Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
28.12.09
Tempo: alerta laranxa por temporal dende as 5 da tarde de hoxe
Coidado con arrimarse onde é perigoso. E non vai só polos foteiros...
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso de nivel de alerta laranxa por mar de fondo e mar de vento, que afectará ao litoral de Galicia a partir das 18.00 horas de hoxe, 28 de decembro de 2009. O mar de fondo será moi forte na primeira parte e máis tarde será de oeste con ondas de 4 a 5 metros, tal e como informou a delegación territorial da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET).
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros da Comunidade Autónoma, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese, como http://meteogalicia.es
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: Arqueoneixón, un blog cáustico nesta data sinalada
Unha entrada feita só por retallos de noticias! Ningunha publicada en Certo, por ídem
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Faranji: Xurxo Ayán lévanos de Rianxo a Sidi-Ifni, e pasa por Fátima no capítulo VII
Ten moita miga o da Finca do Avión: ladróns hóuboos sempre, e impunidade semella que tamén.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Internet: a páxina de Menéame, pirateada pola Real Academia Española
Contribúan ao "enriquecemento" do castelán en http://meneame.net
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: Tiger Woods tivo unha amante de Seráns
E Ribeira vai ter universidade. En dialecto barbanzón, Universidá. O que hai que ler!
E o que hai que rir!
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Curiosidades: catas de todo tipo de produtos. Agora, gasosa
Gasosa: s f Bebida refrescante preparada con auga, dióxido de carbono e a adición eventual de ácido cítrico, tartárico ou láctico, aromas de froitas cítricas e edulcorantes naturais ou artificiais.
SIN: gaseosa. (Digalego.com)
Unha iniciativa de Manuel Gago, profesor de Xornalismo, gastrónomo, enólogo e algúns logos/logros máis. É o autor de Capítulo 0, unha bitácora que leva sen perder gas dende hai seis anos!
http://www.manuelgago.org/blog/
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia