Mostrando entradas con la etiqueta Muros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muros. Mostrar todas las entradas

17.10.12

Muros: tres concelleiros non adscritos abandonan o pleno pola actitude "dictatorial" da alcaldesa socialista

Media_httpfarm9static_ggutg

María Xosé Alfonso e María Sambade foron dúas das concelleiras que se foron do pleno

Muros, 17 de outubro de 2012. No día de hoxe celebrouse un pleno extraordinario e urxente no concello de Muros con dous puntos na orde do día, á parte da ratificación da urxencia.

Os concelleiros non adscritos solicitaron repetidamente que, tal e como figuraba na orde do día, se trataran os dous puntos por separado e se votaran por separado, "pois o sentido do voto non ten por que ser o mesmo en dous asuntos que son distintos", explican. Ao que a alcaldesa, co apoio do grupo do PP, se negou e plantexou unha única votación, obrigando a que os concelleiros e concelleiras da corporación votaran o mesmo nos dous casos, motivo polo cal as concelleiras María Xosé Alfonso, María Sambade e o concelleiro José Manuel Quintela abandonaron o salón de plenos.

A pesar de que coa abstención anunciada do grupo do PP as dúas propostas da alcaldesa sairían adiante fora cal fora o sentido dos votos dos concelleiros non adscritos, estes consideran vulnerado o seu dereito a votar en cada un dos puntos da orde do día, "o que é unha nova mostra da actitude dictatorial da alcaldesa de Muros", aseguran.

Tamén denuncian os concelleiros non adscritos a pésima xestión da alcaldesa, pois a pesar de que o RDL 20/2012 lle dá aos concellos un prazo de tres meses para fixar a prestación económica na situación de incapacidade temporal dos/as traballadores/as, non é capaz de levar este asunto a un pleno ordinario nese prazo e convoca un pleno extraordinario e urxente xa fóra dese prazo, evitando así o diálogo e debate cos grupos da oposición na comisión informativa que correspondería.

Incumprimento cos traballadores do Concello

Por último, os tres concelleiros non adscritos queren denunciar publicamente o incumprimento por parte da alcaldesa do acordado no pleno no que se aprobou o plan de axuste, pleno no que aceptando a petición dos concelleiros non adscritos, a propia alcaldesa se comprometeu a que as medidas que afectaran aos traballadores se tomarían só en última instancia e sempre previo acordo con eles. "Algo que claramente incumpre neste pleno, pois o acordo que aparece como 1º punto na orde do día non foi acordado cos traballadores e non están esgotadas as medidas que se poden tomar sen prexudicar aos traballadores nin á cidadanía", finaliza María Xosé Alfonso Torres, portavoz dos concelleiros non adscritos.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.9.12

Muros: o finado ex-alcalde nacionalista Domingos Dosil foi homenaxeado

  • O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificouno como "bo e xeneroso, con determinación, compromiso e coraxe"

Homenaxe_a_dosil
Muros, 16 de setembro de 2012. A Antiga Fábrica de Sal foi o escenario, onte en Muros, dunha cálida e moi concorrida homenaxe á memoria de Domingos Dosil, activista polos dereitos dos minusválidos, alcalde da vila e sobre todo, en verbas dos seus compañeiros de partido, "grande patriota e grande nacionalista galego", tristemente falecido.

Na homenaxe tomou parte o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Na súa alocución, o líder nacionalista gabou a “determinación, a coraxe e a convicción patrióticas” das que Domingos fixo gala durante toda a súa vida.

“Domingos”, dixo Guillerme, “tiña todo o que ten que ter un nacionalista galego: determinación, compromiso, coraxe”. “Era un home bon, claro que si; era un home xeneroso, por suposto que si”.

Entrega e traballo

O portavoz nacional destacou que a traxectoria vital de Domingos mostra que “a política é unha das actividades máis nobres que pode desenvolver un ser humano”. “Porque a política é iso, entrega e traballo na defensa dos intereses colectivos, traballo para construír unha sociedade e un mundo mellor para todos”, engadiu.

Concluíu Guillerme dicendo que “a mellor homenaxe que lle podemos render a Domingos é traballarmos duro con determinación, entusiasmo e ilusión para que o 21-O o pobo galego diga alto e claro que estamos fartos das políticas de recortes e que queremos outro estatus político para Galiza”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.9.12

Muros: este venres 14, xornada aberta e charla coloquio sobre as modificacións da Lei de Costas

  • Na Casa da Sociedade, en Esteiro, ás 21:00 horas

Media_httpfarm3static_rgmvp

Esteiro arredor de 1925. Foto da estadounidense Ruth Matilde Anderson

Muros, 13 de setembro de 2012. Mañá, na casa da sociedade de Esteiro, ás nove da noite, haberá unha xuntanza aberta e charla coloquio sobre as “modificacións na Lei de Costas”.
 

Compromiso X Galicia en Muros é o partido que organiza esta xornada informativa na Casa da Sociedade en Esteiro ás 21:00. Nesta xuntanza informarase aos veciños e veciñas que acudan das modificacións que se veñen de aprobar na lei de costas. Ao remate poderase facer unha valoración sobre a situación política do Concello de Muros e sobre as vindeiras eleccións autonómicas que se celebrarán o 21 de outubro. Compromiso convida a toda a veciñanza a participar nesta xuntanza informativa, xa que según asegura María Xosé Alfonso ( Portavoz de CXG) “afectará a numerosos veciños e veciñas de Muros, pois o que nos rodea é costa “

A portavoz de Compromiso asegura que se proporcionará numerosa información aos asistentes a xuntanza. Recorda ademais que se trata de un acto aberto, polo tanto todo o mundo pode participar, sen necesidade de simpatizar nin militar en Compromiso, xa que di que "este novo partido nace como instrumento ao servizo dos cidadáns". Tamén queren lembrar que o vindeiro sábado (15 de setembro) hai votacións para as primarias de Compromiso X Galicia e todo aquel que queira participar tense que anotar previamente na web: www.compromisoxgalicia.org.

Antes, en Certo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

19.2.10

Muros: a tramitación do carné vai moi atrasada, recoñécelle o Goberno ao Bng


Esteiro, Muros, sobre 1925. Foto de Ruth Matilda Anderson

EN RESPOSTA AO BNG, O GOBERNO RECOÑECE IMPORTANTES ATRASOS NA TRAMITACIÓN DO DNI ELECTRÓNICO EN MUROS

 

Francisco Jorquera demanda que se incrementen os desprazamentos destas unidades ás zonas rurais porque nalgunhas as listas de espera son moi grandes

 

Madrid, 19 febreiro 2010 .- En resposta a unha iniciativa do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, o Goberno recoñece que o tempo de espera para poder tramitar o DNI nas unidades móbiles que se desprazan a Muros e a outras zonas se incrementou notablemente.

 

O Goberno atribúe este importante incremento no tempo de espera á implantación do DNI electrónico. Estes equipos móbiles, que tamén atenden ás persoas con problemas de desprazamento, comezaron a emitir o novo DNI no mes de novembro de 2006, “momento no que debeu cambiar o procedemento que se viña aplicando para a tramitación do DNI do modelo anterior, para adoptar o que esixe o actual electrónico e a activación dos certificados contidos no seu chip”.

 

O tempo de tramitación pasou de 3 a 10 minutos

 

“Isto supuxo –engade- que os procesos que conlevan a tramitación do DNI electrónico, fundamentalmente a activación dos seus certificados, haxa que dedicar un mínimo de dez minutos a cada un deles, cando co anterior modelo se  realizaban nuns tres minutos por termo medio”.

 

Dous desprazamentos

 

Ademais, o Goberno recoñece na súa resposta ao BNG que xunto ao incremento do tempo de tramitación “o actual modelo obriga a que os equipos móbiles deban acudir aos núcleos de cobertura, hospitais, domicilios, ou lugares onde se leva a cabo a expedición, dúas veces por cada unha delas, -con anterior DNI abondaba un único desprazamento- xa que, cos medios técnicos actuais, non é posíbel a impresión da tarxeta-soporte no lugar onde se leve a cabo a tramitación e a legalidade vixente obriga a que a fase final de activación dos certificados electrónicos se realice necesariamente en presenza do titular do documento”.

 

“Estas circunstancias –conclúe a resposta do Goberno- propiciaron que os equipos móbiles non poidan atender, coa regularidade coa que o viñan facendo os núcleos de cobertura que cada un deles tiña asignado. Porén, estanse estudando os medios que permitan tramitar o DNI con máis fluidez”.

 

En Muros a lista de espera completouse en só unha hora

 

Ante esta resposta o deputado do BNG esíxelle ao Goberno que “incremente os desprazamentos destes equipos móbiles, xa que nalgúns casos non pasan nin cada mes polos seus núcleos de cobertura, como é o caso de Muros”.

 

Ademais, Francisco Jorquera demanda que “se destinen as partidas necesarias a investigación para que a expedición ou renovación do DNI se poida facer nun único desprazamento”.

 

O deputado do BNG advirte de que “nalgunhas localidades a lista de espera para obter o DNI electrónico é enorme, e temos que ter en conta que é un documento imprescindíbel para a vida diaria”. No caso concreto de Muros lembra que “a última vez que de desprazou o equipo até a localidade en só unha hora completouse a lista de espera”

 

Por último, Francisco Jorquera lembra que o DNI electrónico implantarase cada vez máis e “polo tanto temos que solucionar este problema porque a moita xente, especialmente a persoas maiores que viven no rural, o teren que aturar longa listas de espera e desprazárense varias veces até as unidades móbiles suponlles un importante trastorno”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

4.12.08

As filloas de Ramona de Luísa de Noia, de París encachoado

A vida vai pedindo papas e a Mahou Clásica vai pedindo papas.
A vida é menos que unha Mahou Clásica. Gusto da caña de Estrella.

Algún día marcharei da Península e será entón, e só entón, cando estea por fin comigo mesmo. E cando, na aduana dalgunha ex-república capitalista/maoísta me deteñan por ir cos petos cheos de balas, sinalarei a cada unha das miñas pupilas e falareilles do Illa de Sumatra, dos Kenodí?!, do banco de Pepita, de Montelouro, da casa de miña tía, do meu cuarto en Muíño do Vento, da Churra, da parte de atrás do Xeixo, de San Francisco, dos parques de Oleiros, da estación de buses, da facultade de Filoloxía, do Avante, do piso de Romero Donallo, de Villarrobledo, dos Castromiles, do meu cuarto de Oleiros, de Riazor, do campo do Campestre, da cando vivía na Rúa Real de Muros, da Capitol, do Curro da Praza, dos Süiss, do ska, do sexo, do chocolate con leite, dos amigos, da familia, da música toda en todo momento, de Bukowski, de Reixa, dun loitador que se chamaba Sputnik Monroe, das mulleres que deixan cicatriz, de Panero, de Hakim Bey, de Calamaro, do Neira Vilas, do campo de canastra no Rabadeira, da SNES, do Raeiros, do vodka, da cervexa, do viño tinto, do sofá con Lema, das comidas con Hora 14 de fondo, da derrota, das chamadas, dos soños repetidos, das raiadas, dos emepetreses, da resaca, dos magostos da miña facultade, de todo o que non pasou, de todas as veces que fun ao médico, de como me odia a xente, de como me quixo a xente que me quixo, das filloas de Ramona de Luísa de Noia, de París encachoado, da miña irmá, da praia de Boiro, de como doe a morte, de como doe a vida e o amor, do portugués que me berraba ao conducir, de unha e cada unha das veces que nos bañamos en bólas, do corsita de Pena, dos maratóns de Fe, de como me aceptou a xente tal e como era, de que non se pode estar canso estando vivo e que cada momento había que vivilo, de que se permitía que se me escapase un único día, non podería recuperalo.
Unha entrada longa e doce antes de me despedir | Arrepentirme podería ser algún tipo de arte

23.9.08

Máis petroglifos


Fotos: Sole
Revelando petroglifos na noite de Muros | Capítulo 0

Decimos máis porque xa falamos do novo blog http://petroglifosdegalicia.blogspot.com/

Ao que hai que sumar tamén agora http://www.murosarqueoloxico.org/

Esto último vía Capítulo 0, como queda constancia na ligazón, claro.

22.2.08

Así nacen os grupos

SKAIOLA BORROKAL nase unha noite de outubro de 2007 tal é como deben naser as grandes cousas: en medio dunha borracheira modo-tsunami. Ese día, conflúen en medio da ebriedade Carlos "Jrucho", Miguel "Pelos", Samu e David Pájaro e comesan a barallar a posibilidade de montar un grupeto de ska. O tema xurde a partir de que Carlos, Samu e David comparten moitos gustos neste sentido, e Miguel apúntase a todo
MySpace.com - Skaiola Borrokal - A Coruña, UM - Ska / Punk - www.myspace.com/skaiola

E non hai máis: o glamour vén despois. Se trunfan, cambian toda a súa biografía. A algún non lles da tempo, claro. No Barbanza esto pasa cada día con máis frecuencia.

Blogged with Flock

16.2.08

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical