Carlos Gey pediu o apoio para a súa candidatura aos veciños alí congregados e a todos os rianxeiros e o actual alcalde, Pedro Piñeiro, pasoulle a testemuña cun emotivo discurso.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Carlos Gey pediu o apoio para a súa candidatura aos veciños alí congregados e a todos os rianxeiros e o actual alcalde, Pedro Piñeiro, pasoulle a testemuña cun emotivo discurso.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Nota íntegra:
"Segundo os informes da APLU o Centro de Artes Escénicas incumpre, entre outros moitos preceptos, o regulamento de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas, polo que non se podería conceder licenza para a súa apertura, o que provocaría a inutilidade do local e o conseguinte prexuízo para os veciños de Dodro.
Resulta sorprendente que despois de denunciar as máis que posibles ilegalidades desta obra en catro plenos distintos, o goberno PSOE-BNG non se tivera molestado o máis mínimo en tratar de corrixir algunha delas, e en cambio, intentase lanzar un reto ó Partido Popular con fin de atemorizalo e que non denunciase esta escandalosa ilegalidade que avergonza ó noso Concello. Como se pode pretender que os veciños se axusten á legalidade cando é o goberno o primeiro que incumpre as regras que el mesmo establece? Os veciños non poden e o Concello si? Non é xusto!
Unha vez descubertos os feitos, resulta evidente a razón pola que a arquitecta municipal que vén informando todas as obras nos últimos anos non fixo o informe técnico, recurrindo ex profeso o goberno PSOE-BNG a un aparellador, implicado en obras de particulares con expedientes urbanísticos abertos.
Por outra banda, resulta sumamente esclarecedor que a secretaria titular do Concello de Dodro non fora a encargada de facer o informe xurídico necesario para a obra do Centro de Artes Escénicas, e “casualmente” se lle abrira un expediente disciplinario co fin de despedila, o que poría de manifesto o “axuste de contas” que tanto a Sra. Victoria Rey Mariño como o Sr. Arturo Díaz pretenden levar a cabo despedíndoa.
Vista obxectivamente, a manobra política deseñada pola Sra. Victoria Rey é autenticamente maquiavélica. Se a APLU non interviñese, ela sacaría rédito político como promotora da obra, namentres que en caso de non saír adiante, tal e como é o caso, non tería que afrontar ningún tipo de responsabilidade pois non formou parte do tribunal de selección. Deste xeito, e tras a dimisión de Anxo Franco, os máis afectados serían Arturo Díaz e o responsable de Urbanismo e Obras José Luis Fernández Reboiras, e quenes terían que facer fronte ante posibles responsabilidades. Desta forma, á Sra. Victoria Rey quedaríalle o camiño libre para encabezar a coalición BNG-PSOE".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia