Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

19.5.08

Os coches non voan. Seguro?

Inserido Video

Mal imos se en 2098 os coches aínda non voan. Estes rapaces non se documentaron ben...

Blogged with the Flock Browser


Pero se case voa a xente xa! Miren, miren:

17.5.08

Certo: 85% en galego. 0 convenios= 0 euros

:: GZnacion.com. Avanzando as noticias de Galiza.

Entre todos os xornais que publican no noso país, só o 7,9% das súas páxinas está no noso idioma en base a cuxa producción e fomento radica a existencia destes acordos entre a Xunta e as empresas. Un estudo elaborado pola Facultade de Xornalismo de Santiago, coordinado por Ana Boullón, revela o seguinte: DXT Campeón (0,8%); El Ideal Gallego (2,9%); El Correo Gallego (4,1%); El Progreso (4,6%); Diario de Pontevedra (4,8%); La Región (8,1%); Diario de Ferrol (9,9%); La Opinión da Coruña (11,7%); Atlántico Diario (14,1%); Diario de Arousa (24,3%). Este último xornal percibiu 100.000 euros.

Certo non é un medio tradicional. Os mutantes non están a ser estudiados. NIn falta que fai.

Escribir en galego está caro. E sae dos impostos. Ou sexa, pagamos nós, amigo. Certo tamén é de balde neste aspecto.
Blogged with the Flock Browser

6.5.08

Galicia Profunda

Galicia Profunda
Blogged with the Flock Browser

5.5.08

Nós estamos niso...

Boiro cidadán - Pásate ao blogue, faino en Galego

Ás veces costa, pero non imos facer como Xornal.com.
Blogged with the Flock Browser

Día das Letras Galegas 2008


Día das Letras Galegas. Xosé María Álvarez Blázquez 2008

Noraboa aos que elaboraron esta completísima web.
Blogged with the Flock Browser

+ internet + galego + futuro.

+ internet + galego + futuro.

Hai un concurso que nos interesa particularmente. Algunhas das ideas son sobre o tempo climatolóxico, un e-faro que sería interesantísimo para o turismo náutico en toda Galicia e Barbanza en particular, o Camiño de Santiago con wifi e gps de xeito que nalgunha etapa lle deran un aparello para guiarse, aparte da Compostela, que supoñemos voltarían ao chegar a Santiago... En fin, seguro que se lles ocorre algunha idea (non vale o das bolas de golf fosforescentes, pois non ten que ver o wifi). Os agasallos non son gran cousa, pero agora hai xente que mataría por un Ipod táctil.
Blogged with the Flock Browser

3.4.08

Dillo por correo electrónico, dillo en galego


O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico. Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!

http://www.linguadeamor.eu


Blogged with the Flock Browser

16.2.08

Cinema galego

Aínda non foi presentado, pero non nos resistimos a poñelo: o portal é espectacular. De espectáculo:

http://www.audiovisualdegalicia.es

Os que teñen inquedanzas cinematográficas (queiran estudiar, traballar ou só informarse), deberían pasar por aquí tamén.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical