Promociona o Xacobeo 2010 (o Camiño de Santiago en termos xerais) e inclúe roteiros diversos, incluso o Camiño Portugués da Costa, que se asemella na súa parte final ao Marítimo de Arousa (o ano pasado falámoslle dun libro relacionado, aquí). Por suposto, tamén sae Vilagarcía de Arousa e a Ría de Arousa. Agardamos que traia moitos turistas e interese a moita xente.
En canto ao de Riveira con v, o concello galego barbanzán é o único que vai contracorrente con este topónimo. Iso si, en Google se buscas Ribeira a secas, o primeiro que sae é a web do Concello, con V. Nin unha soa páxina máis, nin galega (Ribeira Sacra) nin portuguesa (Ribeira Grande) nin brasileira (Ribeira do Pombal, por poñer unha das numerosas) sae con v.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia