piscina climatizada cuberta de Porto do Son. Así se estipula no convenio suscrito esta mañá, na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. A achega provincial representa o 100% do orzamento da instalación deportiva, que se ubica no lugar de Tarela, na parroquia sonense de Noal.

O edificio consta de planta soto e planta baixa, que albergará a piscina climatizada, con vestiarios, aseos, e ximnasio.

No soto, cunha superficie de 480,25 m2, aloxaranse as caldeiras e maquinaria, isntalacións e escaleiras de acceso á planta superior.

Na planta baixa, cunha ampla superficie de 1.186,80 metros cadrados, sitúase a piscina, cun vaso principal de 25 x 12,5 metros e un volume de 492 m3 de auga, e unha piscina de aprendizaxe, de 3,5 x 13,10 metros. A nova instalación acollerá tamén un ximnasio, sauna, baño turco, salas de control e enfermería e posto de socorrista, ademais de vestiarios con aseos e duchas.

O alcalde de Porto do Son expresou a súa satisfacción pola sinatura do convenio, que permitirá o financiamento dunha instalación deportiva moi demandada polos veciños.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

15.11.10

Noia: el presidente de la Diputación visitó las obras de acceso a Testal y la rehabilitación de Santa Mariña de Obre

Fernández Moreda visitó también la iglesia de Santa Mariña de Obre, en cuyos trabajos de rehabilitación se han invertido 118.855 euros
Fernández Moreda visitó en Noia la carretera de acceso a la playa de O Testal, en cuyas obras de mejora la Diputación ha invertido 115.000 euros
15/11/2010

El presidente de la Diputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, ha realizado esta mañana una visita institucional al Concello de Noia, donde ha visitado la carretera provincial 5706, que da acceso a la playa de Testal, y en cuyas obras de ensanchamiento y mejora la institución provincial ha invertido 115.000 euros, así como la iglesia parroquial de Santa Mariña de Obre, cuyas obras de rehabilitación integral han supuesto una inversión de 90.000 euros.

El presidente provincial, acompañado por el teniente alcalde de la localidad noiesa, Lino García Novo y por los concejales Rosana Mariño y José Rodríguez Agulleiras, expresó su satisfacción por el resultado de las obras realizadas en la carretera de O Testal, que han supuesto el ensanchamiento de la plataforma hasta los 8,5 metros y la renovación del firme en un tramo de medio kilómetro “que registra un nivel de tráfico importante”, apuntó Fernández Moreda, “por lo que podemos estar satisfechos del resultado de los trabajos, ya que se trata de una obra importante y muy demandada por los vecinos”. 

Según n las estimaciones del gobierno municipal, más de 1.600 personas usan a diario el vial, que da acceso a la playa, al puerto y a la lonja de O Testal, una de las principales de la comunidad autónoma en la producción de berberechos, y cuyas instalaciones fueron visitadas también por la comitiva, que supervisó los trabajos de clasificación y venta de los bivalvos.

Santa Mariña de Obre

Tras la visita a la lonja, Fernández Moreda visitó la iglesia de Santa Mariña de Obre, un conjunto arquitectónico incluido en el inventario de la Dirección Xeral de Patrimonio para cuyos trabajos de rehabilitación la institución provincial ha destinado un presupuesto de 90.000 euros, el 75% del importe total del proyecto, que asciende a 118.855 euros, y que ha supuesto “una reforma integral” del inmueble, según explicaron los miembros de la Asociación Cultural Santa Mariña de Obre, que acompañaron al presidente provincial durante la visita y explicaron que parte del templo data del siglo XII.

Las obras realizadas han incluido la sustitución del tejado, la consolidación de la estructura, obras de cantería en los muros, carpintería exterior e interior, cierre del recinto, pintado de la iglesia, vidrieras, iluminación y electricidad, reconstrucción de las escaleras de acceso a la planta superior y otras acciones, como la renovación del mobiliario, “que han dejado la iglesia como nueva”, según explicó el párroco de la localidad.

Salvador Fernández Moreda ha destacado el gran valor artístico-cultural de la iglesia de Santa Mariña de Obre, lo que justifica la colaboración económica de la Diputación de A Coruña, que de esta forma “quiere preservar un valor arquitectónico y patrimonial del concello de Noia”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.9.10

Dodro: a Deputación inviste 149.000 euros en obras de mellora e recuperación de patrimonio

As achegas provinciais destinaranse á mellora da contorna de vivendas de Tallós, a construción de beirarrúas en Devesa e rehabilitación de fontes, lavadoiros e cruceiros
A Deputación da Coruña inviste 149.000 euros en obras de mellora no Concello de Dodro
09/09/2010

A Deputación da Coruña destinará 149.000 euros para realizar diversas obras e investimentos no Concello de Dodro, segundo se recolle nos convenios subscritos na sede da institución provincial, polo presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da localidade, Arturo Díaz Díaz.

Entre estes investimentos, a institución provincial destinará 65.000 euros para financiar o proxecto de mellora da contorna de vivendas de Tallós, que inclúe a substitución do actual pavimento, por un novo de lastros de granito, asentado sobre unha base de formigón, e máis adecuado co medio.

Tamén se destinarán 18.818,52 euros para a construción de dous treitos de beirarrúas de 240 x 1,00 e 120 x 1,65 metros, con bordo de formigón prefabricado, así como a pavimentación dun treito de 360 x 0,25 metros en formigón, todas elas no lugar da Devesa (Lestrove).

Rehabilitación de fontes, lavadoiros e cruceiros

Entre os investimentos provinciais comprometidos destaca o financiamento das obras de rehabilitación do cruceiro de Revixós con pedras de idénticas características ás existentes e a eparación das xuntas en mal estado, e a demolición do actual pavimento da praza, que será substituido por un novo de granito e formigón pulido.

A Deputación cofinanciará tamén os traballos de rehabilitación das fontes de Fontela e Reboiras, do cruceiro de Manselle, e das fontes e lavadoiros de Teaio e Reveixós. Estas obras comprenden, entre outras accións, a reposición das pedras danadas e reparación das xuntas, a instalación de novas varandas e mobiliario urbano, novas conexións e desaugadoiros das fontes e lavadoiros e acondicionamento ou substitución dos pavementos existentes.Estas obras contarán cunha achega provincial de 63.279 euros.

O alcalde de Dodro, Arturo Díaz, agradeceu os investimentos da institución provincial que servirán para recuperar e poñer en valor diversos núcleos do municipio.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, enmarcou estes investimentos na liña de cooperación cos concellos que está a desenvolver a institución provincial e expresou o seu desexo de que éstes contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

17.6.10

Noia: están a poñer elevadores no club de xubilados e na Oficina de Rehabilitación




Están en estas datas en obras os ascensores do Clube de Xubilados e da Oficiña do Casco Histórico, para mellorar a accesibilidade dos edificios municipais.

E quéixanse dos carteis, que son moi grandes (un lector no blog do alcalde, de onde foi tomada esta información).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical