13.12.10

Rianxo: a banda da Federación Galega de Bandas de Música Popular estrea "Dolmen", do rianxeiro Antón Alcalde, este 30 de decembro

Rianxo, 13 de decembro de 2010. A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Popular realizará un concerto con motivo da estrea das obras premiadas no III Concurso Galego de Composición para Banda de Música. Este concerto será o 30 de decembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Esta actuación suporá o broche final a catro días de intenso traballo de preto de 90 músicos, dirixidos por X. Carlos Seráns Olveira, e virá precedido por un concerto o día anterior en Valga.

As obras que se estrearán serán Monte Medulio de Andrés Álvarez Hernández e Dolmen de Antón Alcalde Rodríguez, obras obrigadas no V Certame Galego de Bandas de Música. Xunto con estas composicións tamén se interpretarán outras obras completando o programa, que se pode ver na imaxe adxunta.

Antes publicamos:


Música: Antón Alcalde volta gañar un premio de composición


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: este domingo 19 de decembro, concerto do alumnado da Escola de Música e da Banda Municipal


Bandas que foron en Lousame: a de Eliseo, de Camboño. Foto en Santiago, 1929

Lousame, 13 de decembro de 2010. Este domingo 19 de decembro, ás 7 da tarde na Casa da Cultura "Santeiros de Chave" de Portobravo (Lousame) haberá un concerto de alumnos da Escola de Música de Lousame.


Tamén actuará a Banda Municipal de Música de Lousame acompañada por tódolos alumnos da Escola de Música. Interpretarán varias panxoliñas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: restriccións de tráfico na AC-553 polas obras do AVE este martes 14 de 9 da mañá a sete da tarde

O motivo deste corte é colocar e montar as vigas dun viaduto das obras da liña de Alta Velocidade no treito Vacariza- Rialiño. 

Se quere ver o plano máis grande: aquí

Se quere ver o plano máis grande: aquí

Rianxo, 13 de decembro de 2010. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa do peche ao tráfico da estrada AC-553 saída 10 (AG-11)-Ponte Catoira, á altura do Concello de Rianxo durante 10 horas na xornada de mañá martes, 14 de decembro, por mor dos traballos de execución das obras do tren de alta velocidade (AVE).

O motivo deste peche é debido á colocación e montaxe das vías do viaduto do punto quilométrico 200+596 do treito Vacariza-Rialiño da liña de Alta Velocidade que está a realizar.

O corte que se fará efectivo dende as 9 da mañá ata as 7 da tarde afectará ao tramo que vai dende o punto 0+000 ata 1+400.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng posiciónase ante os orzamentos municipais para 2011 e indica ata unha ducia de referentes a seguir para votar a favor

Os nacionalistas rianxeiros non agardan "grandes investimentos" pero queren que non se supriman servizos "mentres mantemos luxos como un secretario persoal do alcalde".


Rianxo, 13 O grupo municipal do BNG de Rianxo diante do proceso de elaboración dos orzamentos municipais para o ano 2011 emitiu unha nota de prensa na que busca unha "achega de referentes xerais para o maior consenso posíbel na súa confección. Somos conscientes do estado actual de crise da facenda municipal e deste xeito non agardamos grandes investimentos, mais tampouco podemos compartir que se supriman servizos por exemplo, mentres mantemos luxos como o de manter en nómina un secretario persoal do alcalde ou negarse a facer concursos con publicidade e libre concorrencia de empresas e orzamentos ou se privatizan servizos como a actual volta a unha asistencia técnica de urbanismo por horas".

Non obstante, para o BNG "non é sacar adiante unhas pequenas actuacións concretas as que nos farán aprobar ou non os orzamentos, son outras cuestións globais sobre o xeito de xestionar. A experiencia inmediata de aplicar o rodillo e non incluír ningunha das propostas do BNG ao Plan de Obras da Deputación 2011 xa nos da unha idea por onde van ir os tiros do equipo de goberno".

O Bng adianta que só aprobará os orzamentos de Rianxo "se adoptan uns criterios básicos de planificación a medio e longo prazo, de transparencia na contratación e eficacia na xestión cotián do concello, de coherencia na política de investimentos, de priorizar gastos e de optimizar os equipamentos e persoal, entre outros".

As propostas do Bng son:

  1. "Elaboración dunha Auditoría dos servizos básicos de alumado e dos gastos enerxéticos do concello de cara á renovación e necesaria unificación do mantemento do alumado nun só contrato en troques dos dous de hoxe en día, contrario a calquera principio de eficacia e xestión e de dubidosa xustificación, un feito que até os interventores teñen denunciado.

  2. Plan plurianual de investimentos e auditoría xeral da rede de abastecemento de auga. O plan recollería as necesidades básicas de dotacións e servizos de abastecemento en todas as parroquias, un plano que establecería os obxectivos e o orzamento necesario a curto e medio prazo para que se vaian acometendo obras planificadamente. A interventora constatou xa no informe das contas que nin se sabe cal é a extensión total da rede de abastecemento, primeira medida no que atinxe a estes orzamentos. En tres anos non fixeron nada para corrixilo. A Xunta está a elaborar o estudo do saneamento así que faltaría esta pata: o abastecemento.

  3. Compromiso de convocar unha Oferta Pública de Emprego de alomenos cinco persoas a convocar por oposición libre para saír ao paso da alarmante precariedade laboral deste concello, abrindo as perspectivas laborais da mocidade de Rianxo.

  4. Adoptar dun regulamento de selección de persoal temporal e listas de agarda consensuadas no pleno e cos representantes dos traballadores que garanta os principios básicos e constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, ademais do de publicidade.

  5. Impulsar os concursos de obras con publicidade, sen abusar dos procedementos negociados e sen publicidade. Un millón a unha soa empresa levan adxudicados nestes últimos dous anos en tema de alumado e susbstitución de bombillas. Na práctica non existe a concorrencia.

  6. Cubrir este ano a praza de Arquitecto/a Funcionario/a da Admón. Xeral. É preciso un equipo obxectivo e independente de traballadores municipais que dea a maior garantía aos veciños e veciñas, de calquera cor política.

  7. Ingreso inmediato na Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística.

  8. Creación do Patrimonio Municipal do Solo, previsto nas Leis e dotado con todos os ingresos procedentes das cesións obrigatorias de chan ou o seu equivalente económico. Este patrimonio destinarase a crear Vivenda de Protección Oficial. Hoxe seguimos carecendo dun inventario actualizado de bens do Concello, sendo a data de referencia 31/12/1992, o que nos deixa nunha situación de descoñecemento a día de hoxe,  dezaoito anos despois, dos bens municipais reais do Concello de Rianxo.

  9. Plan de amaños dos centros escolares e parques infantís. Entre elas o repintado do Colexio Público de Taragoña e o cambio de zona de xogos de Asados.

  10. Adopción dun regulamento de participación cidadá. Este regulamento, que será remitido a todas as casas incluirá a información necesaria para que todos e todas coñezamos os nosos dereitos como cidadáns para intervir nos asuntos públicos. Entre outros terá como elementos básicos garantir a participación veciñal nos plenos para intervir nas cuestións e temas da súa competencia.

  11. Optimizar os locais públicos dispoñíbeis, cunha dotación de persoal suficiente para atendelos, en troques de realizar novos investimentos que xeralizan a desatención. O Auditorio infrautilizado por falta de persoal de conserxería polas tardes, o Museo do Mar pechado nos fins de semana, etc... A Biblioteca pechando cando colle vacacións a bibliotecaria, así todos os equipamentos.

  12. Crear un comisión coa participación dos grupos políticos que impulse e fiscalice a participación do concello en insitucións e entidades supramunicipais: DELOA, Grupos Acción Costeira, Mancomunidade, nestes momentos baixo o único control do Alcalde".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Voleibol: tres victorias y tres derrotas para los equipos del Boiro este fin de semana pasado

Crónica de María Cortés Ayaso

Un fin de semana de medias... pero con cómputo final de buen deporte ganador. 3 victorias contra 3 derrotas de los equipos de nuestro club. Pero otro gran fin de semana de deporte, con comienzo espectacular.

Este sábado, a partir de las 11 de la mañana, pudimos disfrutar de nuestra fiesta en la calle peatonal de Boiro. Allí, jugadores y directivos del club se reunieron para dar a conocer el voleibol en general y nuestro club en particular. Con la gran compañía de la Charanga, y sobre todo de todo el público que nos acompañó y se acercó a conocernos, se puede y debe decir que la fiesta ha sido un éxito, tanto por los nuevos socios conocidos, como nuevos jugadores, y con la ilusión repartida con la venta de nuestra lotería navideña. Continuamos toda la mañana, hasta el mediodía, para luego dar paso a una tarde de buen voleibol.

Imagen de http://boirovoleibol.blogspot.com

1ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 2-3 CLUB VIGO VOLEIBOL B (23-25, 23-25, 25-21, 25-23, 11-15)
Dura derrota en cinco sets la que se consiguió en la jornada del sábado el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL en un partido de alto nivel y de gran emoción hasta el último punto.
El HIPESCAR comenzaba con un juego muy sólido, disparándose en el marcador del primer parcial y obligando a los vigueses a consumir un tiempo muerto con 14-9 en el maracador. Fue a partir de este momento cuando los locales desaparecen del partido. Esta situación fue aprovechada a la perfección por el experimentado equipo olívico que se llevó el set por 23-25. La situación de desconcierto permaneció en los locales a lo largo del segundo set. Los vigueses llevaron totalmente la iniciativa este parcial y solo una excelente racha de saques por parte de Jesús Vázquez "Pivot" permitió meter en la lucha al HIPESCAR, que perecería por un ajustado 23-25. En el arranque del tercer set el HIPESCAR se unió para darle la vuelta al adverso resultado de 0-2. Se mejoró la recepción  y el ataque, pero sobre todo hubo un acelerón considerable en la intensidad y ánimo general de los jugadores del HIPESCAR. Con una gran actuación de Narciso Abalo en este juego (9 puntos), los boirenses se llevaron el set por cuatro puntos de diferencia. La dinámica ascendente se mantuvo en el cuarto set. Con una buena recepción del HIPESCAR, que obligaba a los visitantes a jugar a remolque en el marcador hasta los últimos puntos del parcial, en los que el Vigo apretaba y ajustaba el marcador en un resultado final 25-23. El tie-break se presentaba muy difícil para los dos conjuntos. En el inicio, los vigueses consiguieron una ventaja de 2 bloqueos que a posteriori sería decisiva. Tal diferencia fue llevada en el marcador hasta el final, ya que ambos equipos mantenían con facilidad su cambio de saque, pero los locales no conseguían un contraataque los mantuviera de nuevo en el partido. El resultado final fue 11-15.
Por el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL jugaron: Iván Souto "Pas" (6 puntos), Narciso Abalo (26 puntos), Miguel Vázquez (9 puntos), Cristóbal Álvarez (21 puntos), Jesús Vázquez "Pivot" (1 punto), Antón Pérez (4 puntos) y Adrían Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estuvieron Gustavo Romero, Manuel Pérez Andrade, Ignacio Cibeira "Frigu", Daniel Eiras y Fran Outeiral.

Imagen de
http://boirovoleibol.blogspot.com

2ª DIVISIÓN A GALLEGA MASCULINA
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 COMERCIAL DURÁN (25-21, 25-17, 25-21)
Claro triunfo del REDESYL BOIRO VOLEIOL, dirigido por Antón Pérez, ante el vigente campeón de liga. A pesar de las muchas modificaciones tácticas y de jugadores realizadas durante el encuentro por el preparador local, el REDESYL ganó con autoridad y suficiencia ante un equipo con mayor experiencia en la competición. Cabe destacar el buen trabajo táctico del conjunto, excelente en defensa y con un contraataque resolutivo durante todo el encuentro, sobre todo de mano de Manuel Pérez "Cholo". El REDESYL continúa intratable en la competición regular con tres victorias en tres partidos y sin ceder aún ningún set en el camino. A pesar de contar con la importantísima baja del receptor titular Xavier Sarilla el equipo mostró una solidez envidiable y demostró que es un clarísimo aspirante a dominar la liga de 2ª división autonómica en esta temporada 2010-2011.
Por el REDESYL BOIRO VOLEIBOL jugaron: Rubén Taibo "Mechas", Alén García, Diego Romero (2 puntos), Román Vidarte (4 puntos), Fran López, Antón Pérez (7 puntos) y Juan Lorenzo "Doc" (líbero). Como reservas actuaron Manuel Pérez "Cholo" (11 puntos), Fran Outeiral (1 punto), Roberto Rodríguez "Tito" (9 puntos), Luis Lustres y Juan Resúa (1 punto).

2ª DIVISIÓN AL GALLEGA FEMENINA
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 COMERCIAL DURÁN (25-14, 25-17, 25-15) 
Contundente victoria en tres sets de las chicas del PROBOIN dirigidas por Andrés Martínez, que en ningún momento del partido permitían a las pontevedresas del Comercial Durán meterse en la lucha por el triunfo. Las boirenses siguen líderes del grupo gallego de 2ª división autonómica femenina, con 6 triunfos en 6 partidos, cediendo tan solo un set en lo que va de competición regular.

LIGA GALLEGA JUVENIL MASCULINA
BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV VIGO (14-25, 19-25, 19-25)
Derrota del equipo juvenil masculinos a las órdenes de Andrés Martínez ante un duro rival como es el equipo vigués. La irregularidad local no permitía acercarse en el marcador, y los errores en ataque distanciaban a los nuestros de la victoria. Los juveniles del club deberán seguir trabajando, ya que el potencial de este equipo es bueno, tal y como demostraron en la jornada anterior ante el Mexillón de Ouro VB Rianxo, haciéndose con la victoria por 3-2.
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Antón Pérez, Diego Romero, Diego García, Dani Sieira, Daniel Vázquez, Martín Herrera y Adán (líbero). Como reservas estaban Aben Sánchez, Xian Pérez y Miguel Lorenzo.

LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL descansa
Descanso para nuestras juveniles después del buen resultado de la semana anterior.

LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA
BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV VIGO (4-25, 21-25, 16-25
)
Con las importantes bajas de Ismael Martínez y Lois Vázquez por estar concentrados con la selección gallega infantil, el equipo cadete masculino del Boiro Voleibol no tuvo oportunidades de hacer daño al equipo olívico. El partido comenzaba con los locales ausentes y con una ineficacia e irregularidad en su juego muy notoria. A medida que avanzaba el partido el juego boirense mejoró y las sensaciones no fueron todo lo malas que prometían en el inicio del partido.
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Abel Sánchez, Daniel Vázquez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo y Xian Pérez. Como reserva actuó Rubén Martínez.

Imagen de http://boirovoleibol.blogspot.com

LIGA PROVINCIAL CADETE FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL 3-1 FISIOTERAPIA CINESIA NOIA (26-24, 25-19, 23-25, 25-18) 

Trabajada victoria de las jugadores entrenadas por Juan Resúa, que siguen intratables en este arranque liguero. Basando su juego en un potente saque y en una constancia y regularidad mucho mayor que la del equipo rival, las chicas del BOIRO VOLEIBOL lograron una victoria con autoridad. De este modo las boirenses comparten el liderato con el IES Ames, rival al que se enfentarán la próxima jornada del día 12 de diciembre.
Por el BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ana Bugallo (22 puntos), Alba (1 punto), Sara Bugallo (12 puntos), Sheila (2 puntos), Katy (4 puntos), Melissa (12 puntos). Como reservan actuaron Sandra (3 puntos) y Andrea.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical