Este vindeiro sábado 30 de abril ás 21:00h terá lugar no Coliseo Noela a presentación do cd do grupo de Música tradicional da Sociedade Liceo de Noia "A Subela".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Este vindeiro sábado 30 de abril ás 21:00h terá lugar no Coliseo Noela a presentación do cd do grupo de Música tradicional da Sociedade Liceo de Noia "A Subela".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 26 de abril de 2011. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza informa que na reunión mantida o pasado 18 de Abril:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 26 de abril de 2011. A alcaldable de Ribeira polo Bng, Dominga Brión, asegurou hoxe que se compromete a "poñer en marcha a Concellería de Pesca, que será o faro vixía, atento aos perigos, e a encargada de darlle voz ao mar. Tamén consideramos fundamental reclamar un novo status para Galiza: o de zona altamente dependente da pesca".
Bieito Lobeira, Xosé Luís Groveiro e a candidata citada reuníronse co sector pesqueiro, xuntanza á que acudiron o Patrón Maior de Ribeira e representantes de todas as asociacións locais tanto do ámbito pesqueiro como comercializador. Durante un par de horas déuselle un repaso a todos os problemas que afectan ao sector tanto no relativo á redución de cotas, como á necesidade de acondicionar e modernizar todas as infraestruturas portuarias. Insistiron na necesidade de competir en igualdade de condicións á hora de poder pescar e mesmo de negociar as cotas. "Para iso é fundamental que as administracións se impliquen na defensa dun sector estratéxico para o país. Neste senso, consideran fundamental para a viabilidade da flota incrementar as cotas para o vindeiro ano ao nivel do ano 2010 e manter os mercados, pois unha vez perdidos é moi difícil recuperalos. Con respecto á situación do porto, concordamos na necesidade dun Plan de Usos, dunha nova lonxa, de chabolas, de mellorar os pantaláns, o propio firme ou a dotación de tomas de auga. Do mesmo xeito, é evidente a falta de limpeza e de iluminación; persoalmente contei máis dunha ducia de luminarias fundidas", asegura Dominga Brión.
Agravios comparativos
"Tamén coincidimos no agravio comparativo que se está producindo a respectos doutros portos nos que se permite a subministración de gasolina ás embarcacións coas exencións fiscais previstas na lei, o que supón unha rebaixa no prezo do combustible dun 50% aproximadamente, do que a flota de Ribeira non se está a beneficiar. Dende a Concellería de Pesca traballaremos en coordinación co sector e con todas as administracións para que Ribeira non só manteña os actuais postos de traballo que se xeneran no mar, senón que mesmo se incrementen. Temos potencialidades para seguir sendo o primeiro porto de baixura de Europa e sector e administración deben navegar no mesmo barco para que a pesca en Ribeira teña futuro", concluíu a candidata nacionalista á alcaldía ribeirense.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son, 26 de abril de 2011. O Candidato a Alcaldía do AVS (Asociación Veciñal de Porto do Son), Javier Quiñoy Taboada, presentou páxina web da súa candidatura cara os vindeiros comicios electorais do 22 maio de 2011.
Con esta ferramenta TIC, o Partido AVS "busca unha nova canle de comunicación coa veciñanza sonense co gallo de escoitar e valorar o que consideran prioritario para este concello", aseguran dende esa formación política.
Na páxina web encontraranse catro apartados e tamén un enlace á rede social Facebook. A páxina está en galego e castelán.
Nesta páxina atopase un teléfono de contacto e un correo electrónico info@avsportodoson.org onde os veciños sonenses e internautas en especial, poden plantexar, presentar ou suxerir propostas que consideren importantes para a súa parroquia ou en xeral para o Concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
"As obras do proxecto de construción do Paseo fluvial do Río Morto,
que están a levar a cabo as empresas da UTE RÍO MORTO, van a bo ritmo
e están moi avanzadas.
Lembremos que a necesidade esencial desta obra é rematar coa
problemática existente na zona principalmente nas épocas de choiva que
producen nalgúns caso inundacións en parcelas, camiños e, en
determinados momentos, mesmo da propia estrada AC-305, causando
prexuízos aos veciños da zona. Tamén sinalar o seu interese
medioambiental xa que, ademais da importancia do seu propio contorno,
a súa conca nutre aos humidais das Xunqueiras.
O proxecto contempla a construción dunha vía de case 450 metros
de longo por 16 metros de largo na que se integra un paseo fluvial nun
tramo de 200 metros, diferenciando claramente as zonas de tránsito
rodado do peonil, recuperando as marxes do río. O leito do río drágase
e mellórase no trazado do canle con muro de cachotería tradicional con
varandas de protección en aceiro inoxidable, pontes de madeira, paseo
con lousas de granito e farolas no paseo e a todo o longo da estrada
de circunvalación.
Por outra parte, esta urbanización busca a humanización do camiño
mediante a plantación de árbores e céspede, instalación de farois e a
colocación de bancos e papeleiras ao longo do trazado.
Este primeiro tramo da estrada de circunvalación dará moita
fluidez ao tráfico rodado da zona, e irá construída con asfaltado en
quente de 8 cm de espesor, novos tubos de saneamento con separativa
para pluviais e fecais.
A actuación afecta a unha superficie total de 8.895 m2 e o seu
orzamento elevouse a 1.252.220 €, sendo subvencionado integramente
pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á
que lle queremos agradecer a consecución de dito proxecto e, por
suposto, non podemos esquecernos dos veciños que nos deron todas as
facilidades para poder levar a bo fin esta gran obra e que desde aquí,
e en nome de todos os veciños da Pobra, queremos darlle as grazas
porque coa súa xenerosidade poderemos gozar desta importante
infraestrutura".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Barbanza-Noia, 26 de abril de 2011. A canteira literaria nestas
bisbarras segue a colleitar premios. Os membros do xurado do concurso
literario Ánxel Casal deu a coñecer onte aos gañadores da XVI Edición,
que neste caso recaeron en alumnos de colexios e institutos de Noia,
Boiro e Santiago. En total presentáronse case 40 traballos chegados de
toda Galicia.
Na modalidade de poesía, o primeiro premio recaeu en Ismael Ramos
Castelo, do I.E.S Virxe do Mar, de Noia, polo traballo "Casa Tomada".
Segundo o xurado, "hai que destacar o traballo na arquitectura do
poemario constituído por catro partes e un post scriptum. É
interesante o diálogo entre as citas, dunha estirpe de escritoras moi
concreta, e a aportación do autor.. Ademais debe salientarse a tensión
reservada para o derradeiro verso, na súa precisión e no coidado da
palabra".
En canto aos traballos presentados na modalidade de Conto, Lucía Laíño
Lojo, do IES A Cachada, de Boiro, acadou o primeiro premio coa obra
SMP15. Para o xurado, estamos ante un conto que non e conto, que é
unha novela, que engaiola pola ambición da narradora de contalo todo,
cunha estructura orixinal, actual e cun elemento fantástico moi ben
introducido no mundo real. En segundo posto quedou Alba Sofía Naseiro
Lamas, do IES Basanta Silva., de Vilalba, co título Os ollos da
pantasma, un relato de pautas, de estilo clásico, con clara
inspiración gótica e vitoriana, apuntando unha linguaxe imitadora da
novela do XIX.
O traballo presentado por Helena Salgueiro Golán, do IES Antón
Fraguas., de Santiago de Compostela, co título "O transitorio das
palabras" foi merecente segundo o xurado do segundo premio xa que
"quere chamar a atención sobre o traballo desenvolvido coa linguaxe, e
a utilización do espacio do poema poñendo a proba a sintaxe. É
interesante, así mesmo, o tratamento da palabra en relación ao
silencio e a contención como fórmula que resolve o desencontro no acto
poético".
No apartado de Teatro, a gañadora foi Concepció Rubert Castro, do
Colexio La Salle, de Santiago de Compostela, polo traballo "Eros &
Psique". O comentario dos expertos destaca a singularidade do tema
abordado que actualiza o mito clásico de Eros e Afrodita levando o
conflito ao tempo actual. Salienta así mesmo a fluidez da escrita e a
estrutura dramática moi coidada, tanto nas acoutacións como no
desenvolvemento dunha peza concibida para ser representada. O segundo
premio declarouse deserto.
ACTA DO XURADO DA XVI EDICIÓN DO CONCURSO LITERARIO ÁNXEL CASAL 2011
Logo da convocatoria do Departamento de Educación deste Concello para
os efectos de elixir os premios da XVI Edición do Concurso Literario
Ánxel Casal nas modalidades de conto, teatro e poesía, reúnense no
Salón Verde do Concello de Santiago de Compostela os seguintes membros
do xurado:
Mercedes Rosón Ferreiro
Marcos Sánchez Calveiro
Concelleira de Educación Escritor
Xosé M. Rodríguez – Abella Gómez
Secretario do Xurado
Manolo Bragado
Director da Editorial Xerais
Dores Tembrás Campos
Poeta
Rosa López Gato
Profesora de Lingua e Literatura Galega
Ás 9:30 horas do día 25 de abril de 2011, a presidencia abre unha
quenda de intervencións para que os membros do xurado expoñan os seus
criterios con respecto aos traballos presentados a esta XVI Edición do
concurso literario Ánxel Casal.
Logo das oportunas deliberacións, resultan elixidos os seguintes textos:
Na MODALIDADE DE POESÍA:
1º Premio, presentado por Ismael Ramos Castelo, do I.E.S Virxe do Mar,
de Noia, co título Casa Tomada e baixo o pseudónimo Antítese da
Ruína.
Comentario:
Hai que destacar o traballo na arquitectura do poemario constituído
por catro partes e un post scriptum. É interesante o diálogo entre as
citas, dunha estirpe de escritoras moi concreta, e a aportación do
autor. Ademais debe salientarse a tensión reservada para o derradeiro
verso, na súa precisión e no coidado da palabra.
2º Premio, presentado por Helena Salgueiro Golán, do IES Antón
Fraguas, de Santiago de Compostela, co título O transitorio das
palabras e baixo o pseudónimo Valsanviz.
Comentario:
O xurado quere chamar a atención sobre o traballo desenvolvido coa
linguaxe, e a utilización do espacio do poema poñendo a proba a
sintaxe. É interesante, así mesmo, o tratamento da palabra en relación
ao silencio e a contención como fórmula que resolve o desencontro no
acto poético.
MODALIDADE DE TEATRO:
1º Premio, presentado por Concepció Rubert Castro, do Colexio La
Salle, de Santiago de Compostela, co título Eros & Psique e baixo o
pseudónimo Rufa López .
Comentario:
O xurado destaca a singularidade do tema abordado que actualiza o mito
clásico de Eros e Afrodita levando o conflito ao tempo actual. Destaca
a fluidez da escrita e a estrutura dramática moi coidada, tanto nas
acoutacións como no desenvolvemento dunha peza concibida para ser
representada.
2º Premio, declárase deserto.
En canto aos traballos presentados na MODALIDADE DE CONTO:
1º Premio, presentado por Lucía Laíño Lojo, do IES A Cachada, de
Boiro, co título SMP15 e baixo o pseudónimo Ericium.
Comentario:
Un conto que non é conto, que é unha novela. Engaiola pola ambición da
narradora de contalo todo, cunha estrutura orixinal, actual e cun
elemento fantástico moi ben introducido no mundo real.
2º Premio, presentado por Alba Sofía Naseiro Lamas, do IES Basanta
Silva, de Vilalba, co título Os ollos da pantasma e baixo o
pseudónimo Rosalía Branco .
Comentario:
Un relato de pantasmas, de estilo clásico, con clara inspiración
gótica e vitoriana.
Apunta unha linguaxe imitadora da novela do XIX.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2011
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Será na aula da Rede Cemit, de Noia
Noia, 26 de abril de 2011. O luns 2 e o mércores 4 de maio celebraranse na aula Multimedia CeMIT de Noia unhas xornadas sobre o networking e as redes sociais profesionais, impartidas por David Saavedra Pino e Juan José Romero Crusat.
Finalidade:
Coñecer a potencialidade do NETWORKING e das REDES SOCIALES PROFESIONALES na búsqueda de emprego.
Programa:
Ponentes:
Duración:
Días:
Información e inscripcións:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
“Presente e futuro no rural de Rianxo”, leva por título
Rianxo, 26 de abril de 2011. A Asociación para a Defensa do Rural “Leiras” de Rianxo comunica que o próximo sábado, día 30 de abril, ás 19:30 horas no Auditorio de Rianxo vaise celebrar unha charla-coloquio, na que están convidados a participar os candidatos do BNG, PP e PSOE á alcaldía deste concello e que estará moderada por José Manuel Triñanes, director de Radio Boiro.
Como as liñas prioritarias da Asociación “Leiras” se concentran na defensa dos intereses e valores do medio rural de Rianxo, organizou este acto para que os diferentes candidatos expoñan as liñas principais do seu programa electoral con respecto a este ámbito. Deste xeito, os veciños e veciñas poderán coñecer de primeira man cales son as políticas e actuacións que cada unha das candidaturas ten previsto levar a cabo no rural en relación á consideración que terá no Plan Xeral de Ordenación Municipal –nestes momentos, en proceso de elaboración-; na dotación de servizos básicos; na apertura e acondicionamento de viais; na dinamización da súa actividade industrial, comercial e económica; na creación ou mantemento de áreas recreativas; na súa inclusión nas programacións culturais; e na recuperación dos seus bens patrimoniais.
Para que todas estas cuestións se poidan abordar, os candidatos terán a oportunidade de facer unha presentación inicial, na que, de forma xeral, poidan aludir aos seus proxectos en relación ao rural. Posteriormente, o moderador pasará a facerlles unha serie de preguntas, que serán complementadas por outras que poderán facer os mesmos asistentes, por medio dunhas tarxetas que terán á súa disposición.
Tediosos programas electorais que ninguén le
Trátase, en fin, dun acto informativo "que consideramos de suma relevancia por permitir coñecer con certo detalle as actuacións futuras que se van levar a cabo no ámbito rural que, en moitas ocasións, quedan difusas nos tediosos programas electorais, que, á súa vez, case ninguén le. Asemade, consideramos que é un acto que pon no centro da vida municipal o medio rural, que sempre está relegado a un segundo plano, pese a ter un gran peso no Concello de Rianxo. Daí que este acto pioneiro, pois é a primeira vez que se realiza un destas características, sexa decisivo para a orientación do voto de moitos rianxeiros e rianxeiras dos núcleos rurais, cansos de que os encadren na segunda división", explican dende Leiras de Rianxo.
Historia de Leiras
A Asociación para a Defensa do Rural “Leiras” de Rianxo foi fundada no mes de febreiro de 2009 por un grupo de persoas que se sentían preocupadas e sensibilizadas ante o abandono e involución que estaban a experimentar as zonas rurais do Concello de Rianxo. Ante a imposibilidade de que os seus núcleos rurais medrasen, por non existir un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e ser elevadísimo o custo da adquisición e rehabilitación dunha casa no rural, moitos dos mozos e mozas que tiñan intención de asentarse neste medio, víronse na obriga de marchar para concellos limítrofes pola súa atractiva oferta de vivendas. Esta marcha das novas xeracións e a desaparición da xente de idade, por cuestións biolóxicas, está a derivar nunha perda de masa poboacional considerable no rural, o que repercute negativamente na súa economía, desenvolvemento, estado de conservación…
Todas estas razóns foron, pois, o xerme da constitución da citada Asociación que ten, entre os seus obxectivos:
Por todo isto, esta Asociación procurou información e buscou asesoramento en todas aquelas cuestións que conducisen cara ao cumprimento destes obxectivos, ademais de facer as peticións e reclamacións antes as entidades oportunas para que as súas demandas fosen escoitadas (ver anexo I).
ANEXO I: Accións de “Leiras”
Dende a súa constitución no mes de abril de 2009, a Asociación para o Desenvolvemento do Rural “Leiras” de Rianxo realizou as seguintes accións:
> Reunións con diferente persoal técnico (arquitectos, avogados…) para informarse sobre a elaboración de Plans Xerais de Ordenación Municipal e, en concreto, sobre a situación do Concello de Rianxo a nivel urbanístico.
> Reunións por todas as parroquias para dar a coñecer a Asociación e facer socios, así como para saber das inquietudes, preocupacións… dos seus veciños.
> Reunións con sectores económicos relacionados co urbanismo.
> Intervención en diferentes medios de comunicación (televisión, prensa…) para dar a coñecer a Asociación e as súas diferentes accións.
> Solicitude, ante as entidades pertinentes, para que se revisasen as velocidades de tránsito que supuñan un verdadeiro perigo en certas vías.
> Reunións e tomas de contacto con diversos organismos para a petición de axudas que contribuísen á consecución dalgúns dos obxectivos da Asociación.
> Atención a todas aquelas peticións ou queixas presentadas polos nosos socios e que tivesen relación cos fins da Asociación.
> Realización de varias xuntanzas co alcalde e diferentes membros da súa corporación e persoal técnico do Concello de Rianxo para falar dos seguintes temas:
> Presentación da Asociación.
> Problemática do anterior Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) elaborado pola empresa Arteplan.
> Delimitación dos núcleos rurais, o que permitiría un avance na elaboración do PXOM.
> Compromiso por parte do Concello para que se busque unha fórmula ou un sistema concreto para que se coñeza o parecer da veciñanza con respecto á elaboración do novo PXOM.
> Compromiso por parte do Concello para que se presenten avances do PXOM e os veciños, en tempo e prazo, poidan facer as alegacións oportunas.
> Revisión do traballo realizado pola arquitecta municipal dadas as queixas que sobre o seu labor se manifestaron.
> Creación dunha oficina de urbanismo con persoal especializado para que atendese, con adecuación, os problemas puntuais de cada un dos veciños en materia de urbanismo.
> Maior atención ás necesidades, carencias e deficiencias que presentan os núcleos rurais de Rianxo.
> Estabelecemento de prácticas que dinamicen a vida económica e social das aldeas do Concello.
> Recuperación do noso patrimonio cultural e artístico (petición de información sobre a desaparición dun cruceiro en Somoza).
> Petición de axudas dadas pola Xunta de Galicia para que as persoas das aldeas tivesen a oportunidade de contar con autobuses gratuítos para desprazarse a Rianxo.
> Petición para que o Concello incluíse as aldeas dentro do circuíto de actividades culturais que organiza durante todos os veráns.
> Xuntanzas cos grupos políticos da oposición para coñecer o seu parecer sobre o PXOM.
> Realización de consultas particulares aos socios para saber cál era a súa intención de edificar nalgunha das súas propiedades. Cubríuselle unha solicitude que se acompañou coa correspondente documentación catastral. A seguir, confeccionáronse mapas de todo o concello, para marcar as referencias indicadas polos socios. Queremos entregarlle todo este material ao equipo redactor, pois dende o mes de setembro estamos á espera de ser convocados polo Concello que, no seu día, nos prometera esta reunión e, pese aos insistentes recordatorios pola nosa parte, aínda non fomos convocados.
> Plan de Ordenación do Litoral (POL). Pediuse información a través de diferentes vías (teléfono e escritos que entraron por rexistro) para coñecer o avance feito pola Xunta de Galicia ao respecto para Rianxo, período de exposición pública, alegacións... Así mesmo, solicitóuselle ao equipo de goberno que se fixesen charlas informativas sobre o citado avance. Asistiuse a estas charlar, estudáronse as alegacións feitas polo Concello e fixéronselles certas apreciacións, atendendo sempre aos intereses xerais e particulares da Asociación e dos seus socios.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 26 de abril de 2011. A venta de entradas para a Comida de Confraternidade Popular que organiza o PP de Ribeira "vai a bo ritmo, e as previsións apuntan a encher o sábado 30 de abril a carpa que para tal ocasión se instalará na esplanada portuaria, a carón do Club Náutico", explican fontes do partido.
Esta comida, programada para as 14.30 horas do citado sábado día 30, servirá para presentar ante a sociedade ribeirense aos candidatos que acompañarán na lista a Manuel Ruiz Rivas nas súas aspiracións á Alcaldía.
Está confirmada a presenza na xuntanza de Alberto Núñez Feijóo, así como do presidente do Partido Popular no País Vasco, Antonio Basagoiti.
Os veciños interesados en participar aínda están a tempo de adquirir as súas entradas na sede do Partido Popular de Riveira (na rúa Pérez Galdós, 14, de Santa Uxía) e nos demais lugares de costume. O prezo é de 10 euros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 26 de abril de 2011. El candidato del PSdeG a la alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña, se comprometió el pasado día 24 a que la capital del Barbanza “teña definido” su Plan Estratégico “no primeiro trimestre do 2013” si los ribeirenses respaldan su candidatura en las elecciones municipales del 22-M. El candidato socialista también se comprometió a reclamar ante la Xunta un Plan Director para el puerto de Ribeira. “Comprométome a poñer a Ribeira no centro das axendas, a conseguir para a cidade unha proxección exterior”. Así lo anunció durante la presentación de su candidatura en un salón de actos de la Casa do Mar de la capital del Barbanza lleno hasta la bandera. Andrés Fariña contó con el respaldo del ministro de Justicia, Francisco Caamaño; del presidente de la Diputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; del alcalde de Santiago de Compostela, José Sánchez Bugallo, y de cientos de militantes y simpatizantes.
Derribos Feijóo
El ministro de Justicia, en su intervención, criticó la política de la Xunta. Y calificó el Gobierno autonómico como “Derribos Feijóo”. “É un bo nome para esa empresa”. Citó una serie de logros conseguidos con anterioridad que , a su juicio, “derribou” el presidente de la Xunta, como, por ejemplo, los libros gratuitos para escolares, seguros para la gente del mar o la agilización de las listas de espera. “Día a día desmantelan todo”, apuntó Caamaño, quien recordó que Núñez Feijóo “sólo quere as competencias que lle gustan”.
El ministro también censuró la política antiterrorista que defiende el PP. “Canto máis avanzamos cara a fin de ETA, máis nerviosos se poñen no Partido Popular”. Francisco Caamaño indicó que los populares hacen cualquier cosa sólo para evitar reconocer que la política del Gobierno “é a máis eficaz na loita contra ETA”. Y puso el ejemplo de las más de 725 etarras detenidos desde 2004, “oito por mes”. “Detivéronse catro cúpulas [de ETA] e seguimos a loitar en todos os frentes”, reiteró el ministro de Justicia, quien recordó que “vivimos nun estado de dereito”.
“Mal empezamos se lle decimos aos xuices o que teñen que facer”. Francisco Caamaño se refirió así a la decisión de la justicia de excarcelar al etarra Troitiño. “Temos que deixar que sexan os xuices os que decidan”. El ministro aludió con esta sentencia tanto a la decisión de excarcelarlo como, posteriormente, decidir emitir una orden de busca y captura.
El alcalde de Santiago de Compostela, por su parte, destacó dos virtudes del candidato de PSdeG a la alcaldía de Ribeira: “Honestidade e bonomía”. Y aseguró que Andrés Fariña “será un bo alcalde” para la capital del Barbanza. “Terá a oportunidade de reconducir a dirección”, manifestó en referencia a las carencias que tiene la ciudad. Bugallo echó en falta un proyecto de ciudad para Ribeira “e para que os seus veciños teñan máis calidade de vida”.
Por su parte, el presidente de la Diputación da Coruña, destaco la “xenerosidade” de Andrés Fariña por “renunciar a algo que xa está conseguido”, en referencia al gobierno en la ciudad de Santiago, “para pelexar por algo que non vai ser fácil”, en alusión a la alcaldía de Ribeira.
Concello como mayor empresa
Para Salvador Fernández Moreda, “o Concello é a maior empresa que ten este municipio”. Y para gestionarla hace falta “xente con experiencia de xestión; e Andrés xa a ten”. En opinión del presidente de la Diputación da Coruña, “os retos difíciles son os que merecen a pena”. El líder provincial del PSdeG también recordó que el PSOE “é un partido municipalista” porque “preocúpase de buscar solucións”. A su juicio, “o Concello é a empresa que xestiona a felicidade dos veciños”. Agradeció el compromiso adquirido por Andrés Fariña, pese a que “quizá fose máis cómodo quedarse en Santiago”.
El candidato a la alcaldía de Ribeira se comprometió a hacer una política “humanista, progresista e para o benestar”. Y dijo estar convencido de que el PSOE “é necesario para o futuro desta cidade”. A su juicio, “o dificil é facer un proxecto de cidade no que participen todos”. Andrés Fariña, dirigiéndose a un abarrotado auditorio, prometió “trasladar a ilusión á cidade” y a los 9.271 ciudades de Ribeira que no fueron a votar en la última cita electoral municipal.
El candidato del PSdeG se comprometió, si cuenta con el respaldo de los votantes, a reclamar ante la Xunta un Plan Director Portuario para Ribeira. “Temos una desfeita de porto”, se lamentó. Al mismo tiempo se comprometió a dotar a la ciudad de “proxección exterior” y “situala no centro das axendas”. “Teño capacidade de decisión”, apuntó. En esa misma línea, Andrés Fariña se comprometió a tener listo y definido un Plan Estratéxico para Ribeira “no primeiro trimestre de 2013”. “A cidade precisa tomar medidas”.
"Indignaos" en el Día del Libro
El candidato del PSdeG a la alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña, y los demás integrantes de la candidatura, repartieron durante la mañana del 23 de abril, Día del Libro, en el malecón de Ribeira ejemplares de ‘¡Indignaos!’, en castellano, e ‘¡Indignádevos!’ en gallego, del autor francés Stéphane Hessel, un libro-manifiesto que llama a la movilización pacífica de los ciudadanos. La versión en castellano está prologada por José Luis Sampedro. Y la versión en gallego, por Manuel Rivas.
La candidatura del PSdeG celebró así el ‘Día del Libro’ con el reparto en el Malecón de Ribeira de ejemplares de un título que no deja indiferentes a los ciudadanos del mundo. Andrés Fariña pretende trasladar la inquietud plasmada en ese libro a los vecinos de Ribeira y evitar que caigan en la apatía y el conformismo, tal y como plantea Hessel’, un autor de 93 años que se ha convertido en la conciencia social de Francia y de medio mundo con un libro de únicamente 30 páginas.
Andrés Fariña, a través de ‘¡Indignaos!’ y de ‘¡Indignádevos!’, pretende trasladar a los vecinos de Ribeira un alegato para que éstos no se mantengan indiferentes y tomen partido ante la próxima cita electoral. Los integrantes de la candidatura del PSdeG, para celebrar el Día del Libro, también repartieron otros títulos para todas las edades.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia