28.1.11

Internet: Quecarallo.net, un punto de encontro para os galegos na Rede

A escena internauta galega, convalecente ante o peche dalgunhas das súas webs máis importantes, volve rexurdir con novas iniciativas.

Barbanza-Noia, 28 de xaneiro de 2011. Quécarallo?! é un foro de ámbito galego que ten como obxectivo reunir á escena internauta galega, como plataforma complementaria ás redes sociais, ofrecendo unha canle de comunicación "de todos para todos" que permite organizar quedadas, concentrar información sobre concertos, eventos culturais e lugares de interese da comunidade galega, nun só lugar.

Ademais serve tamén como punto de partida e apoio a futuros proxectos web da comunidade, sexan grandes ou pequenos, independentemente do idioma e calquera outra condición.

Quécarallo?! non conta con máis presuposto que o que achega a súa comunidade (ademais dun pequeno banner), e actualmente conta con máis de 900 usuarios rexistrados, e máis de 25000 mensaxes, con menos de 10 meses aberto ao público e sen investimento en publicidade.

O sitio usa MyBB (código aberto) como sistema de xestión de contido, do que, grazas á comunidade, desenvolveu a primeira tradución ao galego dispoñible para o mesmo.

Web de referencia:

http://quecarallo.net

Antiga relacionada:

Internet: pechan dous referentes da Rede en lingua galega: Vieiros e Chuza!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o novo Secretario de Organización do Psoe boirense é Jorge Campaña

Boiro, 28 de xaneiro de 2011. Na Asamblea Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro celebrada o pasado dia 27 de xaneiro escolleuse a Jorge Campaña como novo Secretario de
Organización.

"A elección constitúe un importante paso na aposta pola revitalización e a
renovación emprendida pola agrupación socialista boirense", explican os socialistas. A Asamblea Xeral valorou "a capacidade, espírito emprendedor e dinamismo demostrados nos últimos anos por Campaña no desempeño das súas funcións como Coordinador Comarcal de Xuventudes Socialistas do Barbanza e Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Boiro". O novo Secretario de Organización di que asume o reto "con ilusión e determinación de cara á cita electoral de maio", e expresou a súa convicción de que a renovada lista electoral presentada pola agrupación para as vindeiras eleccións municipais "acadará o respaldo dun amplo sector da sociedade boirense".

Jorge Campaña avaliou o traballo realizado polo grupo socialista municipal nas últimas dúas lexislaturas e resaltou "o labor de achegamento dos servizos básicos ás parroquias, así como o importante investimento realizado nas obras de ampliación do porto de Cabo de Cruz grazas á intervención e compromiso adquirido con Juan Jesús Ares polo ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: 224.000 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre voltan ao Estado

Con esta operación pódese acometer a rexeneración da Ría de Noia

Co tempo recuperaríanse bancos marisqueiros de berberecho

Noia, 28 de xaneiro de 2011. O delegado do Goberno, Antón Louro, valorou hoxe como unha "magnífica noticia" a reversión ao Estado de máis de 224.000 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre aprobada hoxe no Consello de Ministros. Para o político, que está a piques de deixar a Delegación do Goberno para presentarse a alcalde de Pontevedra, "o acordo adoptado hoxe polo Consello de Ministros supón un paso máis que dá o Executivo estatal de cara á tan demandada e necesaria rexeneración da ría de Noia, un proxecto vital para o futuro económico das comarcas de Muros e Noia".

Demolición de case toda a escolleira


As obras, se non hai novos adiamentos, comezarían en marzo deste mesmo ano (lembremos que en 2010 xa tiñan que comezar, ata que a Xunta paralizouno todo a través de Portos de Galicia) e suporían retirar polo menos 10.000 metros cúbicos de lama e tres quilómetros de escolleira. Cada ramal destes coídos miden 1.650 metros, dos que van retirar 3.000 -así que non sae toda e quédanlle 300 metros aos de Portos de Galicia-. É unha rexeneración que faría a empresa Tragsa.

Chamamento á cooperación

Antón Louro pediulle á Xunta de Galicia "que coopere co Ministerio de Medio Ambiente co obxectivo de acadar que o proxecto de rexeneración da Ría de Noia chegue a bo porto o antes posible". “Cando a Xunta de Galicia decide solicitar a reversión ao Estado desa franxa de terreo faino recoñecendo dúas cousas: por un lado, que deixou de ter validez para usos portuarios e, por outro, que hai unha degradación medioambiental e unha colmatación acusadas nesa zona. Por conseguinte, a Administración autonómica e a estatal deben traballar agora collidas da man para loitar por rexenerar a ría, e para iso cómpre empezar por retirar o canal da escollera, tal e como recomendan os técnicos expertos na materia”, argumentou o aínda delegado do Goberno.              

Satisfacción do alcalde

Rafael García Guerrero, alcalde noiés, congratulose da noticia e reiterou, como xa fixera en ocasións anteriores, que "está ben que volva o sentido común".                       

Na web de Moncloa, na referencia do Consello de Ministros de hoxe:

*REVERSIÓN AL ESTADO DE MÁS DE 224.000 METROS CUADRADOS DE DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE DEL PUERTO DE NOIA*

El Consejo de Ministros ha acordado la reversión al Estado de los bienes de
dominio público marítimo-terrestres de una superficie de 224.888,27 metros
cuadrados correspondientes al puerto de Noia (A Coruña). Con esta reversión
se favorece la ejecución de un proyecto de interés general que, entre sus
actuaciones, incluye la demolición del canal de escollera que forma parte de
las instalaciones adscritas al puerto de Noia, con el fin de devolver a la
ría a su estado natural.

Estos terrenos habían sido transferidos a la Comunidad Autónoma de Galicia
mediante un Real Decreto de 1982 sobre traspaso de funciones y servicios de
la Administración del Estado en materia de puertos. El pasado 28 de octubre
de 2010 la Consellería do Mar de la Xunta de Galicia solicita la reversión
de una superficie de 224.888,27 metros cuadrados de dominio público
marítimo-terrestre transferida en el conjunto del Puerto de Noia, ante la
imposibilidad de poder realizar actuaciones portuarias en esa zona, dada la
degradación medioambiental, así como la colmatación que ha sufrido la misma,
lo que ha motivado la pérdida de sus características portuarias. Este
Acuerdo permitirá ejecutar el proyecto de regeneración que incluye la
demolición del canal de escollera, con el objetivo de poner freno a la
degradación que sufre la ría de Noia y posibilitar de ese modo que esta
recupere su estado natural.

Según lo previsto en la Ley 22/1988 de Costas, y el Reglamento general para
su desarrollo y ejecución, corresponde al Consejo de Ministros acordar la
reversión al Estado de los bienes de dominio público marítimo-terrestre
transferidos a las Comunidades Autónomas".

Se quere ver o que publicamos anteriormente sobre este complexo asunto, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Pablo Galdo ofrece un curso de piano esta fin de semana e un concerto o domingo 30


Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Esta fin de semana do 28, 29 e 30 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, ten lugar no Conservatorio Profesional de Música  un curso de piano co prestixioso mestre e concertista Pablo Galdo. Este mestre, de orixe ferrolá, ademais do seu actual labor docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo ten un amplo currículum como concertista en España, Portugal, China, Reino Unido, Suiza, Italia, Estados Unidos e outros países.

Uns trinta alumnos procedentes do conservatorio local e doutros conservatorios e  escolas de música de toda a xeografía galega danse cita en Ribeira para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos pianísticos.


Concerto este domingo 30 no Conservatorio

O curso clausurarase o vindeiro domingo 30 de xaneiro  cun concerto a cargo do alumnado e do profesor do curso, seguido da correspondente entrega de diplomas. Este concerto de clausura  terá lugar ás 19.00 h. no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música.

Esta actividade está coordinada e dirixida  polos profesores do conservatorio municipal Cristina Sastre Paz (piano) e José Fungueiriño Ramos (secretario - saxofón).

Pode que tamén interese:


I Festival de Inverno de Danza: este domingo 30

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Plan de Formación da área de Xuventude en 2011 comeza o luns, cun curso de monitores de tempo libre

Outros cursos programados para o semestre abordarán Internet, vela lixeira, equipos de son, prácticas de clown e globoflexia

Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Un curso oficial de monitores en actividades de tempo libre que impartirá a Escola Galega de Tempo Libre principia o Plan de Formación dirixido aos mozos do municipio que organiza a Concellería de Xuventude  nesta anualidade. O seu edil titular, Vicente García, acompañado do técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal, desvelou hoxe as actividades de que consta este plan formativo no primeiro semestre e engadiu que o seu Departamento está a traballar noutras accións para o segundo semestre. 

Así, o citado curso de monitores abrirá xa o seu prazo de inscrición o vindeiro luns e constará de 200 horas lectivas na que se abordarán temas como a psicosocioloxía, a lexislación, as técnicas de acampada, unha área de educación ambiental e natureza, unha área de animación e xogos e outra área de saúde. 

Celebrarase predominantemente os sábados e tamén algún domingo ou festivo entre febreiro e xuño, conforme á seguinte planing:

  • Febreiro: días 19, 26 e 27
  • Marzo: 12, 19, 26 e 27
  • Abril: 2, 9, 16, 17, 23 e 30
  • Xuño: 4 e 11

O horario será  de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Poderá haber un máximo de 25 alumnos e cómpre ser maior de 18 anos e posuír como mínimo estudos de graduado escolar ou secundaria. O curso ten un custe de 260 euros dividido en dous pagos, subvencionando a Concellería de Xuventude o segundo curso aos empadroados no municipio. Para máis información e inscricións, hai que poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Xuventude, chamando ao número 981 835 650 ou enviando un e-mail a xuventude@riveira.com 

Neste primeiro semestre, o programa de formación abrangue tamén as seguinte accións:


A globoflexia sempre ten éxito entre os pequenos

  • No mes de febreiro: un curso monográfico de globoflexia e un curso de manexo de equipos de son e gravación de maquetas.
  • En marzo: un curso web 2.0 en marzo.
  • En abril: un curso de aspirante a instrutor de vela lixeira.
  • E en maio: un curso de iniciación ao clown

As inscricións en cada unha destas actividades será subvencionada parcialmente polo Concello. 

Vicente García indicou que a súa Concellería está traballando na confección para o futuro doutros novos cursos formativos sobre hip-hop, parkour e grafitti.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: orde do día do pleno do luns 31 de xaneiro ás oito da tarde


I.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (PLENO ORDINARIO 20 DE DECEMBRO DO 2010).

II.- CESIÓN DE USO DO LOCAL Á ASOCIACIÓN PRO SAÚDE MENTAL “A CREBA”.

III.- ADHESIÓN AO CONVENIO PORTELO ÚNICO.

IV.-APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO DA SALA MUSEO MUNICIPAL DE RIVEIRA.

V.- SOLICITUDE Á  DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE AXUDA NO PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN NOS MERCADOS LOCAIS.

VI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. MAREQUE LEÓN (GRUPO PSOE), EN RELACIÓN AO PLAN CONCERTADO.

VII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. ALVAREZ BECERRA (GRUPO BNG), EN RELACIÓN Á SUPRESIÓN DO SERVIZO DE NOITEBÚS.

VIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. GARCÍA POSE (GRUPO IPdeR), INTERESANDO MELLORAS NA PARROQUIA DE AGUIÑO.

IX.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), APOIANDO A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS.

X.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), INTERESANDO A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

XI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. TEIRA PARADA (GRUPO BNG), EN RELACIÓN CÓA CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE ADESTRAMENTO NA FIEITEIRA.

XII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. BRIÓN SANMIGUEL (GRUPO BNG), RECLAMANDO O MANTEMENTO DO APARCADOIRO DO CENTENARIO OU DO CAMPO DA FEIRA EN PERFECTO ESTADO DE USO E CONSERVACIÓN. 

XIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. GROVEIRO GONZÁLEZ (GRUPO BNG), EN RELACIÓN CÓ TRANSPORTE PÚBLICO E ESCOLAR EN RIVEIRA.

XIV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), EN CONTRA DA RETIRADA DA AXUDA DE 426 EUROS AOS PARADOS DE LONGA DURACIÓN. 

XV.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. POUSO MANEIRO (GRUPO PP), EN CONTRA DA SUBIDA DO RECIBO DA LUZ ACORDADA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011. 

XVI.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. AYASO BRETAL (GRUPO BNG), EN RELACIÓN COA SUBA DE PREZO DA AUGA E DA ELECTRICIDADE.

XVII.- MOCIÓN PRESENTADA POLA CONCELLEIRA SRA. GONZÁLEZ CRUXEIRAS (GRUPO BNG), EN RELACIÓN Á CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE CONTROL DO EMPREGO NO CONCELLO DE RIVEIRA.  

XVIII.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. AGEITOS SANTOS (GRUPO PSOE), EN RELACIÓN CÓ SERVIZO DE SEGURIDADE DÁ CIDADANÍA. 

XIX.- MOCIÓN PRESENTADA POLO CONCELLEIRO SR. PAZ MARIÑO (GRUPO IPdeR), SOBRE TASAS AO SECTOR MITILICULTOR.

XX.- MOCIÓNS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN Ó ABEIRO DO ARTIGO 70 DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL.

XXI.- ROGOS E PREGUNTAS QUE REGULAMENTARIAMENTE SE PRESENTEN.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o equipo de goberno achácalle ao PP o nivel de endebedamento municipal


Boiro terá que ir pagando préstamos polo menos ata o ano 2032

Boiro, 28 de xaneiro de 2011. A creba técnica do Concello de Boiro non é un segredo agochado. Cada día hai queixas de proveedores e acreedores, algún dos cales ata twittea con indignación que non lle satisfagan débedas atrasadísimas. A débeda municipal é, en consecuencia, a principal arma de debate político entre o equipo de goberno (Bng e Psoe) e a oposición (PP). Esta mañá o Partido Popular fixo declaracións sobre o estado financieiro do Concello. En Certo nunca recibimos unha soa nota do PP de Boiro, así que non podemos ofrecerlla. Terán que imaxinar o que dixeron -lerano mañá noutros medios- segundo a resposta que xa enviou o equipo de goberno de Boiro. Unha resposta que, como facemos sempre, lles achegamos íntegra:

"Ante a rolda de prensa ofrecida hoxe polo Grupo Municipal do PP de Boiro acerca da situación financeira do Concello, o goberno quere manifestar o seguinte:

  1. O Concello de Boiro amosa nesta ano 2009 unha  melloría con respecto ós resultados do ano anterior. As magnitudes económico - financeiras máis relevantes son positivas (resultado orzamentario bruto e neto, aforro bruto e neto ,  remanente de tesourería e mesmo o porcentaxe de endebedamento que se sitúa nun 88% ). Estes datos figuran reflectidos no seguinte cadro:
    CONCEPTO 2009
    DATOS LIQUIDACIÓN:  
    Rdo. Orzamentario  Bruto 1.065.591,00
    Rdo. Orzamentario depois de axustes 833.653,00
    Remanente Tesourería Total 1.154.246,00
    Remanente Tesourería Gastos Xerais 54.332,00
    Aforro Bruto 1.208.857,00
    Aforro Neto 136.717,00
    % Débeda Viva 31/12 88,84%
    Operacións pendentes aplicar orzamento 665.251,57
    Débeda Viva a 31/12 10.720.327,45
  1. Con respecto o traballo desenvolto polo Concello en materia de control do gasto corrente, detállase deseguido,

TRABALLO DESENVOLTO EN CONTENCIÓN DO GASTO CORRENTE ( Redución 13%):

  1. LICITACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS, permitiu aforros significativos ;

    Servizo de recollida de lixo do contenedor aamarelo.

    Servizo de recollida do contenedor de cartón.

    Servizo de mantemento de ascensores municipais (en paquetes conxuntos).

    Servizo asegurador de responsabilidade civil, vehículos e edificios municipais.

    Servizo de atención á dependencia ( servizo a domicilio)

    Servizo de limpeza de instalacións municipais.

    Servizo de mantemento da Depuradora Municipal e Saneamento.

  1. REORGANIZACIÓN DE PERSOAL PARA ATENCIÓN DE SERVIZOS :

    Reorganización de servizos municipais para acometer servizos externalizados;

    Limpeza de contenedores

    Limpeza viaria en domingos e festivos

    Servizo de vixiancia do Párking Municipal

    Servizo de mantemento de campos de fútbol municipais.

  1. PLAN DE AFORRO ENERXÉTICO:

    Implantación do PLAN EMAS ( aforro en consumos na Casa Consistorial).

    Instalación de luminarias (alumeado público ) de aforro enerxético; Na Cachada, na rúa principal, en Cabo de Cruz, en Escarabote., Fieiteira,..etc.

    Optimización do alumeado público encamiñado a aforro enerxético

    Elaboración dunha auditoría enerxética en colaboración coa Deputación Provincial, que definiu os investimentos a realizar para conseguir un aforro enerxético notable; ( execución durante o ano 2011), Pavillón de Barraña (paneis solares), ....etc.

    Substitución das luminarias da Praza de Abastos ( PlanDeputación Provincial )


    Unha das débedas máis controvertidas foi a de facer a nova casa do concello

Con respecto ao  que reiteradamente ven indicando o PP de Boiro sobre o nivel de endebedamento municipal , e que cifra en 10.720.327€, o goberno quere manifestar o seguinte:

Detalle de préstamos formalizados nas lexislaturas do PP:

(páx. 20-25 informe CONTA XERAL 2009)

Data Importe Período

18/11/08 1.042.645€ 20 anos

14/05/99 300.506€ 20 anos

21/12/99 1.823.152€ 20 anos

08/02/00 592.009€20 anos

15/11/01 1.460.459€ 20 anos

08/10/02 2.260.800€ 20 anos

TOTAL..................................... 7.479.661€

En 2002 superouse o límite legal do 110% ................ 122% 

Detalle débedas do PP aboadas polo actual goberno..... 2.566.000€ 

Pagamento a NECSO, pola CASA CONSISTORIAL .................. 628.000€

Expropiacións da Cachada.......................................................... 805.000€

Expropiacións da Cachada (CON sentenza ).............................. 413.000€

Expropiacións da Cachada ( SENsentenza ).............................. 720.000€

( 375.000€ - sensentenza + 345.000€ - a sentenza que gañamos)

TOTAL DÉBEDAS PP................10.045.661€"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o xoves 3 de febreiro inaugúrase a Sala-Museo Municipal, na reformada casa de doña Adela

Ribeira, 28 de xaneiro de 2011. O Concello de Ribeira "comprácese en anunciar" para o próximo xoves día 3 de febreiro de 2011, ás 20 horas, a inauguración da Sala-Museo Municipal, ubicada na casa coñecida antigamente como "de doña Adela". O acto estará presidido polo alcalde, José Luis Torres Colomer, e polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña. 

A Sala-Museo Municipal –situada na Rúa de Galicia, número 19- abre as súas portas co fin de ofrecer aos cidadáns da Centenaria e aos visitantes un novo espazo cultural co propósito de que se convirta nun referente dos museos locais, punto de interese turístico e centro de referencia da actividade cultural do Concello.

Mercada en 2005 e obras adiadas durante anos

O edificio está emprazado nunha vivenda tradicional que foi comprada no ano 2005 polo Concello e rehabilitada para convertila en casa museo municipal. Así, recuperouse un inmoble histórico, exemplo emblemático do que foi a arquitectura tradicional galega ao longo de século pasado, logo de diferentes peripecias que adiaron durante anos as obras e posta a punto. 

O edificio, do que se respectou a fachada orixinal de cantería,  componse por planta baixa e dous pisos comunicados entre si por unha escaleira interior. Os forxados interiores son de madeira e apóianse en todo o perímetro sobre os muros de pedra. O total de superficie construída é de 495,45 metros cadrados, distribuídos do seguinte xeito: baixo: 94,45 m2; primeiro, 164,20 m2; segundo, 165,70 m2; e baixocuberta, 71,10 m2.  

O xoves será o momento de desvelar e amosar as diferentes exposicións e coleccións con que estará dotado este inmoble, chamado a ser un dos máis visitados do municipio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: Abastos 2.0, negocio en Santiago do pobrense Iago Pazos, premio ao "mellor modelo de negocio máis innovador" en MadridFusión


A Pobra do Caramiñal, 28 de xaneiro de 2011. Está na praza de abastos de Santiago e os seus donos son Iago Pazos, da Pobra do Caramiñal, e Marcos Cerqueiro. Abastos 2.0 é un local, en verbas deles mesmos, de "cociña miúda" ou "barra efémera". E acaba de levar o premio de Madridfusión  como "Modelo de Negocio máis innovador".

Abriu o 31 de decembro de 2009 e en pouco tempo acadou unha gran sona, non só polo ben que se come e o ben que cociñan -de xeito personalizado se o comensal quere, só hai que dicirlles o que un quere gastar e o que lle gustaría probar e eles van buscalo ao mercado e sorpréndenche- senón polo emprego do galego nas súas comunicacións e pola aposta pola Rede para difundir o seu negocio.

Se queren unha boa análise deste negocio, só teñen que ir a Capítulo 0 e ver de que vai. Polo premio concedido onte saen hoxe ata no portal do Consello da Cultura Galega, aquí, porque a gastronomía é un eido da cultura que convén non descoidar. Algo que non fan este pobrense, Iago Pazos, e o seu socio, pois van polo mundo -onte en Madrid, en Internet ata calquera lugar- fachendeando dos produtos e da fala desta terra.

Se queren ver a actuación de Iago Pazos e Marcos Cerqueiro onte en Madrid, teñen unha entrada en Afuegolento.com, con este pequeno vídeo:

Sitios de referencia:
http://www.abastosdouspuntocero.es/
Perfil en Facebook, aquí
Twitter, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical