Mostrando entradas con la etiqueta caza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta caza. Mostrar todas las entradas

13.9.12

Ribeira: soltan 122 perdices para repoboar o coto da sociedade "Caza e Pesca Barbanza"

 http://farm9.staticflickr.com/8176/7982425611_e186e0170f_z.jpg 

Ribeira, 13 de setembro de 2012.- O Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas efectuou esta mañá unha solta de 122 perdices no municipio de Ribeira.

Media_httpfarm9static_mfuii

Media_httpfarm9static_rgcof

Esta acción foi levada a cabo co obxectivo de sementar e repoboar o coto da Sociedade Caza e Pesca Barbanza. Actuouse en diferentes puntos. Entre eles, os lugares de Muíño da Correa, Balteiro, Frións, Laxes ou Castelos.

A solta contou coa colaboración do Concello de Ribeira e tamén participou un axente do Parque Natural.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.7.12

Ribeira: 24 cazadores no campionato do monte San Amedio que gañou un mozo de Fisterra

Media_httpfarm9static_joqbe

Ribeira, 23 de xullo de 2012.- O monte de San Amedio situado na parroquia de Oleiros viviu a disputa da quinta edición do Campionato de Caza San Huberto “Cidade de Riveira”: certame puntuable para a Copa Galicia que colleitou un gran éxito en canto a participación e desenrolo da proba.

O campionato desenvolveuse entre as nove da mañá e as catro da tarde e contou coa participación de 24 cazadores que, xunto aos seus correspondentes cans, exhibiron as súas habilidades na arte cinexética divididos en grupos de oito. Cada un destes grupos competiu nun dos tres campos habilitados para a ocasión, efectuándose unha criba para seleccionar os seis finalistas.

Media_httpfarm9static_aseyc

O gañador recolle o trofeo

Destes últimos sairían os gañadores do campionato, que resultaron ser, no primeiro posto, Juan José Canosa, natural de Fisterra e que pese a contar tan só con 20 anos de idade xa demostrou unha gran oficio na práctica cinexética; en segundo lugar, Serafín Corral, de Ferrol; e ocupando o terceiro posto, o betanceiro Jorge Martín, en cuxo palmarés xa figuran campionatos nacionais e mesmo internacionais.

A organización -formada pola Sociedade de Caza e Pesca do Barbanza, coa colaboración do Concello e o patrocinio de numerosas empresas locais-, destacou o alto nivel demostrado, tanto polos competidores como polos seus cans, que realizaron o seu traballo perfectamente a pesares da intensa calor estival.

Unha vez finalizada a competición, tivo lugar a entrega de trofeos a sombra dun piñeiral en pleno monte co fin de proporcionar ao acto o escenario indicado. No evento tomou parte o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá do Concello, Víctor Reiriz. Polo que respecta aos catro cazadores ribeirenses que tomaron parte no certame, hai que dicir que tiveron unha participación discreta.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.10.10

Porto do Son: excepcións na tempada de caza que comeza este domingo 17 de outubro

Comeza a tempada de caza

outubro 11th 2010 by| the_author anxos en De interese

Período hábil para a caza o comprendido entre os días 17 de outubro de 2010 e o 6 de xaneiro de 2011, ambos inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V da Orde do 24 de xuño de 2010 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2010-2011

.

No que respecta á nosa parroquia:

Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do termo municipal de Porto do Son. A delimitación desta zona denominada lagoas de Xuño e San Pedro de Muro é a seguinte: río Sieira desde a súa desenbocadura no océano Atlántico, río arriba, ata a estrada de Noia a Santa Uxía de Ribeira (km 52,3). Desde este punto ata a encrucillada da estrada de Seráns, pasando por San Pedro de Muro, ata a antiga fábrica de tella. Desde aquí seguindo o camiño que chega ata a punta do cabo Teira séguese pola liña de costa ata a desembocadura do río Sieira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical