- Na Casa da Sociedade, en Esteiro, ás 21:00 horas
Esteiro arredor de 1925. Foto da estadounidense Ruth Matilde Anderson
Muros, 13 de setembro de 2012. Mañá, na casa da sociedade de Esteiro, ás nove da noite, haberá unha xuntanza aberta e charla coloquio sobre as “modificacións na Lei de Costas”.
Compromiso X Galicia en Muros é o partido que organiza esta xornada informativa na Casa da Sociedade en Esteiro ás 21:00. Nesta xuntanza informarase aos veciños e veciñas que acudan das modificacións que se veñen de aprobar na lei de costas. Ao remate poderase facer unha valoración sobre a situación política do Concello de Muros e sobre as vindeiras eleccións autonómicas que se celebrarán o 21 de outubro. Compromiso convida a toda a veciñanza a participar nesta xuntanza informativa, xa que según asegura María Xosé Alfonso ( Portavoz de CXG) “afectará a numerosos veciños e veciñas de Muros, pois o que nos rodea é costa “
A portavoz de Compromiso asegura que se proporcionará numerosa información aos asistentes a xuntanza. Recorda ademais que se trata de un acto aberto, polo tanto todo o mundo pode participar, sen necesidade de simpatizar nin militar en Compromiso, xa que di que "este novo partido nace como instrumento ao servizo dos cidadáns". Tamén queren lembrar que o vindeiro sábado (15 de setembro) hai votacións para as primarias de Compromiso X Galicia e todo aquel que queira participar tense que anotar previamente na web: www.compromisoxgalicia.org.
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario