Mostrando entradas con la etiqueta autovía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autovía. Mostrar todas las entradas

1.10.12

Infraestruturas: o repintado da autovía do Barbanza farase dende este martes, 2, ata o xoves 11 de outubro

  • As tarefas obrigan a realizar cortes dun carril no tronco da autovía, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido
  • Manterase informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable
Media_httpfarm4static_xzpor

Barbanza, 1 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procederá a repintar parte das marcas viarias da Autovía do Barbanza (AG-11). Concretamente, repintaranse os treitos nos que o resultado das auscultacións realizadas así o aconsellan. Esta actuación levarase a cabo desde este martes, día 2 de outubro, ata o xoves día 11.

Para realizar o repintado das liñas do eixo e beiravía esquerda, así coma o dos símbolos do carril esquerdo de ambas calzadas, é necesario executar cortes do carril interior do tronco da autovía, de lonxitude aproximada 5 quilómetros, deixando, en todo momento, o carril exterior habilitado para a circulación en cada sentido.

Nos labores de repintado das marcas do carril dereito de ambas calzadas realizarase un corte na zona de cada símbolo a repintar. Mentres que para facer o dos ramais, glorietas e sinais dos enlaces non será necesario realizar ningún corte, xa que se empregará sinalización de obras e regularase o tráfico mediante sinalistas.

A Xunta lembra que durante o tempo que se produzan estas afeccións ao tráfico, manteranse informados os usuarios mediante os paneis de mensaxería variable.

As datas aproximadas nas que se repintará a autovía AG-11 son as seguintes:

Calzada dereita: 3 e 4 de outubro

Calzada esquerda: 8 e 9 outubro

Ramais, glorietas e simboloxía: 2, 5, 10 e 11 de outubro





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.12.08

Seguimos igual que coa vía rápida?

Escarabote - Lampón: Seguimos igual que ca vía rápida

Oxalá que non se cumpran estas prediccións. Toquemos madeira, os supersticiosos, aínda que din que ser supersticioso da mala sorte...

16.12.08

A nova autovía vista polos arqueólogos




Cremos que esta obra exemplifica moi ben o conflicto entre tradición e Modernidade, cun impacto crítico sobre os concheiros debaixo da ponte (unha das zonas máis ricas en molusco de toda a ría de Arousa), e coa modificación definitiva dunha vella paisaxe.

O novo milenio pechou dunha vez por todas a comunicación marítima do mar de dentro (a aldea de Arribada en Cespón), o remorso traumático da ponte Beluso na guerra contra o francés e no golpe de Estado do 36, a estampa milenaria da seca...
ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Per loca maritima

Lea todo o comentario na ligazón superior. Paga a pena.


Inaugurada autovía do Barbanza e incendio do Doxa, por xagal08

Inserido Video



As dúas novas máis importantes do luns 15 de decembro no Barbanza, recollidas do telexornal por Xagal08

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical