- Segundo informa a Xunta, foron 30 quilómetros de rehabilitación do firme executados nos treitos comprendidos entre os PK 73+250 ao 84 e 84 ao 103+500 e complementouse coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais
Barbanza-Noia, 3 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa que xa rematou as obras da reparación da capa de rodadura na estrada Cee- Ribeira (AC-550). O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, investiu preto de 1,3 millóns de euros na mellora destes viais.
Trátase dun tramo de 30 quilómetros (dende o punto quilométrico 73+250 e 103+500) cuxa execución dividiuse en dous treitos, coa fin de que esta fose máis áxil e eficiente. Así, leváronse a cabo obras entre os puntos quilométricos 73+250 (Noia) ao 84+000 (intersección coa CP-7101 a Nebra), que foi adxudicada á empresa Arias y Hermanos, cun orzamento de 573.146 euros; mentres que desde o PK 84+000 ao 103+500 (Ribeira), a empresa Ponciano Nieto encargouse de executar esta obra, que contou cun investimento de 606.551 euros.
A reposición da capa de rodadura permitirá mellorar as condicións de conservación do vial. A actuación complementáronse coa reposición das marcas viarias horizontais e de sinais verticais.
A Xunta analizou o estado do pavimento en cada un dos treitos, e concluíuse que nas zonas de travesía a capa de rodadura atopábase moi deteriorada, polo que non sería posible selar o pavimento e sería necesario realizar un fresado e eliminar a capa de rodadura de todo o carril de circulación, para posteriormente repoñer o firme eliminado estendendo unha nova capa de mestura bituminosa.
Fóra das travesías, realizouse un fresado e reforzo do firme das zonas agretadas, e estendeuse posteriormente un microaglomerado en frío para mellorar as características superficiais do firme. O fresado aplicouse en anchos mínimos de 1,5 metros para asegurar unha compactación óptima.
"A educación pública q vai a ser para uns poucos vamola a pagar todos" @guillermomeijonnun coloquio en porto do son Porto do Son: Praia de O Dique. Facendo forma de lagoa.: youtu.be/uWLKoC7lSOk vía Xanma, un namorado e defensor desta magnífica praia Rumorosos News: dinnos que na portada do Abc de hoxe, mércores, Ignacio González dille a Feijóo: " y si pierdes, te vienes para Madrid". eló Ver ao xefe de prensa de @obloque (@xosemexuto) facendo campaña a Chávez en #Twitter e a mellor proba do que queren para Galicia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario