Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas

27.9.10

Medio Ambiente: Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia, por Verdegaia

Dez preguntas básicas sobre a enerxía en Galicia PDF Imprimir Correo-e

 A produción, a transformación e o consumo de enerxía son a princct_meirama.jpgipal causa de deterioración ambiental, tanto en Galicia como a nivel mundial. Convidámoste a ler as respostas actualizadas a algunhas cuestións básicas para entendermos mellor a realidade enerxética da nosa terra: cais son as fontes enerxéticas empregadas en Galicia?, somos un país excedentario en enerxía?, a electricidade xerada nos parques eólicos substitúe á electricidade sucia?, que custos dentro e alén das nosas fronteiras implica o modelo enerxético galego?, que propón Verdegaia para avanzarmos cara a un modelo enerxético sustentable?,...

1. Cales son as fontes enerxéticas empregadas en Galicia?

A enerxía primaria son os recursos enerxéticos empregados para un uso final  ou para a súa transformación noutra forma de enerxía (por exemplo, carbón ou vento para xerar electricidade). Segundo o Balanzo enerxético para o ano 2008 do Instituto Enerxético de Galicia -o último dispoñible- só o 13,2 % da enerxía primaria total é de orixe renovable (hidráulica, eólica, solar, biomasa e outros residuos de biomasa). Xa que logo, a maior parte da enerxía primaria procede de combustibles fósiles. O petróleo constitúe a principal fonte de enerxía,  fornecendo o 57,6% da enerxía primaria total. A achega do gas natural medrou moito nos últimos anos até chegar en 2008 a supor o 14,3% e superar así lixeiramente en importancia ao carbón, que agora é a terceira fonte, proporcionando o 14,1% da enerxía primaria.

O artigo enteiro en http://www.verdegaia.org/content/view/176/122/
Convén lelo para desmontar tópicos que temos arraigados na cachola (como que somos excedentarios en determinadas enerxías).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.6.10

Ribeira: está na lista vermella de WWF España por non ter controis sobre produtos forestais

via wwf.es

Ribeira, 16 de xuño de 2010. Dentro do seu observatorio "Cidades polas fragas", a organización ecoloxista WWF, na súa sección de España, meteu á cidade de Ribeira xunto a outras 17 localidades galegas na súa lista vermella, ao considerar que non teñen os controis suficientes sobre o tipo de madeira que consumen. Segundo esta asociación ambientalista, son merecentes de estar neste listado as cidades con máis de 20.000 habitantes que aínda non desenvolveron instrumentos para evitar a entrada de produtos forestais de orixe insostíbel ou que non facilitaron información ao respecto a WWF.

O Observatorio Cidades polos Bosques, de WWF España, valorou as medidas que toman os gobernos das cidades de España con máis de 20.000 habitantes para evitar a compra de produtos forestais de orixe ilegal e dar prioridade a aqueles que proceden da xestión ambiental e socialmente responsable dos bosques.

WWF España incluíu a 18 cidades galegas na súa lista vermella: Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lalín, Lugo, Marín, Monforte de Lemos, Narón, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Esta organización non incluíu ningunha localidade galega na lista verde de cidades que contan cun programa de compra responsable de produtos forestais que controla a orixe sostíble de produtos e dá prioridade a aqueles certificados por un sistema certo como o FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Administración Forestal). Máis información en http://www.wwf.es/que_hacemos/bosques/nuestras_soluciones/gestion_forestal/

Só A Coruña e Oleiros están na lista ámbar de cidades que incorporan nas súas compras algún instrumento de control sobre a orixe da madeira, pero que resulta insuficiente.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

14.1.09

Verdegaia rexeita o proxecto de gasoduto do Barbanza

Verdegaia rexeita o proxecto de gasoduto do Barbanza

Mércores, 14 de Xaneiro do 2009

Verdegaia vén de presentar alegacións ao proxecto de trazado do gasoduto do Barbanza, pedindo a paralización do mesmo polas graves eivas do estudo de impacto ambiental que o acompaña.Denunciamos que o proxecto de trazado ten previsto atravesar lugares como as Brañas de Laíño, hábitat cunha grande biodiversidade onde se atopan máis de 160 especies de aves, algunhas moi escasas ou singulares, un bo feixe de plantas de extraordinario interese e gran diversidade de vertebrados e invertebrados, que precisa dun estudo de impacto ambiental polo miúdo para calquera actuación.
Verdegaia - Verdegaia rexeita o proxecto de gasoduto do Barbanza

27.4.08

Horturbà: labregos de cidade

¿Qué es? - Horturbà

No Barbanza o que máis e o que menos ten unha hortiña onde sachar, ou coñece a alguén que a ten, e se ten esas inquedanzas, non lle é complicado facerse cun horto. Pero nas cidades -é Ribeira unha cidade? ou mesmo Santiago?- hai que empregar os balcóns. E convírteste de súpeto en campesiño: quen non se consola é que non quere.

Vía Soitu ofrecémosvos estas ligazóns que vos poden interesar (sobre todo a xente de Adega e para-ecoloxistas varios)

http://www.leopoldobcn.com

http://horturba.com/castellano/cultivar/

http://www.holistika.com/huerto-ecologico/balcon-y-terraza-comestible.asp




Blogged with the Flock Browser

24.3.08

Gran Idea?

Vía Capítulo 0. É unha gran idea converter aos cidadáns en policías? en gardas forestais? Outra claudicación máis do Estado. Impostos para que?
Blogged with the Flock Browser

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical