Mostrando entradas con la etiqueta medios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medios. Mostrar todas las entradas

11.10.12

A Pobra: a mariscadora Genoveva Maneiro, portada da revista de Greenpeace España

  • As fotos desta mariscadora pobrense na publicación son de Matías Costa, fotógrafo longamente galardoado, con premios como o World Press ou o PhotoEspaña
  • Maneiro_portada
    https://twitter.com/Certo/status/256393602513645568
  • Maneiro
    Este número da revista Greenpeace está adicado á pesca artesanal, pola que aposta a organización ecoloxista máis grande do mundo fronte á industrial, que esquilma ás présas os nosos mares

Poden lela ou descargala:

revista_greenpeace_octubre_2012_geno.pdf Download this file

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

4.11.08

Gwen Stefani : foto baixo Creative Commons

Gwen Stefani : News : Gwen and baby Zuma

Podería ser a fin das exclusivas, de que certos personaxes vivan do conto -e non falamos dos retratados, senón dos retratantes- e tamén de que se deixaran de publicar moitos medios das vísceras. A cantante e actrix Gwen Stefani pon a disposición dos internautas esta imaxe dela co seu recén nado bebé. A criatura chámase
Zuma Nesta Rock Rossdale e esta é a súa primeira foto pública. No do nome non imos entrar: sería outro debate.

3.10.08

Ave, Sarko, morituri te salutant

Sarkozy arremeteu contra a prensa gratuíta, á que acusou de ser "a morte da prensa escrita".

Afirmou que "a prensa debe ser rendible, o mellor medio para que sexa independente" e asegurou que o Estado "non se deixará impor ningún inmobilismo". Sarkozy deu a coñecer o pasado mes de xaneiro un proxecto de reforma da tele pública que prevé o nomeamento directo do presidente polo Executivo e a supresión da publicidade, entre outros puntos.
Sarkozy fará "o que faga... | Galicia Hoxe

Certo non é francés, nin sabe francés -o idioma, mal pensados- pero respecta ao país da "Egalité, Fraternité, (((Liberté????)))))"

15.2.08

Noraboa ao mestre

(Anaco dunha entrevista en Galicia Hoxe)

Non está o xornalismo a contribuír a inutilizar á sociedade, como cómplice do sistema neoliberal? Ou, como di Pascual Serrano, a fundación do mítico diario en liña Rebelion.org: Existe un xornalismo pendente que o mercado non permite.

Ben , o que hai é unhas fórmulas dominantes dentro deste escenario do mercado que, efectivamente, son os que definen os modelos dominantes na sociedade actual. Pero creo que non podemos xeralizar porque hai iniciativas, que poden ter máis ou menos incidencia, pero que son moi meritorias e nos demostran que hai fórmulas, posibilidades e opcións de facer un xornalismo diferente. É dicir, que un outro xornalismo é posíbel, e que hai quen o fai.


Quen o fai?

Non me gustaría sinalar, pero creo que hai persoas e medios de referencia no ámbito internacional. Por exemplo, unha experiencia que ten o New Yorker de verificación de fontes, que é moi interesante; a experiencia en política internacional de Le Monde Diplomatique, moi sólida. Cara aí podemos mirar. E o resto é unha loita constante por conseguir produtos de maior calidade.


Pois xa que cita "Le Monde Diplomatique", hai un símil moi visual ideado polo seu director, Ramonet, que compara os xornalistas de hoxe cos obreiros da cadea de construción do filme "Tempos Modernos", de Chaplin. É dicir, equipáraos con simples montadores de pezas.

Efectivamente hai xornalistas que son simples montadores de pezas, pero tamén hai xornalistas que queren pensar e contar.

Se cadra son as empresas as que non llelo permiten?

Seguramente en moitos casos é así, pero temos aí o desafío de crear marcos aceptábeis para levar a cabo ese periodismo que moitos desexamos. Os medios públicos deben ser bandeira e modelo disto.Vostede e o seu equipo do Grupo Novos Medios, están a investigar a prol desta evoluciónNós temos un grupo de investigación na universidade con varias liñas de traballo, desde xornalismo de crise até comunicación corporativa ou o ciberxornalismo e a radio dixital. No que máis participamos no ámbito internacional é no ciberxornalismo, o xornalismo que se fai na rede. Buscamos fórmulas dun xornalismo de maior profundidade que aplique as características dos cibermedios.
Novas



Xosé López acaba de acadar a primeira cátedra de Xornalismo da Universiade de Santiago. Noraboa a este mestre de xornalistas (algún nesta redacción foi alumno e traballou con el)

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical