Mostrando entradas con la etiqueta Neixón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neixón. Mostrar todas las entradas

17.12.08

Atapuerca, no "top ten" de achádegos arqueolóxicos na revista Archaeology

Archaeology Magazine's Top 10 Discoveries of 2008

Nós, na nosa modestia, meteríamos no "top ten" a moeda de Franco atopada en Neixón este verán.
Todo un símbolo do que está a pasar neste país coa memoria histórica, que ninguén ousaba levantar...


A entrada orixinal en Arqueoneixón, http://neixon.blogspot.com/2008/07/busto-de-fra.html

16.12.08

A nova autovía vista polos arqueólogos




Cremos que esta obra exemplifica moi ben o conflicto entre tradición e Modernidade, cun impacto crítico sobre os concheiros debaixo da ponte (unha das zonas máis ricas en molusco de toda a ría de Arousa), e coa modificación definitiva dunha vella paisaxe.

O novo milenio pechou dunha vez por todas a comunicación marítima do mar de dentro (a aldea de Arribada en Cespón), o remorso traumático da ponte Beluso na guerra contra o francés e no golpe de Estado do 36, a estampa milenaria da seca...
ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Per loca maritima

Lea todo o comentario na ligazón superior. Paga a pena.


5.11.08

Guerra na universidade

ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Guerra na universidade

Un interesante proxecto. Arqueoloxía sobre o antonte.

24.7.08

Galicia en guerra

ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Galicia en guerra

Hai fotos que falan por si mesmas. Pero aquí en España aínda hai unha "Fundación Francisco Franco". Que pagamos todos, como os 12 millóns de euros que se adican aos touros que só ven algúns.Mesturamos todo? Non, hai un nexo claro: violencia. Contra as persoas e contra os animais

16.4.08

A quen pertence o que se atopa?

A quen pertencen os obxectos? Localismo, política e identidade mistúranse cun aquel postmoderno nas reclamacións dos Papeis de Salamanca, a dama de Elche, as esculturas do Partenón... En Galicia contamos cun recente exemplo, de manual. Velaí vedes aos políticos pendentes dun ungüentario palestiniano (séculos III-VII d. C.) que, tras unha longa campaña con plataforma cidadá incluída (El ungüentario es de Vigo, era o lema), voltou á cidade olívica, onde fora descuberto nunhas escavacións arqueolóxicas en 2003
ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: El ungüentario es de Vigo
Blogged with the Flock Browser

24.2.08

Encontros do CAB

No Barbanza non temos desertos, pero de area abofé que non andamos escasos. As nosas dunas tamén agachan interesantes misterios arqueolóxicos.

Pasamos a mañá do sábado nos II Encontros de Arqueoloxía do Barbanza que se celebraron, ao igual que o ano pasado, no Centro de Interpretación dos castros de Neixón. O programa matinal foi ben interesante. En primeiro lugar, José Manuel Rey rememorou unha mítica excavación dos 80 levada a cabo no illote de Guidoiro Areoso, no medio da Ría de Arousa. Como ves na foto, o Guidoiro Areoso é unha illa case paradisíaca, que combina unha área dunar e outra formada por grandes cons. Nese illote había un auténtico cemiterio megalítico. Os arqueólogos excavaran unha pequena anta totalmente expoliada que está no cumio, e despois, “por pura fortuna”, atoparon un incríbel monumento circular soterrado baixo tres metros de area, construído a finais do megalitismo e empregado ata o principio da Idade do Bronce. Ao carón do monumento, os arqueólogos atoparan ata 80 olas cerámicas de gran calidade, algunhas delas campaniformes, e algunhas pezas metálicas, xunto con ósos de bóvidos, cápridos, suídos e mesmo dunha foca monxe. “Aínda teño pesadelos”, dixo Rey, “cunha pequena estrutura do carón que podería ser un enterramento secundario”. É a frustración das campañas arqueolóxicas, cando quedas a piques de descubrir algo.
Cidades e tumbas baixo a area do Barbanza | Capítulo 0

Un barbanzán, de Palmeira, relátanos a mañá do sábado. En Capítulo 0, unha bitácora que se vai facendo referente xa.

Blogged with Flock

22.2.08

Política, arqueoloxía e cultura


Homenaxe a Castelao en Neixón en 1912 (Acuña)

"Así era vista a Punta de Neixón por este esnobismo vilego rianxeiro da época (citamos ab extenso): En extremo simpática fue la fiesta que aquí se celebró el viernes de la pasada semana para honrar al gran caricaturista Castelao, á Daniel como familiarmente en Rianjo se le llama.
Cierto es que en ella no hubo el aparato y corrección propios de la solemnidad académica, ni se pareció siquiera á banquete de diputado, con discursos hueros, sesudos, que tanto daño hacen después de comer; allí sólo reinaron la cordialidad y la alegría y, sobre todo, un inmenso cariño hacia el famoso artista que ya se ha hecho popular en toda España. Acompañados de dos distinguidos hijos de Santiago, el simpatiquísimo y excelente fotógrafo Enrique Guerra y el
notable pintor Ernesto Carrero, llegaron á Rianjo; el mismo día á las diez de la mañana, muchos padroneses que fueron recibidos con bombas, á pesar de haberlas prohibido el alcalde."

"San Vicenzo de Cespón, parada e fonda no camiño do rexionalismo ao galeguismo político e cultural Manuel Otero Acevedo e Roberto González del Blanco deron a coñece-la riqueza arqueolóxica da parroquia de San Vicenzo de Cespón nas dúas primeiras décadas do século pasado. Coa súa erudita iniciativa abriron o camiño da Arqueoloxía galeguista, como así aconteceu noutras zonas de Galicia. Sen embargo, neste caso, a actividade desenvolta en 1925 insírese nun amplo marco intelectual e ideolóxico marcado por un contexto local que deu importantes personaxes á causa galeguista e que sen dúbida influíu na elección de Neixón e da Serra de Barbanza como campo de experimentación dunha Arqueoloxía plantexada ao servicio da construción da identidade nacional galega".

Canto máis lemos, máis nos impresiona esta ponencia de Xurxo Ayán para o II Encontro de Arqueoloxía do Barbanza que se celebra esta fin de semana en Boiro. Descárguena aquí, paga moito a pena. Non só para a xente da zona, en serio...

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical