Mostrando entradas con la etiqueta cultura marítima. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura marítima. Mostrar todas las entradas

16.1.13

Outes: o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais terá lugar no Freixo en xullo deste ano

Outes, 16 de xaneiro de 2013. Segundo informa hoxe na súa web a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, a Asemblea da mesma acordou por unanimidade conceder a organización do XI Encontro á asociación Terra de Outes, en consorcio cos colectivos da Federación pertencentes á ría de Muros-Noia. O Encontro será no porto do Freixo-Outes a primeiros de xullo de 2013.

Segundo explican, "O Freixo ten un lugar moi importante na historia da construción naval en madeira en Galicia, alí chegou a haber máis de 40 estaleiros na zona e hoxe en día segue a ter varios en activo. A isto hai que engadir que o fondo de ría é unha das máis importantes zonas marisqueiras, especialmente de berberecho".

Tamén sinalan que Terra de Outes "é unha asociación que ten unha longa traxectoria, e unha demostrada capacidade organizativa, ao que hai que sumar a experiencia que achegan as outras entidades da Federación (Mar de Noia, Joaquín Vieita, A Ostreira de Abelleira, Mar de Muros e Canle de Lira). Por outro lado, todos os grupos municipais do Concello de Outes mostraron o seu acordo no Pleno e o Alcalde fixo compromiso por escrito dunha achega económica. A isto hai que sumar o apoio da Confraría de Noia, e a implicación das asociacións de Outes (veciños, hostaleiros, etc.)".

Convidan a todas as persoas que se interesan polo mar e os rios a que os acompañen neste XI Encontro. "Celebraremos xuntos o vixésimo aniversario dos Encontros (o primeiro foi en Ribeira en 1993) e o aniversario da creación hai vinte anos da FGCMF", rematan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.6.10

A Pobra do Caramiñal: se alguén esperaba ao Hidria, que se vaia sentando

"A Consellería de Cultura e Portos de Galicia prescindiron da presencia do Hidria no programa de Portos Xacobeos, de forma unilateral, sen explicacións, e unha semana antes de empezar", contan en Culturamaritima.org, xunto coa nota de prensa dos armadores deste vapor, auténtica xoia que aínda suca os nosos mares. Un dos portos onde ía recalar para este programa de Portos Xacobeos, que comezou con moi mal pé ao deixar fóra Noia (menos mal que rectificaron hai uns días), era o de A Pobra do Caramiñal. Semella que non vai poder ser, nun acto de improvisación máis ao que nos ten acostumados a consellería de Roberto Varela.
Toda a nova en http://www.culturamaritima.org/node/16170

Posted via web from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.8.09

Mulleres de tres tetas: unha visión retranqueira do furtivismo


Encantounos. Gustaríanos ter escrito algo así. Parabéns, de novo, a Manuel Gago.


Esta muller ten dúas, pero vexan quenes son as mulleres de tres tetas aquí

21.6.09

Barcos e gaivotas





Esta foto de Xarfa lembrounos unha serie que tiñamos nós...

Evidentemente, o poder dunha boa cámara contra un móbil non ten comparanza. Pero hai que estar alí, con algunha cámara.

25.5.09

Salitre estivo en Ribeira... e non o miramos!




Perdémonos este programa sobre Riveira. Contan aquí como foi...

Non demos con este blog ata hoxe: non podemos estar en todo, nen@s!

22.5.09

Vivos son ben máis bonitos

Maragotas listas para ir á pota dalgún cociñeiro. Ou á dunha ama de casa que a saberá facer ben saborosa.

Pero son ben máis bonitos os peixes cando están vivos. Encántanos este blog que descubrimos vía Culturamaritima.org:




http://peixesdegalicia.blogspot.com






Maragota no mar...

Saúdos dende aquí a Iria, unha grande afeccionada a este peixe!

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical