Mostrando entradas con la etiqueta IES Leliadoura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IES Leliadoura. Mostrar todas las entradas

30.9.12

Educación: o IES Leliadoura de Ribeira comeza paros este luns, 1 de outubro, por falta de equipamentos informáticos

Media_httpfarm8static_jgdzg

Alumnos do Leliadoura de viaxe cultural a París o pasado curso

Ribeira, 30 de setembro de 2012. Como xa contamos no seu día en Certo, o instituto Leliadoura non comezou "normalmente" o curso como fachendeaba o conselleiro de Educación e candidato número 1 por Ourense polo Partido Popular, Jesús Vázquez Abad. Aumentou a súa matrícula de 20 a 30 alumnos en determinados ciclos nos que fan falla alomenos un ordenador por alumno e, a día de hoxe, seguen sen contar con eles, logo de varios escritos á Consellería. Ante a falta de resposta, a directiva do IES, dacordo co claustro, decidiu comezar con medidas de presión. A primeira delas serán os paros antes da hora do recreo, como indican no seu último escrito ao departamento que dirixe o popular Vázquez Abad, agora en funcións.

Texto íntegro:

ESCRITO_DO_CLAUSTRO_PARA_A_CONSELLERIA.doc Download this file

Antes, en Certo:


Recortes Educación: o Leliadoura sen ordenadores abondo para os ciclos

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.5.12

Ribeira: ata o 8 de xuño poderase ver no IES Leliadoura a nova exposición sobre "O Principiño"

  • Non é a mesma de abril: contén traballos elaborados no centro

Ribeira, 21 de maio de 2012. Como remate das actividades iniciadas a finais de abril e que tiveron como centro a semana cultural desenvolvida arredor das Letras Galegas, o IES Leliadoura vai organizar, en colaboracións coas EEI da Pobra do Caramiñal, Vilariño e Fernández Varela, unha exposición sobre "O principiño".

Como xa tiveron ocasión de apreciar coa exposición da Fundación Carlos Casares (feita en abril) "O principiño" foi traducido a máis de 180 linguas e dialectos. Isto mostra o grande interese espertado pola obra de Saint- Exupéry, en aparencia infantil, pero chea de fondas reflexións éticas e filosóficas e impregnada dun profundo alento poético.

 

Con esta exposición pretenden "renderlle unha homenaxe ao pequeno príncipe e ao seu mundo. El serviunos de inspiración e alento para dar saída á creatividade e a imaxinación non só de alumnado deste centro, senón dos nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Pobra do Caramiñal, e, como non, tamén do profesorado", explican dende a dirección do Leliadoura.

A inauguración da exposición, este luns 21 ás 11:30 da mañán na aula de audiovisuais do IES Leliadoura, fíxose cunha lectura en diferentes linguas de parágrafos da novela e a proxección multimedia simultánea que a acompañará con imaxes e sons relacionadas coa novela de Saint Exupery.  Alumnos e profesores do Leliadoura leron nas seguintes linguas: castelán, romano, francés, inglés, chinés, árabe, latín, italiano e galego.

 

Con esta lectura multilingüe inauguraron esta mostra que contén traballos diversos :

 

  • "O principiño ilustrado", realizado polo alumnado de Educación Plástica e Visual do IES Leliadoura.

  • Escenografía para curtas de animación

  • O traballo titulado "Isto non é un sombreiro" , ilustracións inspiradas no primeiro capítulo da obra, realizado tamén polo alumnado de Educación Plástica e Visual.

  • Escenografía e atrezzo de personaxes de "O Principiño", elaborado por alumnos/as de 4º de Diversificación.

  • Galería de planetas e estrelas, dos alumnos de Educación Infantil.

  • Exposición bibliográfica da obra en 20 linguas distintas, libros pertencentes a unha colección particular.

A exposición vaise clausurar o día 8 de xuño e poderáse visitar por parte de todo tipo de público en horario lectivo do centro: de luns a venres de 9:00 a 13:40 horas e luns e mércores de 16:00 a 18:30.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.5.12

Ribeira: organizan desfile de traxe galego no instituto Leliadoura este martes 15

[[posterous-content:pid___0]]Ribeira, 14 de maio de 2012. O IES Leliadoura organiza mañá, martes 15, ás 12 da mañá, un desfile para pór remate á exposición sobre o traxe galego inaugurada o pasado día 3 de maio. 

Nesta exposición, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, puidéronse ver todo unha variedade de traxes galegos, tanto en maniquís como tamén en fotos, ata facer un percorrido polas distintas variedades comarcais de Galicia e tamén polas distintas épocas históricas comprendidas entre comezos do século XX e o XXI. Ademais esta exposición complementábase con bonecas representando distintas escenas da vida cotiá galega, desde procesións relixiosas ata celebracións como a do "Felipe", tipica do entroido ribeirense. Hai que sinalar que dita exposición é posible grazas á colaboración desinteresada de Concha "A Requena", quen cedeu os traxes e bonecas que se poden ver ata o martes.

O desfile dos traxes, que lucirán tanto profesores e alumnos do centro coma invitados, será acompañado pola actuación musical dun grupo de gaitas, tambores e pandeiretas formado tamén por alumnos e profesores do noso centro, contando coa colaboración do grupo Pinche.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical