Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

4.12.12

Porto do Son: este xoves, 6 de decembro, "Zapatos", obra de Caramuxo Teatro para nenos ata 4 anos

Zapatos1
Zapatos

Máis información aquí

Pode que tamén lle interese:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo, 9 de decembro, "O Señor das Dunas"

  • No auditorio, ás sete da tarde. Indicado para nenas e nenos dende os 5 anos
  • A rapazada levará de agasallo un libro de contos

O_senor_das_dunas_1600x1200
Ribeira, 4 de decembro de 2012.- O vindeiro domingo día 9 de decembro vai ter lugar no Auditorio Municipal o último dos espectáculos que, enmarcados no programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística, desembarcan en Ribeira neste ano 2012: trátase de “”O Señor das Dunas”, unha actividade pensada para a toda a familia, e moi especialmente para os nenos e nenas con idades a partir dos 5 anos, que se poderá presenciar ás 19 horas.

A concelleira de Educación, Mª  Carmen Vizcaya, e a responsable do servizo municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, deron conta do contido deste evento, no que un narrador oral (Mani Braga) e un artista plástico (Dani Bousolla) colaboran na narración de fantásticas historias recreadas dende as dunas de Corrubedo.

Así, mentres o contacontos relata as distintas historias, o pintor realizará unha sorprendente e fermosísima animación simultánea sobre area, onde irán aparecendo debuxados os personaxes e accións de cada historia.

Agasallo para a rapazada: un libro de contos

O acceso é gratuíto ata completar aforo. Os nenos e nenas recibirán ao remate do espectáculo un libro de contos.

Durante a presentación da actividade lembrouse outras accións desenvolvidas durante este ano no marco de FalaRedes, como foron TítereHop en abril e Galego de Cine en xuño.

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.12.12

Dodro: rematou o obradoiro de Iniciación ao Teatro coa representación de "A última cea"


[[posterous-content:pid___0]]

Dodro, 3 de decembro de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizou un obradoiro de Iniciación ao Teatro que comezou o 17 de outubro. O obradoiro presentouse coa idea de divertirse e botar unhas risas aprendendo a actuar e a interpretar dun xeito creativo.

Así, os/as participantes iniciaron o curso con temáticas como introducción ao teatro, creatividade e técnicas de preparación corporal e expresiva, traballo do rostro e corpo, voz, ritmo, volume e interpretación e posta en escea.

Como remate ao obradoiro, os/as participantes  representaron a obra “A última cea” o pasado día 25 de novembro na Paxareira onde os veciños/as “abarrotaron ata os topes” o local e aplaudiron incansablemente entre risas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

2.12.12

Rianxo: "O profesional", o sábado 8 de decembro coa Companhia de Teatro de Braga

  • Será ás 20:30 no auditorio
  • Dirixida a público adulto
  • Retirada de entradas, dúas máximo por persoa, unha hora antes de que comece o espectáculo

O_profesional

Toda a ficha técnica desta obra dramatúrxica aquí

Rianxo, 2 de decembro de 2012. O Centro Dramático Galego (CDG) en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga (CTB) presenta, dentro do seu plan de produción propia para a temporada 2012-2013, a posta en escena do espectáculo O profesional, a partir do texto de Dusan Kovacevic, guionista e director de orixe serbia, e unha das grandes figuras da escrita dramática europea actual. O director da compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Guede Oliva, púxose á fronte desta montaxe dun só acto e catro personaxes que indaga na fraxilidade dos ideais así como na grandeza e miseria do espírito humano.

Ademais, ata o 15 de decembro, tamén no auditorio, poden contemplar a exposición de fotos antigas do alumnado dos talleres de memoria do Concello de Rianxo.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

29.11.12

Rianxo: este venres 30, "Shakespeare para ignorantes", de Quico Cadaval, con Mofa e Befa

  • Ás 21:00 no auditorio
  • Para público adulto
  • A retirada de entradas (máx. 2 por persoa) comeza unha hora antes


O espectáculo, para adultos, proporciona gargalladas aseguradas

Rianxo, 29 de novembro de 2012. O aspecto inicial deste espectáculo escrito polo ribeirense Quico Cadaval é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos.

Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escea será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da imortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA.

E non se esquezan de:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

23.11.12

Porto do Son: este sábado 24, teatro con "Brancas", de Femme Fatale

Porto_do_son_brancas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.11.12

Rianxo: este sábado, 24 de novembro, teatro con "Os Tres Tenedores"

Media_httpfarm9static_ajlqn

Rianxo, 21 de novembro de 2012. Este vindeiro sábado, 24 de novembro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo poderase ver a función teatral do grupo Os tres Tenedores.

A obra está destinada a un público familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos.

A retirada de entradas (máxima 2 por persoa) farase unha hora antes do comezo da representación.

Máis información na web da compañía

Tamén, en Rianxo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

31.10.12

Cultura: o ribeirense Quico Cadaval dirixe e actúa en "Románticos", a nova obra de teatro de Mofa e Befa

  • Estréase hoxe en Santiago, no Teatro Principal

Media_httpstaticdomes_kkkyx

Románticos! de Mofa & Befa
- ¡¡¡Grande Estrea!!! - Santiago de Compostela - Teatro Principal - 21 horas - Entradas á venda só na billeteira do teatro

Ribeira, 31 de outubro de 2012. Segundo informa hoxe a web do Consello da Cultura Galega, Mofa e Befa estrean novo espectáculo teatral, titulado "Románticos". De novo colabora, dirixindo e actuando, o dramaturgo ribeirense Quico Cadaval.

Texto íntegro da nova en http://www.culturagalega.org

"De Lord Byron a Edgar Allan Poe pasando por Julio Iglesias ou Sergio Dalma. Produción Teatrais Excéntricas méteos a todos no mesmo saco para revisar o espírito romántico. De feito, Románticos é o título do novo espectáculo que hoxe estrean no Teatro Principal (21:00 horas)de Santiago e onde estarán ata o domingo. Evaristo Calvo, Vitor Mosqueira, Quico Cadaval e Piti Sanz póñense ás ordes de Xan Cejudo para desmontar os mitos contemporáneos.

A idea deulla Vitor Carou, director xerente do Auditorio, cando hai un ano, ao rematar un concerto de música lle propuxo informalmente a Quico Cadaval facer algo relacionado con aquelo que acababan de escoitar. A idea madurou e foi o propio Carou quen lle abriu as portas do Teatro Principal, espazo pertencente ao concello, para exhibir esta proposta que se sitúa na aliña dos espectáculos de Mofa e Befa. “Hai en Románticos un pouco de ópera, de música popular, de música de todos os tempos” explicou Evaristo Calvo no marco da rolda de presentación do espectáculo. “Hai un pouco de intertextual, porque sacamos de moitas partes, e de multidisciplinar, de teatro de música, pero cun obxectivo claro que é entender”, puntualiza Calvo.

Desta volta está o equipo completo con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, o músico Piti Sanz e Quico Cadaval, actor e director nesta montaxe que “visita os grandes temas do romanticismo” e nos que, segundo nota de prensa, se poderá “completar a loita do monstro de Frankenstein contra o sinistro Julio Iglesias, comparando as cicatrices operatorias. As Asombrosas revelacións do psicanalista arxentino de Rosalía de Castro ou ao conde Drácula cantando o afamado bolero pasarán máis de mil anos”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.10.12

Ribeira: este xoves 25, "Un avó especial", teatro para explicarlles o Alzheimer aos escolares

  • Organiza Agadea, cunha obra que logo deu lugar a un libro editado por Kalandraka cuxos autores son María Campos e Carlos Yus

Media_httpbetakalandr_uqzid

Máis fotos e información sobre "Un avó especial" aquí

Ribeira, 24 de outubro de 2012. AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), entidade xestora do Centro de Día de Alzheimer e outras demencias de Ribeira, organizará en colaboración co Concello de Riveira, a obra de teatro infantil “Un avó especial” da Compañía de teatro Migallas dirixida aos escolares dos colexios da comarca.

A representación será o vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal (Praza dos Mariñeiros, s/n). A actuación pretende axudar a comprender a enfermidade de Alzheimer, a través dun enfoque que fomente actitudes optimistas dos mais cativos ante a problemática desta enfermidade facendo énfase no protagonismo que os nenos e nenas teñen en moitos momentos de ledicia dos nosos maiores e viceversa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.4.12

Rianxo: "A bicicleta de Ana María" represéntase en interiores esta fin de semana

Media_http3bpblogspot_bujfb

Rianxo, 13 de abril de 2012. Debido ás previsións meterolóxicas adversas para este fin de semana, a proposta de Teatro Express A Bicicleta de Ana María vai desenvolverse nos lugares previstos para interior.

Os lugares e horas son os seguintes:

SÁBADO 14 DE ABRIL

  • TARAGOÑA - 17.00 h - Centro Cultural e Deportivo
  • ARAÑO - 18.00 h - Antiga escola de Buía
  • ASADOS - 19.00 h - Centro Cultural Simón Varela

DOMINGO 15 DE ABRIL

  • ISORNA - 17.00 h - Escola da Vacariza 
  • LEIRO - 18.00 h - Centro Cultural Vicente Vidal
  • RIANXO - 19.00 h - Auditorio de Rianxo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.10.10

Ribeira: Quico Cadaval dirixe a nova comedia de terror de Producións Teatrais Excéntricas


PRODUCCIóN TETRAIS EXCéNTRICAS PRESENTA UNHA COMEDIA DE TERROR SOBRE OS DEFUNTOS

Non todos os cranios están furados


21 / 10 / 2010
Santiago. Redacción

-->
AUDIO
Quico Cadaval avanza a sinopse de Un Cranio furado, "unha comedia policial de aldea"

É unha historia irlandesa, dun autor irlandés (Martin McDonagh), ambientada nese país pero que poderia ser, perfectamente, unha historia galega. Un enterrador ten que trasladar os restos da súa esposa aos sete anos da súa morte, ante a mirada expectante dos veciños. Precisamente porque eles pensan que o enterrador estivo implicado no seu falecemento. No medio, un policía local con ansias de progresar inicia unha particular investigación. Avelino González traduce (que non adapta) ao galego esta historia que conta coa colaboración de Dorotea Bárcena e de Santi Romay xunto co equipo de Producións Teatrais Excéntricas (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), coa dirección de Quico Cadaval. A obra, é o resultado da coprodución de PTExcéntricas co Festival de Outono de Carballo.

Montaxe:Un cranio furado
Compañía: Producións Teatráis Excéntricas, S.L.

Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval
Tradución: Avelino González
Escenografía: Kukas Producións Artísticas, S.L.
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Piti Sanz
Música: Piti Sanz
Elenco: Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Santi Romay

Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

21.6.10

Noia: o grupo de teatro do Liceo, segundo no XIII Certame "Candilejas D. Bosco" de teatro afeccionado en A Coruña


Noia, 21 de xuño de 2010
. O grupo de teatro Liceo de Noia, dirixido por Ramón Carredano, acadou onte o 2º premio no XIII certame de teatro afeccionado D. Bosco, organizado polo grupo Candilejas de A Coruña.
Polo escenario do colexio Calvo Sotelo pasaron outras tres compañías da comarca do Barbanza : grupo de teatro municipal de Ribeira, Muros e xubilados da Cruz Vermella de Noia.
Sen lugar a dúbidas, a mencionada edición pasará á historia debido á intervención da Sociedade General de Autores que, sen ter comprobado o tipo de xente que participou no concurso nin os obxetivos, chegaron ó extremo de reclamar o abono das taxas ás compañías senior que interpretaron obras das que os dereitos foron xestionadas por Autores.
A pesar de tratarse de obras representadas por actores e actrices amateur, nun recinto escolar como é o colexio Calvo Sotelo e de entrada libre, a SGAE, non conforme coa difusión cultural, afirma que se trata dun proceso que segue un curso normal.
Onte, durante a entrega de premios, todos os grupos fixeron alusión á SGAE, indicando que o premio recibido ía dedicado á susodita sociedade.
(Información vía Isabel V. M.)

29.10.09

Rianxo: Fogo Fatuo remata o cursiño de teatro con Expresión Corporal e Improvisación

O seu cursiño gratuíto e intensivo de formación en Teatro. Sábados ás cinco da tarde en Rianxo

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

16.12.08

O grupo de teatro de Ribeira, recibido polo Concello

Concello de Riveira

Esas flores de noiteboa ou
cuetlaxóchitl son orixinarias de México. Na lingua náhuatl cuetlaxóchitl quere dicir flor de pétalos resistentes coma o coiro.

E onde sacan o coiro? en Boiro! (antigo dito escoitado por un membro do equipo de Certo a súa avoa)

29.4.08

Pinga teatro: 2 de maio en Boiro

O venres 2 de maio tendes a ocasión de ver a obra "Os contos de María" representada pola compañia The Pinga Teatro. Ás 20h no Salón de actos da Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Alguén se precipitou con esta nova: Viva o bo tempo! Pero rapaces, non lles facedes caso aos vellos? Ata o 40 de maio... e aínda non chegou maio

(Vía Leña Verde, todofume.com)
Blogged with the Flock Browser

3.4.08

CULTURA EN NOIA: AULA DE TEATRO

Se che gusta interpretar, aínda estás a tempo para anotarte na Aula de Teatro. Non perdas esta oportunidade!. Esta actividade ten lugar todos os sábados no salón de actos do Clube do Xubilado, ás 12:00. Infórmate e inscríbete no Departamento de Cultura (Tlfn. 981 828011/699301481)Publicado por Cultura en Noia en 4:38
CULTURA EN NOIA: AULA DE TEATRO
Blogged with the Flock Browser

28.3.08

En Boiro hoxe ás 9 da noite


Datos do espectáculo
Título: HENDAYA mon amour
Compañía: Bacana
Clasificación: Teatro adultos / Comedia
Dura 1 h 15 min
Público: Adulto

Galescena - Datos do espectáculo

Vaia, seica chegamos tarde... Mentres capamos non asubiamos, meus.
Blogged with the Flock Browser

26.3.08

O venres, en Noia, no Noela


Título: Non é tan fácil
Compañía: Malasombra
Clasificación: Teatro adultos / Comedia

Duración: 1 h 25 min
Público: Adulto

Blogged with the Flock Browser

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical