Mostrando entradas con la etiqueta Arqueoneixón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arqueoneixón. Mostrar todas las entradas

5.10.10

Boiro: novo escándalo no CAB. Erros de todo tipo e plaxios na guía breve do complexo recén editada

A Nosa Señora da Guía: análise dun plaxio


Na páxina web do Centro Arqueolóxico acaba de poñerse a disposición do público unha Guía Breve do complexo (encántame este concepto) arqueolóxico de Neixón en PDF, financiada con fondos públicos e realizada por Víctor Barbeito Pose. http://centroarqueoloxicodobarbanza.org/docs/guia%20arqueo%20baja_spn.pdf Até aquí todo ben; o portal do CAB pon na Rede este documento para acceso de todo o mundo e ninguén criticará o feito de que se faga unha guía dunha área arqueolóxica. Agora ben. Os problemas son os seguintes:
1. A suposta guía está mal redactada e mistura ás veces galego e castelán, xa que se trata dunha burda tradución de textos alleos, escritos orixinariamente en galego polo equipo do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón dirixido por quen isto escribe.
2. Esta guía é totalmente indixerible polo público xeral e non é axeitada para unha correcta divulgación. É certo que isto é unha opinión, pero o que é inadmisible son os seguintes puntos.
3. A recreación dos castros de Neixón das páxinas 36 e 37 non ten absolutamente nada que ver coa realidade arqueolóxica documentada até o momento. É mentira, como xa apuntamos no seu día en Arqueoneixón.
4. O texto é un refrito de paragrafos enteiros que se atopan reproducidos en capítulos dos nosos libros publicados en Toxosoutos e en revistas especializadas. Así por exemplo, os apartados secuencia construtiva e características formais (páxs. 42 e 46) plaxian textos da miña autoría (Xurxo Ayán); o mesmo acontece co apartado de restos materiais (páxs. 46-50), que plaxia un texto redactado orixinariamente por Rafel Rodríguez. Máis escandaloso se cabe é o apartado adicado ao Castro Pequeno (páxs. 53-4)no que se plaxian paragrafos publicados no presente blog dando conta da nosa escavación de 2008.
5. Por suposto non aparece unha soa cita da autoría destes textos, nin nos créditos da publicación nin na bibliografía, inexistente. Escandaloso.
6. Incluso míntese ao asegurar que as cabanas reconstruídas no interior do Castro Grande son de época baixorromana (páx. 46), hipótese desbotada xa en 2007 coas escavacións dese ano que amosaron claramente como esas choupanas son do século I d. C. Un exemplo máis do descoñecemento absoluto do avance das investigacións, das publicacións recentes e do estado da cuestión.
7. Todo o mundo coñece a animadversión de Víctor Barbeito cara ao noso equipo de traballo, prexuízo que lle leva a obviar o noso traballo en Neixón. Esta actitude demencial lévao a non coller unha soa fotografía nin debuxo deste blog para ilustrar a guía, escaneando fotos en papel de intervencións de limpeza en Neixón de mediados dos anos 90 que non fornecen nada á comprensión da área arqueolóxica por público non especializado. Asemade, Víctor Barbeito fala de recentes intervencións como se fosen feitas por extraterrestres anónimos ou milagreiramente pola Nosa Señora da Guía.
8. O realmente gracioso é que o arqueólogo do CAB, malia non dar validez á nosa investigación, plaxia a mesma para redactar o 100 % da guía breve do complexo arqueolóxico de Neixón. Todo un paradoxo e unha evidencia máis da súa incompetencia.
A consecuencia de todo isto é a mesma de sempre: até cando se van dilapidar fondos públicos en actuacións enganosas carentes de calquer tipo de ética? até cando os cidadáns deben aturar este despropósito favorecido polo Concello de Boiro?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

15.7.10

Boiro: debuxos de ciencia ficción para promocionar os castros de Neixón


Aquí vedes reproducida unha reconstrución dos castros de Neixón que apareceu no libro das festas de Boiro 2010 e que seica vai ser a portada da guía breve da área arqueolóxica de Neixón. Seica esta era a visión de Neixón no século III a. C.
É lamentable que se engane á xente despois de anos e anos de escavacións, despois de centos de páxinas publicadas. O arqueólogo do CAB volve amosar a súa sapiencia con despropósitos como amosar habitado o Castro Pequeno cando os vestixios últimos de ocupación son do século V a. C., como inventarse entradas ao Castro Grande por onde non son, como inzar o interior do recinto superior do Castro Grande de casas no século III a. C., cando o único que había eran foxas esparexidas polo interior da croa (non era un poboado), como inventarse literalmente un antecastro habitado.
O que está claro é que aquí hai alguén que non sabe nada da área arqueolóxica que seica debe xestionar, que non leu nin unha páxina das memorias de escavación precedentes e que engana ao público visitante. Profesional, moi profesional.

A este paso, Pepe Carreiro (o comiqueiro autor de "Os Barbanzóns" e "Os Bolechas") vai ter máis criterio científico que algúns arqueólogos...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.2.10

Arqueoloxía: por que non hai esqueletes humanos nos Castros de Neixón?

A explicación en http://neixon.blogspot.com/2010/02/un-deposito-ritual.html

Pero lean sobre todo a visión dos novos arqueólogos galegos sobre o que se debe facer cos descubrimentos en http://neixon.blogspot.com/2010/02/un-deposito-ritual.html

En Certo, como publicación baixo licenza Creative Commons que somos, non podemos máis que estar totalmente de acordo con estes plantexamentos. Logo que non nos veñan falando de democratizar o saber ou divulgar a cultura os "de sempre" (políticos pesebristas, amigos do misterio e charlatáns varios).

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

28.1.10

Ribeira: outro concello gabeado ao carro da parapsicoloxía

O dolmen de Axeitos recibe así aos visitantes, logo de que alguén empregase un spray verde fosforito

Nacho Ares

En febreiro terá lugar en Ribeira a Iª Jornada del Misterio del Barbanza

No blog oficial pon:
I Jornada del Misterio del Barbanza.

El día 19 de febrero del 2010, hacia las ocho de la tarde, inauguraremos en Riveira (A Coruña), la "I Jornada del Misterio del Barbanza", que tendrá lugar en el Auditorio Municipal.

Esperamos que este evento tenga una notoria relevancia, ya que pensamos que se trata de una manera de ampliar la oferta cultural en un segmento que cuenta con un nutrido grupo de seguidores.

Asimismo, la idea es que anualmente se reitere esta convención en Riveira, y que se celebren otras análogas.

Para apadrinar esta Jornada inaugural se contará con la presencia de Nacho Ares y Jesús Callejo.

NACHO ARES es licenciado en Historia; egiptólogo; escritor que cuenta con 16 libros en su haber, abarcando diversos momentos de la Historia Antigua. Presentador del programa de radio "Ser Historia", en la Cadena Ser. Director de Revista de Arqueología del Siglo XXI, publicación con un enfoque a nivel arqueológico y antropológico en el desarrollo de las culturas humanas desde la Prehistoria hasta la Edad Media, en la que trabajan catedráticos, investigadores, arqueólogos e historiadores que forman un Comité Científico cuya presidenta es Su Majestad la Reina Doña Sofía. Ha sido realizador de varios programas televisivos de Cuatro, Antena 3, Tele 5, Canal 9 y Tele Madrid. Ha dirigido y presentado en el canal de Castilla y León durante 5 años el programa "Enigmas y Misterios".

JESÚS CALLEJO es Licenciado en Derecho por la Universidad de Valladolid. Tras ejercer varios puestos en la Administración Pública, se ha dedicado en cuerpo y alma a viajar, escribir libros, publicar artículos, dar charlas y convertirse en un divulgador e investigador de la historia más insólita. Como muchos sabéis, es uno de los miembros del programa "La Rosa de los Vientos", en Onda Cero Radio. Tiene en su haber una veintena de libros sobre lugares y recorridos mágicos, enigmas de la historia, el origen de las fiestas, leyendas y tradiciones populares y sobre personajes mitológicos, entre los que destacan: Bestiario mágico, Enigmas Literarios, Breve historia de la brujería, Secretos medievales o, más recientemente, Las profecías del Tercer Milenio y Fiestas Sagradas. Además es colaborador habitual de las principales revistas especializadas del sector como son “Año Cero”, “Enigmas”, “Historia de Iberia Vieja” y “Más Allá de la Ciencia”.

Temática de la jornada:

I.- "Historia y creación del Camino de Santiago y su paralelismo con el culto a la muerte en el Antiguo Egipto"; de la mano de Nacho Ares intentaremos abordar dónde, cuándo y de qué forma surge el movimiento que tantas personas atrae al corazón religioso de nuestra Comunidad Autónoma: Santiago de Compostela. La “Ruta Xacobea” tal y como hoy la conocemos, que fue instaurada a inicios de la Edad Media. Nacho Ares nos contará cómo se intentaron imitar modelos y costumbres funerarias que llegaron importadas hasta nuestro país.

II.- "El Arca de Noé, y la leyenda de cómo recaló la embarcación bíblica sobre la Sierra Del Barbanza". Jesús Callejo analizará los distintos intentos de expediciones por recuperar el Arca de Noé, cómo se han desarrollado estos trabajos y, asimismo, se adentrará en los orígenes de la famosa leyenda acerca de que el Arca de Noé terminó por encallar en “A Serra do Barbanza”. Leyenda que fue origen del topónimo: "Noia".

Confiamos en que el evento sea del agrado de todos los asistentes. Para cualquier pregunta o aclaración, pueden escribir a la siguiente dirección de correo-e: jornadamisteriobarbanza@gmail.com"

Comentarios de Certo:

En Porto do Son, o verán pasado, fíxose algo semellante, pero máis global aínda.

O arqueólogo Xurxo Ayán pregúntase por que suceden estas cousas precisamente por estas terras. E incluso se resposta el mesmo, xa que o primeiro que escavou nos castros de Neixón, Otero Acevedo, foi un parapsicólogo recoñecidísimo a nivel internacional (tamén era tuno, todo sexa dito, e non había apenas onde estudar arqueoloxía naqueles séculos).

Pero a historia, con minúsculas, continúa: arqueólogos de formación -suponse que científica- seguen a dar pábulo a lendas, misterios, supersticións e demais parafernalia da que se alimentan este tipo de divulgadores esotéricos. Sen ir máis lonxe, en Boiro temos un exemplo que serviu de cebo ao "grande" Iker Jiménez (a partires do minuto 2:36 do vídeo):

Pregúntanse no blog Arqueoneixón: "Axudará esta xornada a solventar os grandes misterios da Arqueoloxía barbanzónica? Terá máis concurrencia e éxito que os IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza? É máis Arqueoloxía esta Arqueoloxía esotérica cá Arqueoloxía académica? Hai extraterrestres na Centro Arqueolóxico de Barbanza? Hai concelleiros de Cultura abducidos por entes estranos? Haberá visita guiada á aldea maldita por recoñecidos arqueólogos locais?"

Non se perdan estas xornadas. Como diciamos no caso da "auga pesada" do Son, se son crédulos, vostedes mesmos. E se non o son, aguanten. Polo menos as gargalladas. Ademais, é unha actividade "cultural" pagada cos cartos dos impostos. Van desaproveitala?

21.10.09

Arqueoloxía: Neixón e Vieito, dous castros irmáns?

Iso suxire o blog Arqueoneixón en http://neixon.blogspot.com/2009/10/castros-irmanados.html
Cuxa imaxe vén de http://www.castrodovieito.co.cc/
E sobre o Castro do Vieito, en Viana do Castelo, (en galego sería Bieito? Benito en castelán? ou é outra etimoloxía?) pouco podedes mirar na Wikipedia: http://pt.wikipedia.org/wiki/Castro_do_Vieito

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

12.5.09

Cortáis mogollón el rollo


Aínda nos rimos un anaco coa última entrada de Arqueoneixón. Lea

28.4.09

Eran estas as piraguas dos que vivían nos castros galegos?



Vía Capítulo 0




















E non se perdan esta entrada de Xurxo Ayán en Arqueoneixón sobre os "timos para-arqueolóxicos". Aquí

9.10.08

Neixón en Santiago, o venres 10

ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Os Castros de Neixón II

O venres ás 20:00 horas (oito da tarde para que non manexe horas dobres) no salón de actos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Rúa de San Roque 2, Santiago) terá lugar a presentación da monografía Os Castros de Neixón II: de espazo natural a paisaxe cultural. Serie Keltia, 40. Toxosoutos. Amig@s do blog arqueoneixón, estades todos convidados.

5.3.08

Arqueoloxía pirata



Por que nos detemos na figura de Roberto González del Blanco? Porque tiña a súa residencia de verán no pazo de Agüeiros (Cespón) e foi o segundo escavador do Castro Pequeno de Neixón, con anterioridade á escavación de 1925 de Cuevillas e Bouza Brey...

Blogged with Flock

22.2.08

Política, arqueoloxía e cultura


Homenaxe a Castelao en Neixón en 1912 (Acuña)

"Así era vista a Punta de Neixón por este esnobismo vilego rianxeiro da época (citamos ab extenso): En extremo simpática fue la fiesta que aquí se celebró el viernes de la pasada semana para honrar al gran caricaturista Castelao, á Daniel como familiarmente en Rianjo se le llama.
Cierto es que en ella no hubo el aparato y corrección propios de la solemnidad académica, ni se pareció siquiera á banquete de diputado, con discursos hueros, sesudos, que tanto daño hacen después de comer; allí sólo reinaron la cordialidad y la alegría y, sobre todo, un inmenso cariño hacia el famoso artista que ya se ha hecho popular en toda España. Acompañados de dos distinguidos hijos de Santiago, el simpatiquísimo y excelente fotógrafo Enrique Guerra y el
notable pintor Ernesto Carrero, llegaron á Rianjo; el mismo día á las diez de la mañana, muchos padroneses que fueron recibidos con bombas, á pesar de haberlas prohibido el alcalde."

"San Vicenzo de Cespón, parada e fonda no camiño do rexionalismo ao galeguismo político e cultural Manuel Otero Acevedo e Roberto González del Blanco deron a coñece-la riqueza arqueolóxica da parroquia de San Vicenzo de Cespón nas dúas primeiras décadas do século pasado. Coa súa erudita iniciativa abriron o camiño da Arqueoloxía galeguista, como así aconteceu noutras zonas de Galicia. Sen embargo, neste caso, a actividade desenvolta en 1925 insírese nun amplo marco intelectual e ideolóxico marcado por un contexto local que deu importantes personaxes á causa galeguista e que sen dúbida influíu na elección de Neixón e da Serra de Barbanza como campo de experimentación dunha Arqueoloxía plantexada ao servicio da construción da identidade nacional galega".

Canto máis lemos, máis nos impresiona esta ponencia de Xurxo Ayán para o II Encontro de Arqueoloxía do Barbanza que se celebra esta fin de semana en Boiro. Descárguena aquí, paga moito a pena. Non só para a xente da zona, en serio...

18.2.08

Premio Historia Medieval 2006: crítica

Ab Urbe Condita /
18 - 2 - 2008/

A obra gañadora do Premio de Historia Medieval de Galicia no 2006 é unha ollada de múltiples enfoques sobre os primeiros signos de articulación do territorio cara ó proceso de xestación das cidades galegas. A interdisciplinariedade elixida esixe, segundo Xurxo M. Ayán, un mellor nivel formativo do demostrado no texto ao que ainda asi recoñece méritos como aproximación ao tema de estudo.
Crítica do libro XéNESE DO ESPAZO URBANO EN GALIZA de | LG3 | O soportal da Literatura Galega

Xurxo M. Ayán é un dos redactores de Arqueoneixón, o blog que fala, entre outras cousas, dos achádegos nos castros de Neixón, en Boiro.
A editorial que publica este libro, e que concede este premio, é Toxosoutos, de Noia.

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical