- Están ubicados en lugares con gran visibilidade e afluencia de xente
Praza do Centenario
Ribeira, 24 de maio de 2012.- Tal e como anunciara no seu día a voceira Herminia Pouso, operarios do Concello proceden esta mesma semana a iniciar a colocación dunha serie de paneis informativos polas nove parroquias, co obxectivo de redundar nun mellor coñecemento por parte dos veciños daqueles anuncios, noticias ou eventos de carácter municipal que sexan do seu interese. Son 17 o número destes elementos que se están a instalar, en lugares caracterizados pola súa visibilidade e afluencia de xente.
http://farm9.staticflickr.com/8163/7263285722_d4d1511198_z.jpg
Praza do Concello
O Concello espera así que estes soportes sirvan como un vehículo apropiado para aproximar ao cidadán a información de carácter público que revista interese para á cidadanía.
SI LOS RECTORES PLANTARAN A WERT TRAS IR EN BICICLETAS ELÉCTRICAS, COMO RUIZ RIVAS, SERÍAN CREÍBLES modo@masaenfurecida twitter.com/Certo/status/2…
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Os paneis están fabricados en aceiro inoxidable, con partes de metacrilato e cristal, e contan cunha porta con pechadura. As súas dimensións son un metro de ancho por dous de alto.
Os paneis informativos estarán situados nos seguintes puntos:
Aguiño: 2 paneis, un diante do establecemento Eroski e outro no atrio da igrexa parroquial.
Artes: 1 panel, fronte á igrexa parroquial
Carreira: 2 paneis, un na igrexa e outro no cemiterio de Frións
Castiñeiras: 1 panel, no paseo, na zona de bares
Corrubedo: 1 panel, na zona portuaria, xunto á praia da Robeira
Oleiros: 1 panel, fronte á igrexa
Olveira: 1 paneis, fronte á igrexa de Bretal
Palmeira: 2 paneis, un no porto e outro xunto á casa reitoral
Santa Uxía: 6 paneis, na praza do Concello, na praza do Centenario, en Abesadas (xunto ao Mercadona), en Coroso (á altura da caseta dos socorristas), no Malecón (diante da pastelería Fina) e no parque García Bayón.
A día de hoxe só faltan por instalar os paneis correspondentes a Artes, Carreira e Olveira.
A primavera: non, non é unha redacción de colexio. Xosé Antón Díaz fala do pouco que aprenden da natureza os políticos certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Ribeira: o domingo, 27 de maio, Festival para recadar fondos para Paula, a nena de Boiro sen sacro post.ly/7RsKX
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Fotos da exposición sobre o Principiño no IES Leliadoura de Ribeira iesleliadoura.blogspot.com/2012/05/exposi…
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Festa da Dorna: un de "Carallos de Rei", premio "Salvador Daquí" e un de "A Nasa", premio "A jata ruín de la praia" post.ly/7Rpc5
— Certo (@Certo) May 24, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia