Mostrando entradas con la etiqueta adxudicacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta adxudicacións. Mostrar todas las entradas

5.12.12

Ribeira: adxudicada a Aldasa o saneamento de Reiriz e Olveira de Arriba

  • O Concello tamén informou dos 77.000 euros que se están a investir na rede de saneamento, auga potable e pluviais na Revolta, na parroquia de Castiñeiras

Media_httpfarm9static_gzlhk

Zona de Reiriz na que se vai actuar

Ribeira, 5 de decembro de 2012.- A xunta de goberno local do Concello adxudicou á empresa C. Aldasa, S.L.U., a actuación consistente na instalación de saneamento e pluviais nos lugares de Olveira de Arriba e Reiriz, ambos situados na parroquia de Olveira. Houbera 68 ofertas presentadas á licitación. A actuación foi adxudicada por un prezo final de 281.747,34 euros e un prazo de execución de 61 naturais. A día de hoxe, os dous núcleos citados carecen de rede de saneamento e pluviais, existindo unicamente algún tramo de cuneta destinado a canalizar as augas superficiais.

Media_httpfarm9static_dedjd

Zona de Olveira de Arriba

Técnicos municipais elaboraron un proxecto co obxectivo de instalar unha rede de saneamento que ofreza servizo aos veciños de ambas zonas, e que consistirá na colocación de dúas tubaxes (unha de 1.119 metros e outra de 164) de PVC compacto, dispoñéndose 43 pozos a 1,70 metros de profundidade e outros 13 a 2,90 metros. A través dos colectores indicados conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo no que se instalarán dúas bombas somerxidas. Dende aí, as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade ata a súa conexión á rede xeral.

Tamén se prevé a instalación dunha rede de pluviais a través de dúas tubaxes de 371 e 177 metros de PVC corrugado. Disporanse 26 pozos a 1,70 metros de profundidade, 17 arquetas sumidouro e unha canaleta con reixa de 37 metros.

Pavimentación

No que se refire á pavimentación, se empregarán diversos materiais en función da zona. Así, no núcleo de Olveira de Arriba e nunha parte do núcleo de Reiriz se colocará adoquín rústico de dimensións 20x10x6 centímetros; mentres que en diversos ramais de Reiriz se pavimentará con formigón armado. A actuación está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Saneamento na Revolta, en Castiñeiras

Media_httpfarm9static_bouac

O Concello informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida á instalación de rede de auga potable, saneamento e pluviais en A Revolta, lugar situado na parroquia de Castiñeiras. A empresa Excavaciones Nima, S.L., será a encargada de executar a obra, que ten un importe de 76.856,92 euros. O prazo de execución de 3 meses.

Actualmente na zona obxecto de actuación non existen servizos de auga potable, saneamento e pluviais.  Co obxecto de subsanar esta carencia, o Concello dispuxo unha actuación que inclúe, no que respecta ao abastecemento de auga potable, a colocación de 300 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade, cun diámetro de 75 milímetro. Polo que respecta ao saneamento, instalaranse 226 metros de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro e 49 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros.

En canto a pluviais, empregarase unha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 115 metros de lonxitude. Instalaranse 8 arquetas sumidoiro e cinco pozos de rexistro. Todas as canalizacións irán soterradas en gabia. O pavimento afectado será reposto cunha mestura bituminosa tipo D-12.

A actuación adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.11.12

Ribeira: o Concello planta árbores resistentes a climas costeiros no peirao de Aguiño

  • O Concello tamén informou de novas adxudicacións, a do centro de ocio de Oleiros e as do novo mercado
  • O do quiñón, suprimido da ordenanza fiscal

Media_httpfarm9static_pgfco

Porto de Aguiño

Ribeira, 23 de novembro de 2012.- O Concello vén de iniciar, baixo o paraugas da mancomunidade de municipios Arousa Norte, unha actuación destinada ao embelecemento do municipio a través da plantación en parques e zonas verdes de diversas especies arbóreas especificamente seleccionadas pola súa resistencia e excelente aclimatación ás zonas costeiras.

O número de árbores que se están a plantar por parte dos xardineiros do Concello superan os oitenta, das variedades metrosidero robusta e metrosidero excelsa, washingtonia robusta, morus alba (moreiras) e  prunus serrulata (cerdeira xaponesa).
 
A actuación deu comezo no día de onte na zona portuaria da parroquia de Aguiño, onde se plantaron metrosideros e washingtonias. A actuación proseguirá en parques e zonas verdes doutras zonas de litoral do municipio.

Venta do quiñón

Por outra banda, o Equipo de Goberno decidiu suprimir da ordenanza fiscal reguladora do servizo de mercados municipais a referencia relativa á venta do chamado quiñón neste tipo de instalacións.

Aínda que de facto xa non se viña autorizando nos últimos tempos esta posibilidade, o Concello suprimiu a alusión contida nos artigos 5 e 7 da normativa -que está en período de exposición pública tras a súa aprobación inicial no último pleno- para evitar malas interpretacións en canto á posibilidade de arrogarse este dereito.

A decisión foi tomada por coherencia coa estratexia adoptada polo Executivo local de lograr unha maior profesionalización dos mercado municipais existentes (Ribeira e Palmeira) e de prestar un mellor servizo e de calidade aos consumidores e usuarios.

Adxudicacións no novo mercado

Ao fío disto, cabe informar tamén de que na última xunta de goberno local procedeuse á adxudicación da coordinación de seguridade e saúde das obras de construción do novo Mercado Municipal, actuación estrela do Proxecto Riveira Atlántica, que está cofinanciado nun 70% con fondos Feder.

A adxudicación recaeu en Manuel Vidal García, por un importe de 23.311,86 euros, IVE incluído. A duración do contrato virá fixado pola duración das obras cuxa coordinación se contrata.

Tamén se ratificou a adxudicación da asistencia técnica da dirección de obra no novo mercado á empresa 2C Arquitectos, por un importe de 53.542,50 euros (IVE incluído).

Adxudicación a Carlos Seoane do centro social e de ocio de Oleiros

  • O importe da adxudicación ascendeu a 38.720 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de 56 días naturais.

    Unha vez redactado o proxecto adxudicarase a obra, ascendendo o importe global da actuación, incluíndo redacción, execución e posterior construción, a 830.430 euros.

    O edificio proxectarase como un centro “sostible”, respectuoso co entorno natural, destinado a fomentar o lecer e o desenvolvemento cultural da poboación do rural de Ribeira.

    Esta actuación enmárcase dentro do proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea,  que ten por obxecto facer do concello riveirense un referente turístico de Galicia en base a criterios de rendibilidade e sustentabilidade.

Unha vez redactado o proxecto, adxudicarase a obra do centro. Para esta actuación, contarase cun importe global de 830.430 euros, incluíndo a redacción, execución e construción do centro, o que supón o 12% do presuposto total do proxecto paraugas no que se enmarca, Riveira Atlántica 2015.

Esta actuación permitirá pór a disposición dos cidadáns do termo municipal de Riveira e moi en especial aos veciños da parroquia de Oleiros un novo centro social e de lecer que será o referente dentro do parque patrimonial biosaudable deseñado para toda a área de actuación no rural riveirense.

Lecer sostible

Este novo edificio emprazarase nunha parcela de máis de 2.500 metros cadrados, coñecida como Horta do Cura, situada no lugar de Eirexa, na parroquia de San Martiño de Oleiros. Conforme ao anteproxecto, organizarase nunha planta de aproximadamente 600 metros cadrados de superficie e contará entre as súas estancias cunha área de acollida e información, cun departamento de administración, con diferentes aulas-taller e cunha zona de almacéns. No exterior construirase, ademais do aparcamento, unha área de xogos para os nenos e unha pista polideportiva.

A obra erixirase como un edificio “sostible”, en sintonía co entorno natural no que se enmarca. A empresa adxudicataria do proxecto deberá asegurar a eficiencia enerxética da edificación incluíndo un sistema de produción de auga quente mediante enerxías alternativas, lámpadas de baixo consumo e un sistema de aproveitamento da luz natural que regule o nivel de iluminación en función do aporte de luz natural. Ademais, na súa construción empregaranse materiais respectuosos co medio ambiente que faciliten a súa limpeza, mantemento e reposición.

Un novo punto de encontro social e desenvolvemento cultural

O novo centro concíbese como un punto de encontro social e de ocio saudable que permitirá:

    Atender a colectivos desfavorecidos.
    Realizar talleres de recuperación de oficios tradicionais para persoas desempregadas utilizando as novas tecnoloxías e criterios de deseño industrial e o apoio na comercialización de ditos produtos.
    Impartir cursos de formación en novas tecnoloxías para todos os niveis, incluída a terceira idade.
    Centralizar os servizos de promoción do parque patrimonial Oleiros-Artes.
    Organizar outros actos didácticos de diversa índole como por exemplo aulas de natureza, xornadas de produtos naturais, seminarios temáticos de gastronomía local, etc.
    Promocionar a cohesión territorial e social.
    Integrar os servizos de promoción turística.
    Albergar exposicións.

 


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical