Mostrando entradas con la etiqueta Rianxo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rianxo. Mostrar todas las entradas

7.3.13

Rianxo: "Elas Realízan (Se)", programa educativo cultural para todo marzo




11.1.13

Rianxo: a editora Axóuxere terá, de xeito excepcional, a tres escritores na súa residencia entre febreiro e abril

  • É unha decisión motivada pola "alta concorrencia e a calidade das propostas presentadas"
  • A casa de Axóuxere en Xens configúrase como un espazo creativo "aberto para o despregue persoal e comunitario"

Media_httpfarm9static_xfiab

A última escritora que pasou pola residencia de Axóuxere foi Nerea Pallares

Rianxo, 11 de xaneiro de 2013. A iniciativa cultural de Nora Viéitez, Rafael Xaneiro, Roberto Abuín e Xosé Manuel Tubío, Axóuxere Editora, está a ter un éxito enorme nas súas convocatorias. O boca a orella para ocupar un dos cuartos na casa da aldea rianxeira espallouse como o centeo nun día de vento e tamén as redes sociais (http://axouxerestream.com) contribuíron a que a convocatoria para a Residencia de Inverno 2013 recibise un número alto de propostas, "a maior parte delas interesantes", aseguran. Mais iso implica unha gran responsabilidade e explican que "coñecendo que a nosa tarefa como xestores culturais debe ser a de dinamizar e facer medrar o espectro contemporáneo na arte, na literatura e no pensamento, finalmente decidimos seleccionar non só unha proposta senón tres. A excepcionalidade desta decisión débese, como xa dixemos, á alta concorrencia, e á calidade das propostas presentadas. Deste xeito, lamentando ter que deixar outras -tan válidas ou tan interesantes como as elixidas- á marxe, presentamos as candidaturas que seleccionamos. Estas candidaturas concorrerán entre o mes de Febreiro e o de Abril (tres meses, polo tanto), mantendo a editora contacto cos elixidos a fin de determinar o tempo da súa estancia".

As candidaturas elixidas son:

Media_http4bpblogspot_ygnci

Amilcar Bettega Barbosa (escritor e tradutor de Brasil)

Chiara Bertin (artista visual de Italia, agora en USA)

Elisa Iglesias Gil (Galiza)

Un espazo aberto e de benvida


Segundo argumentan os responsables de Axóuxere, "a intención da Residencia de Escritores é a de permitir o desenvolvemento dun espazo e tempos propicios para o despregue persoal, comunitario e creador. É por iso que, malia ter que seleccionar unha ou unhas poucas propostas de cada Convocatoria, a idea é que o espazo de Axóuxere estea aberto á convivencia comunal. É deste xeito un espazo ao que quen quixera coñecernos e compartillar con nós pode achegarse; a este noso pequeno, pero confortable lar. Océano-Universo".

Relacionada:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.1.13

Rianxo: este sábado, 5 de xaneiro, homenaxe a Castelao polo Bng

[[posterous-content:pid___0]]https://twitter.com/Certo/status/286418173354442752




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.12.12

Rianxo: o venres 28 de decembro, Festival de Nadal de Aleivosía

  • Organiza A.S.C Fogo Fatuo
  • Promove a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo

Nadal_aleivosia

  • Participan:

 

  1. Coral polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro
  2. Agrupación de baile e música tradicional Fouliada da Asociación de amas de casa de Mazaricos
  3. Agrupación de baile e música tradicional ALEIVOSÍA da A.S.C Fogo Fatuo
  • No auditorio de Rianxo ás 21:00 horas
  • Recollida de entradas ás 20:00 h

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.12.12

Rianxo: o luns 10 de decembro recollen en Madrid un premio á biblioteca do Brea Segade de Taragoña

  • Foi acadado nun certame que premia as boas prácticas para a dinamización e innovación nas bibliotecas escolares, concedido o ano pasado
  • Foron seis as bibliotecas galegas galardonadas
  • Tres profesoras do colexio de Taragoña irán recollelo

Media_httpwwwblogotec_jyddj

Imaxe que abre o blog da biblioteca do Brea Segade

Rianxo, 7 de decembro de 2012. O vindeiro luns, 10 de decembro, ás 12:30 terá lugar en Madrid, na Biblioteca Nacional, o acto de entrega dos premios do concurso nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación en bibliotecas escolares 2011. Seis bibliotecas escolares galegas, entre elas a biblioteca do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, resultaron premiadas. A biblioteca escolar do CEP Xosé Mª Brea Segade recibirá un terceiro premio co que se valora a implicación de toda a comunidade escolar no proxecto da biblioteca, as actividades de fomento da lectura e as iniciativas de difusión do patrimonio literario propio.

O premio xa fora comunicado aos centros e publicado no BOE en novembro do 2011 pero será o vindeiro luns cando se leve a cabo o acto oficial de entrega do mesmo. Tres profesoras do CEP Brea Segade vanse desprazar a Madrid para recoller un premio que supón "un motivo de orgullo e unha enorme satisfacción para toda a comunidade escolar. Entendemos que o premio supón un recoñecemento ao compromiso do conxunto da comunidade educativa do CEP Xosé Mª Brea Segade cun ensino público de calidade, enraizado no noso medio social e cultural", explican dende o colexio taragoñés.

Blog da Biblioteca Escolar Brea Segade de Taragoña:

www.blogoteca.com/bbs

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.12.12

Rianxo: "O profesional", o sábado 8 de decembro coa Companhia de Teatro de Braga

  • Será ás 20:30 no auditorio
  • Dirixida a público adulto
  • Retirada de entradas, dúas máximo por persoa, unha hora antes de que comece o espectáculo

O_profesional

Toda a ficha técnica desta obra dramatúrxica aquí

Rianxo, 2 de decembro de 2012. O Centro Dramático Galego (CDG) en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga (CTB) presenta, dentro do seu plan de produción propia para a temporada 2012-2013, a posta en escena do espectáculo O profesional, a partir do texto de Dusan Kovacevic, guionista e director de orixe serbia, e unha das grandes figuras da escrita dramática europea actual. O director da compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Guede Oliva, púxose á fronte desta montaxe dun só acto e catro personaxes que indaga na fraxilidade dos ideais así como na grandeza e miseria do espírito humano.

Ademais, ata o 15 de decembro, tamén no auditorio, poden contemplar a exposición de fotos antigas do alumnado dos talleres de memoria do Concello de Rianxo.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.11.12

Rianxo: este venres 30, "Shakespeare para ignorantes", de Quico Cadaval, con Mofa e Befa

  • Ás 21:00 no auditorio
  • Para público adulto
  • A retirada de entradas (máx. 2 por persoa) comeza unha hora antes


O espectáculo, para adultos, proporciona gargalladas aseguradas

Rianxo, 29 de novembro de 2012. O aspecto inicial deste espectáculo escrito polo ribeirense Quico Cadaval é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos.

Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escea será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da imortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA.

E non se esquezan de:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.11.12

Rianxo: a Escola de Música convoca o II Seminario de Composición para Banda, entre decembro e xuño

  • Son catro encontros para 12 alumnos activos. Para oíntes non hai límite de prazas

Rianxo_seminario

Rianxo, 27 de novembro de 2012. Neste curso 2012-2013 a Escola de Música de Rianxo organiza o II Seminario de Composición para Banda impartido polo mestre Andrés Valero Castells (http://www.andresvalero.com).

Este seminario consistirá en 4 encontros

  • Encontro 1 (decembro): xoves 27 (17.00 a 21.00 h), venres 28 (16.00 a 20.00 h), sábado 29 (16.00 a 20.00 h)
  • Encontro 2 (marzo): venres 15 , sábado 16 , domingo 17
  • Encontro 3 (abril): venres 5 , sábado 6 , domingo 7
  • Encontro 4 (xuño):  venres 28 , sábado 29 , domingo 30

As horas dos encontros organizaranse en clases Individuais (1h/encontro), clases teóricas colectivas (2 h/encontro) e probas con Banda.

Youtube de Andrés Valero: http://www.youtube.com/user/AndresValeroCastells

O Curso dispón de 12 prazas para alumnos activos e para os alumnos oíntes non hai límite de prazas. O prezo do seminario será:

  • Activos 80€/Encontro
  • Oíntes 35€/Encontro

Os encontros terán lugar no Auditorio de Rianxo. Para calquera dúbida ou información dispós do teléfono 671 058 555 (Rafa) ou do correo  escolademusicaderianxo(at)gmail.com.

Pode que tamén lle interese:


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

26.11.12

Literatura: ata o 31 de decembro para optar á praza na residencia de escritores de Axóuxere en Rianxo

  • A autora ou escritor interesados deberán enviar unha proposta co traballo que queren desenvolver durante 30 días entre febreiro e abril de 2013 en Xens, Leiro, Rianxo, onde a editora Axóuxere ten a súa residencia de escritores
  • A cambio da estadía, totalmente gratuíta, a escritora ou autor escollidos deberán dar un obradoiro literario no municipio e entregar algún material publicable do proxecto
  • Axóuxere xa vai pola súa cuarta experiencia con este chamamento. Antes estiveron a poetisa canaria Irena La Sen, o galego-islandés Elías Portela e a luguesa Nerea Pallares

Toda a información neste dossier:

Axóuxere_Inverno.pdf Download this file

Ou na web da editorial rianxeira: http://axouxerestream.com/residencia-de-escritores/


Relacionada:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.11.12

Rianxo: o bipartito no goberno apoiará ás familias en perigo de desafiuzamento

  • Entre as medidas a tomar, o peche de relacións coas entidades bancarias que se neguen a dialogar e atopar solución a executados hipotecarios
  • Non se empregará á policía local para desaloxar a ninguén

Media_httpfarm3static_ddaxg

Interior da casa consistorial rianxeira

Rianxo, 21 de novembro de 2012. Segundo informa hoxe en nota de prensa, o  Goberno Municipal de Rianxo -composto polo Bng e o Psoe- levará para a súa aprobación polo pleno de novembro de Rianxo unha serie de medidas de apoio ás familias ou persoas en perigo, actual ou futuro, de seren desafiuzadas polas entidades bancarias.

Tamén se compromete a manter "como até o de agora" o contacto coas plataformas comarcais de afectados para colaborar. Entre outras medidas impulsarán o seguinte:

  1. Creación dunha Comisión Especial para atender casos de desafiuzamentos, composta por responsábeis dos Servizos Sociais municipais, portavoces municipais e plataformas contra os desafiuzamentos.
  2. Posibilidade de axudas ao alugueiro e para evitar o corte de subministracións básicas como auga, gas ou luz e acceso banco de alimentos municipal.
  3. Orientación e asesoramento legal aos/ás veciños do municipio que teñan problemas para facer fronte ao pago dos compromisos adquiridos para a compra das súas vivendas habituais e non acadasen un acordo previo coa entidade bancaria correspondente.
  4. Interesar das entidades bancarias e de aforro información sobre posíbeis desafiuzamentos que afecten a familias do concello, a paralización dos que estean en marcha até que entre en vigor un novo marco legal e a súa colaboración coa Comisión Municipal creada para casos de desafiuzamento.
  5. No suposto de falta de colaboración de entidades bancarias co Concello procederá na medida que sexa posíbel, a prescindir dos servizos que as mesmas poidan prestar ao Concello.
  6. O Concello publicará na web municipal todos os datos das entidades bancarias socialmente comprometidas que paralicen os desafiuzamentos de vivendas radicadas no termo municipal, así como os nomes das que cooperen á hora de facilitar alugueres sociais substitutivos.
  7. O Concello plantexará a redución máxima da cota tributaria do imposto de plusvalía para as persoas afectadas que sufran as perdas da súa vivenda en subhasta e para aquelas persoas que logren a dación da súa vivenda en pago da súa débeda, en aqueles supostos que a Lei o permita.
  8. O Concello non facilitará a colaboración da policía local nos procesos de desafiuzamento das familias do municipio.
  9. Instarase á Xunta de Galicia a que poña en marcha o servizo de Mediación hipotecaria ao tempo que reforce a política de aluguer social como medida paliativa de cara ás familias que se vexan expulsadas da súa vivenda habitual.
  10. Instarase á Deputación da Coruña a que colabore co goberno autonómico nesta dirección, reforzando a coordinación e ampliación do gasto social dirixido a paliar os problemas da vivenda.
  11. Reclamarán, como veñen pedindo as plataformas "Stop Desahucios" e "Afectados por la Hipoteca", unha nova Lei Hipotecaria que contemple entre outras: 1. Dación en pago ou extinción do crédito coa entrega da vivenda, garantindo o aluguer social da mesma vivenda sobre todo cando existan menores ou persoas dependentes. 2. Moratoria para deixar o pagamento das cotas hipotecarias temporalmente en suspenso cando se produzan circunstancias económicas difíciles como a perda de emprego ou o peche dun negocio.

Relacionadas:

Ademais, en Rianxo:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.11.12

Rianxo: a banda de música acadou o terceiro premio na súa categoría dentro do VI Certame Galego de Bandas de Música

  • A Escola de Música, á que está adscrita a Banda, organiza unha clase maxistral con Pablo Castaño este domingo 25 de novembro, adicada ás Big Bands

Media_httpfgbmpnettyp_xzmqp

Os de Ponte Ledesma celebrando o seu trunfo

Rianxo, 19 de novembro de 2012. O pasado sábado pola noite celebrouse a segunda xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A Unión Musical Ponte Ledesma resultou gañadora despois de que o xurado lle concedera 352 puntos, cun premio de 2000 €. En segundo lugar quedou a Banda de Música Xuvenil de Xinzo con 306 puntos e un premio de 1400€, e no terceiro posto, con 288 puntos, a Banda da Escola de Música de Rianxo, cun premio de 600€.


Nesa xornada participaron 5 bandas pertencentes á terceira sección, aquelas que teñen entre 50 e 70 membros. Ademais das xa mencionadas, as outras agrupacións participantes foron a a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a Banda de Música Cultural de Teo, que acadou o premio a mellor interpretación dunha obra libre de temática galega. Cada unha delas interpretou un pasodobre, unha obra de elección libre e unha obra obrigada, Camiños da Fin da Terra de Antón Alcalde Rodríguez.


O xurado encargado de elixir os premiados nesta primeira xornada estivo composto por José Iglesias Ramilo, José Luis Represas, Marta Silva Pérez, Xosé Carlos Seráns Olveira e Pilar Jurado.

Lousame: veuse sen premio

Media_httpfarm9static_kmain

Non houbo premio desta volta para a banda de música de Lousame, que preparara este certame con grande ilusión, logo dos excelentes resultados do pasado ano, en que trouxo dous premios para a casa.




Grande repercusión nas redes sociais
As redes sociais tamén foron protagonistas deste certame. A través do Facebook e do Twitter os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares (máis de 5000 o sábado e que subiron ata 7000 esta fin de semana pasada) puideron seguir minuto a minuto o devir do certame.

Fonte e fotos: FGBM

CLASE MAXISTRAL O DOMINGO 25 DE NOVEMBRO

Media_httpfarm9static_fshou



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o grupo de teatro amador "Airiños", premio Cultura Galega 2012

  • Salvador García Bodaño na categoría das Letras
  • Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas
  • O grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas
  • A Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
  • A Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia
  • Manuel Rodeiro en Música
  • Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual

Media_httpfarm9static_yzrcb

Esther F. Carrodeguas dirixe agora Airiños

Media_httpfarm9static_zbeja

Nin rico nin pobre senón todo o contrario é a obra de Mihura que acaban de estrear

Rianxo, 19 de novembro de 2012.  O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, determinou na reunión celebrada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu labor nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. Temos que dar os parabéns aos rianxeiros de "Airiños", grupo de teatro amador que naceu en Asados e que é o máis lonxevo de Galicia, logo de case 80 anos de actividade cuase ininterrompida. Recibe o premio das Artes Escénicas.

Os outros gañadores da edición 2012 foron Salvador García Bodaño na categoría das Letras; Manuel Quintana Martelo na modalidade das Artes Plásticas; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; a Asociación Internacional Estudos Galego en Promoción Cultural de Galicia; Manuel Rodeiro en Música; e Miguel Anxo Fernández no apartado de Creación Audiovisual.

A Xunta de Galicia convoca estes premios anuais co fin de recoñecer o labor de persoas e institucións que traballan nos distintos ámbitos da creación, da conservación e da posta en valor do patrimonio cultural, así como da actualización e difusión do noso capital creativo galego. Os galardoados recibirán como premio unha escultura realizada polo artista ourensán Xosé Cid.

Traxectorias premiadas
 

Na categoría de premio Cultura Galega das Letras o galardón recaeu en Salvador García Bodaño, a quen se lle recoñeceu unha calidade literaria que o sitúa como un dos máis destacados poetas vivos da xeración dos 50, ademais da súa activa participación en diversas iniciativas culturais.

No apartado das Artes Plásticas, Manuel Quintana Martelo foi distinguido pola calidade da súa obra e compromiso coa pintura, así como a súa implicación en diversos proxectos culturais para ampliar a presenza das artes plásticas galegas. O artista formou parte de Atlántica e expuxo en prestixiosos museos e galería de diversos países.

O grupo de teatro Airiños, de Rianxo, foi o premiado na categoría das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa veciñal vén sendo protagonista da construción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.

Na modalidade de Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural o galardón recaeu na Fundación Eduardo Pondal, pola súa ampla e constante programación participativa arredor das letras galegas, desenvolvida coa implicación de entidades, axentes culturais e veciños da terra natal do escritor que lle dá nome á fundación.

O premio á Promoción Cultural de Galicia foi para a Asociación Internacional de Estudos Galegos, entidade creada na década de 1980 na costa leste dos Estados Unidos co obxectivo de difundir por todo o mundo a cultura e a lingua galegas. Desde entón, a AIEG impulsa e desenvolve o seu labor, principalmente, no terreo académico e universitario.

Manuel Rodeiro mereceu o recoñecemento do xurado na categoría de Música polo seu labor de referencia na creación sonora contemporánea. Compositor, crítico, xestor e pedagogo, Rodeiro dirixiu o departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea, foi fundador da editorial musical Música Nueva e do conxunto instrumental Cámara XXI.

Na categoría de Creación Audiovisual, o galardón recaeu este ano en Miguel Anxo Fernández, crítico audiovisual, escritor e autor de numerosas publicacións de temática cinematográfica. Na súa ampla traxectoria vinculada ao audiovisual, foi impulsor de numerosas iniciativas destinadas á promoción do cine galego.

O xurado
O conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez, presidiu o xurado da edición 2012 dos premios, do que tamén formaron parte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long; Francisco Díaz Fierros, en representación do Consello da Cultura Galega; Xosé Henrique Coas González e Goretti Sanmartín Rei, en representación das universidades de Vigo e da Coruña, respectivamente; e Ramón Yzquierdo Perrín, en representación da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Completaron o xurado catro persoas de prestixio no ámbito cultural como son o escritor Luís González Tosar, o artista plástico Antón Pulido, a cineasta e produtora Fernanda del Nido e o editor e escritor Henrique Alvarellos.

Relacionadas:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

12.11.12

Rianxo: a Banda de Música participa este sábado no VI Certame Galego de Bandas en Santiago

  • Haberá un autobús desde Rianxo para quen queira ir apoiar á formación musical rianxeira

Rianxo_banda

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.11.12

Rianxo: o venres 23 de novembro, I Festival Solidario a prol de Cáritas

  • Actuarán Tonhito de Poi, Xurxo Souto, o gaiteiro Xosé Romero con Maruxa, Esther Carrodeguas, a Escola de Música rianxeira, Silvia Ferré e Alfredo Susavila e Mariú
  • Módico prezo de entrada: 5 euros

Rianxo_festival

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

5.11.12

Rianxo: os sábados 10 e 17 de novembro, "Nin rico nin pobre (senón todo o contrario)"

Airinos_nin_rico

Rianxo, 5 de outubro de 2012. O Cadro Artístico Airiños de Asados do Centro Sociocultural Simón Varela de Asados vai estrear unha nova obra teatral titulada Nin rico nin pobre (senón todo o contrario).

A estrea terá lugar o próximo sábado 10 de novembro, ás 21 horas, no Auditorio de Rianxo. No fin de semana posterior, concretamente o sábado 17 de novembro á mesma hora, haberá outra función.

A entrada é de balde, e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo das funcións.

Tamén, no auditorio rianxeiro:

- Exposición de pintura: Alén da paisaxe. Pinturas da terra de Deli Sánchez
- Exposición de fotografía: Soños de Auga de Helena Villar Janeiro



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Nerea Pallares imparte un obradoiro literario o venres 9 e sábado 10 de novembro

  • Baixo o epígrafe "O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades"
  • Será na biblioteca pública "Castelao", no Pazo do Martelo
  • O 16 de novembro terá lugar un faladoiro e lectura de textos

Media_httpfarm5static_hepif

Biblioteca pública "Castelao" de Rianxo, no antigo Pazo do Martelo

Rianxo, 5 de outubro de 2012. O obradoiro literario O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades, a cargo a escritora Nerea Pallares, desenvolverase os vindeiros 9 e 10 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Castelao. O día 16 de novembro, tamén na BPM Castelao e con carácter aberto, a escritora desenvolverá unha lectura e faladoiro arredor dos seus textos, no que explicará as liñas da súa investigación narrativa, formas do discurso, esencias estéticas e creativas contemporáneas, etc.

Ambas as dúas actividades inscríbese no marco de colaboración entre a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, aproveitando a presenza dos escritores participantes no programa de residencias creativas que esta editorial pon en marcha.

Para inscribirse no obradoiro deberase cubrir unha ficha (pode descargala en www.rianxo,com) e enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo,es co asunto obradoiro de Nerea Pallares, antes do 9 de novembro.

Quen é Nerea Pallares?

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa afección á lectura e escritura levouna a acadar numeroros premios dende pequena. Aos trece anos, gañou o 43 Concurso Nacional de Redacción da Fundación Coca-Cola España. Tamén obtivo o 17º Concurso de Contos "Vila de Pontedeume" e participou en catro edicións do Certame de Contos e Relatos Curtos "Trapero Pardo".

O ano pasado estivo de residente como escritora na Fundación Antonio Gala e este ano, co seu proxecto "Sidecar", obtivo residencia coa editorial rianxeira Axóuxere.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: tres cursos de formación, de inglés, deseño gráfico e busca de emprego para novembro e decembro

Rianxo_formación.pdf Download this file

Rianxo, 5 de outubro de 2012. O Servizo de Información e Animación Xuvenil oferta tres cursos de formación destinados a mozos e mozas rianxeiros de entre 18 e 30 anos. Os cursos son:

  • Curso de inglés medio: do 12 ao 29 de novembro, de 10:30 a 13:30 no Auditorio de Rianxo.Terá unha duración de 42 horas, durante as cales se utilizara unha metodoloxía práctica, basada nos diálogos, pronunciación/fonética, videos, exercicios, explicacións gramaticais, conxugación, léxico, fichas culturais, etc, para mellorar no coñecemento do idioma e a súa práctica lingüística. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 9 de novembro.
  • Curso de deseño gráfico: do 3 ao 21 de decembro, de 10:30 a 13:30, na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo. Nas 42 horas que dura o curso ensinarase a utilización do programa Gimp (edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits), o Scribus (programa de maquetación) e o Inkscape (editor de gráficos en formato vectorial), tres ferramentas que permitiran preparar carteis, folletos, publicacións, presentacións, etc. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 30 de novembro.
  • Obradoiro de procura de emprego e emprendemento: 28 e 29 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Neste obradoiro traballarase sobre ferramentas e recursos que facilitarán a búsqueda de emprego, facendo especial fincapé no emprendemento a través do cooperativismo. Este obradoiro realizase en colaboración coa oficina de Fomento do Cooperativismo de Arousa Norte. Prazo de inscrición aberto dende o 2 ao 27 de novembro.

Os cursos están dirixidos a mozos de 18 a 30 anos, residentes no Concello de Rianxo e cos estudos obrigatorios rematados.

O número de prazas por curso é de 15. No caso de superarse o número de inscricións, realizaríase un sorteo entre os inscritos que cumpran os requisitos.

Podes inscribirte na Oficina de Información Xuvenil, no teléfono 981 100 688, no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.es ou en liña:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.10.12

Rianxo: este venres 2, teatro de Cunqueiro, e o sábado 3, concerto da banda de Arteixo

Rianxo, 30 de outubro de 2012. As propostas culturais que terán lugar na ponte dos Santos na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo son as seguintes:

Media_httpujimdocomww_jyegj

Imaxe de "Menciñeiros". Web de Volta e Dalle en http://www.voltaedalle.com

  • TEATRO: "MENCIÑEIROS" A CARGO DE VOLTA E DALLE TEATRO
    • DÍA: venres 2 de novembro
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Baseada en "Escola de menciñeiros", do autor mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle ofrécenos unha aproximación dramática a este mundo cun dobre obxectivo: preservar e dar coñecer a cultura e os saberes do curandeiros e divulgar a obra deste autor.

As entradas (máximo 2 por persoa)  poden retirarse unha hora antes do comezo da función.

 

  • CONCERTO: BANDA DE MÚSICA DE ARTEIXO
    • DÍA: sábado 3 de novembro
    • HORA: 20.30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

O Concerto da Banda de Música de Arteixo está organizado pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello de Rianxo.

Tamén, no auditorio rianxeiro:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.10.12

Rianxo: Delio Sánchez amosa "Alén da paisaxe, pinturas da terra" no auditorio ata o 10 de novembro

  • A inauguración da exposición Alén da paisaxe, pinturas da terra, do pintor Delio Sánchez, ten lugar o martes, 23 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo
  • A exposición poderá visitarse dende o 23 de outubro ao 10 de novembro
    Diptico_Exp_Delio_Sánchez_Rianxo.pdf Download this file

     Para máis información sobre o artista poden consultar a súa páxina web http://delisanchez.com/

Outras propostas culturais en Rianxo en vindeiros días:
  • PROXECCIÓN DA PELÍCULA "LOS MUERTOS VAN DEPRISA"
    • DÍA: venres 26 de outubro
    • HORA: 20.30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

A película está dirixida por Angel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao. É a longametraxe máis premiada do cine galego, con 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Trátase dunha comedia e está destina a todos os públicos.

A proxección está enmarcada dentro dun programa da Deputación da Coruña.

  • TEATRO FAMILIAR: MERLÍN A CARGO DE QUINQUILLÁNS
    • DÍA: sábado 27 de outubro
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Merlín está destinada a un público familiar, concretamente para nenos e nenas a partir de 6 anos.

As entradas (máximo 2 por persoa)  poden retirarse unha hora antes da función.

Para máis información http://www.merlinteatro.com/alfa/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical