Mostrando entradas con la etiqueta fotografía antiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotografía antiga. Mostrar todas las entradas

6.11.12

Noia: os arquivos fotográficos do Esteirán, do 9 de novembro ao 5 de decembro na casa da cultura

  • Actividade do "Outono fotográfico" que recolle un periodo de fotos da bisbarra feitas entre 1966 e 1977
  • Pódese ver na casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos", grazas ás curadoras María Esteirán e Sabela López Pato, dende o venres 9 de novembro (inauguración ás 20:30) ata o mércores 5 de decembro


    Media_httpfarm3static_fexts

    Esteiro, de onde era Esteirán, arredor de 1925. Foto de Ruth Matilda Anderson

Noia, 6 de novembro de 2012.  María Esteirán, filla de José Esteirán (José Piñeiro Priegue, 1930-2002), recolle nesta mostra unha pequena escolma do traballo realizado polo fotógrafo entre 1966 e 1977. Trátase dunha primeira cata no arquivo do fotógrafo, que abrangue máis de catro décadas. A selección oscila entre o retrato individual e a ocupación do espazo público: rondallas, eventos deportivos, etc., pero tamén amosa a actividade marítima e pesqueira nos portos e a exhibición do poder.

No marco do “Outono fotográfico” e grazas á financiación do Concello de Noia e ás aportacións individuais de máis de trintas persoas -entre veciños de Noia, compañeiros de profesión de Xosé Esteirán, xente da cultura e amigos-, sae á luz un fotógrafo de oficio, autodidacta, que, como a maioría dos fotógrafos locais da época, empregaba os recursos que tiña á man, pero que destaca pola atención e o esmerado coidado nos retratos de grupo, así como pola súa capacidade para mirar “entre-portas”, para explorar os bordos do que acontece diante da cámara, que abre o obxectivo, durante a visita dunha dignidade eclesiástica a unha escola, e documenta o aspecto xeral dunha aula a comezos dos setenta, ou que nos deixa imaxes do que ocorre na cociña durante a celebración dun banquete de voda. A súa é unha perspectiva xenerosa co mundo e coa xente.

Está previsto que trala mostra en Noia a exposición itinere a Celanova, onde se poderá ver na Casa do Poetas.

Quen era o Esteirán?

Xosé Piñeiro Priegue, Pepe Esteirán, naceu en Esteiro en 1930. Tras o servizo militar, á idade de 26 anos, asume as rendas do negocio familiar e trasládase a Noia, vila na que seu pai, Maximino, xa se establecera como fotógrafo na década dos corenta. O periplo familiar coa fotografía comezara anos antes, nas feiras, onde Maximino acudía como tratante de gando e aproveitaba as transaccións para realizar retratos e complementar así os seus ingresos.

En 1956, ano no que Esteirán se instala en Noia, a difusión da fotografía de carné permite a expansión do negocio, que agora abarca retratos de estudio, vodas, bautizos e todo tipo de eventos. Durante anos percorreu en moto a comarca coa súa cámara, chegando a ser un personaxe moi querido. Dende os noventa colaborou como reporteiro gráfico en El Correo Gallego, actividade que seguiu realizando ata outubro de 2002, ano do seu pasamento -do que se cumpre este ano o décimo aniversario-.

A conservación do seu arquivo debémoslla a Pilar Pérez Santos, con quen casou en 1969 e que durante anos se ocupou da administración do negocio. Hoxe as súas fotografías saen á luz grazas ao traballo da súa filla, a tamén fotógrafa María Esteirán.

Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.6.10

A Pobra: non se perdan o proxecto "Unha imaxe, unha historia", do instituto local


..

(preme para ampliar)

As mellores creacións deste proxecto interdepartamental, froito dun longo traballo previo por parte do alumnado de pescuda, lectura de imaxes, construción textual, etc., poden verse xa na exposición que ofrecemos a toda a comunidade, situada no patio cuberto do aulario I.

Cada imaxe ten aquí a súa propia historia, real ou imaxinaria, que se irían co vendaval do tempo se non as atraparamos cos nosos  aparellos: a lingua de noso, as memorias dos maiores, a nosa creatividade, as ganas de contar e dicir... e as novas tecnoloxías.

Para ler as historias na rede (e comentalas), abonda con acceder ao noso blogue. Na nosa conta de Flickr temos o conxunto das imaxes, algunhas xeolocalizadas.

http://atabarradixital.blogaliza.org/2010/06/10/producions-do-proxecto-unha-i...

Para ir abrindo boca, recomendámoslles a historia dunha foto na ferretería de Tucho, do 15 de marzo de 1934, escrita por Alicia Quintáns. En http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/15-de-marzo-do-1934-a-pobra-do-...
Tamén é moi fermosa a historia duns namorados que comían sandía de Escurís no San Ramón de Bealo, escrita por Elisa. Os protagonistas andan agora cerca dos 90 anos, e na foto debían ter vinte e poucos. Miren http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/era-en-san-ramon
Mais son apreciacións nosas. Seguro que vostedes atopan outras do seu gusto. Parabéns a alumnos e mestres por esta fermosa iniciativa.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

19.8.09

Onte e hoxe

Coma quen di, foi onte
Galicia canibal
Cargado originalmente por Von Aisaider


Somos máis civilizados por empregar unha pistola no canto dun coitelo?

Preguntas, sempre preguntas...

7.6.09

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical