19.4.10
Turismo: colgada en Issuu a Guía de Museos de Arousa Norte
Arousa Norte confórmana Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Non temos moitos museos non. E os que temos tampouco é que sexan moi visitados e innovadores. Pero por algo hai que comezar...
Se non atopan a ligazón: http://issuu.com/nellriveira/docs/museosan
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra: charla informativa do PSOE o martes 20 de abril sobre as afeccións do Plan de Ordenación do Litoral
Permitirse o luxo diante da opinión pública de dicir que non consultáramos o POL con profesionais e que non tíñamos coñecementos sobre o mesmo: estas afirmacións, como mínimo son impertinentes e pretenciosas. Os veciños da Pobra deben saber que un estudio técnico de arquitectos de Vigo, ó igual que este señor dedícanse a elaborar plans xerais, son os que nos están asesorando permanentemente. Se para este individuo nós, non merecemos o seu respecto, por favor, que respecte aos seus colegas de profesión, que son tan válidos e profesionais como el. Sen esquecernos que por asesorar ao equipo de goberno, cobra, que non é un asesoramento particular que paga o Alcalde, que o pagamos tódolos veciños, é por elo que se nos debe gardar a consideración debida. Pola contra, os socialistas si pagamos cos nosos propios recursos aos nosos asesores.
Temos que volver recordar que en data de 11 de marzo solicitabámoslle ao Alcalde unha reunión con técnicos para analizar en profundidade e clarificar as áreas e niveis de afeccións do POL. Por que tanto escurantismo? Por que motivo se nos acusa de mentir e de pouca seriedade, se propiciando unha reunión cos técnicos se resolvían as dúbidas ou os erros? Xa falabamos naquel intre de evitar alarmas.
A confusión propiciouna o Sr. Isaac: recordemos que o día 30/03 no Correo Gallego, nos dicía que “o Pol non nos afectará, sino que nos permitirá mejorar algunas cosas”. O día 31 de marzo na Voz de Galicia nos contestaba que “el PXOM xa se adaptou a lei do litoral”. O 7 de abril na Voz de Galicia contestaba que eramos un concello privilexiado porque tiñamos o PXOM adaptado o POL. Tratase de técnicos adiviños, que sen coñecer a normativa e sen estar aprobada unha lei, (POL), xa a adaptaron 3 anos antes ó Plan xeral. A hemeroteca é pertinaz e pon a cada un no seu lugar.
As falsidades, o descoñecemento sen precedentes, a ignorancia sobre este tema ou as medias verdades son as que confunden aos cidadáns. Dicía que o plan urbanístico xa estaba adaptado ó POL, cando a normativa non ofrece dúbidas: no art. 6.1 di “As determinacións do Pol prevalecerán sobre as establecidas no planeamento municipal”. Non existe na norma ningunha disposición na que A Pobra sexa unha excepción.
Recoñecen ademais que necesitan facer un encadre co planeamento. Recordar que a definición da palabra encadrar, é encaixar, axustar. Polo tanto se é necesario axustar o PXOM ó POL é que a compatibilidade non existe tal e como afirman.
Se a presión que nós fixemos vale para que deixe de estar sometido ao goberno da Xunta e defenda aso veciños dos que é Alcalde, dámonos por satisfeitos. É coñecedor que familias deste pobo compraron terreos en zonas afectadas, que, con razón, están nunha situación desesperada, porque ven que despois de investir os aforros da vida nesa parcela, e consultar o POL, danse conta que esa inversión pode quedar afectada coa imposibilidade de construír. Non deben xogar co futuro das persoas.
Hai artigos da norma que fan que sexamos pesimistas sobre o éxito desas xustificacións que os responsables do goberno dan por aceptadas. Art. 14.1.3. "Evitar os procesos de unión de núcleos mediante continuos lineais entorno as vías de comunicación”. Pretender que as áreas de expansión de núcleo (600 metros) se convirtan en núcleo rural, según apunta a normativa, parece unha misión difícil. De momento nada é historia, haberá que esperar a que as alegacións as resolva e acepte a Xunta, a día de hoxe as afeccións non están modificadas.
Aclarar que os socialistas nunca falamos de derrubar vivendas, falamos dos lugares afectados pola mellora paisaxística e protección de corredor. En ningún caso se derruban vivendas porque nas zonas afectadas, se permite a rehabilitación sen modificar o volume.
Falta de rigor, deixadez e mentir é o que está a facer o equipo de goberno deste concello. Non estamos compinchados nin somos colaboradores da Voz de Galicia, e este xornal, do martes, 13 de abril, nas páxinas de Galicia, ofrecía o porcentaxe de chan urbanizable no que non se poderá edificar vivendas ca nova normativa, a Pobra non poderá no 24,46% do territorio. Pedímoslle aos veciños que se informen e non se dixen engatusar por falsas afirmacións. “SRES DO GOBERNO: O MUNDO NON MINTE e somos moitos os que coincidimos na argumentación”.
Sr. Isaac, presente alegacións e pelexe polos seus veciños que para eso lle pagan".
Relacionada:
POL e PXOM: "axeitado encadre", segundo a Xunta
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: curso sobre linguaxe non sexista, o 20, 22, 27 e 29 de abril na casa da cultura, para tódolos públicos
Rianxo, 19 de abril de 2010. Dende Servizos Sociais estase organizando un curso de linguaxe non sexista para profesionais da administración pública, subvencionado pola Deputación da Coruña. Débido ao número de prazas libres ofértase a todo o público.
Datas: Martes 20 e 27, Xoves 22 e 29
Horario: de 14:00 a 15:00 horas
Lugar: Casa da Cultura. Auditorio
Información e inscrición: Servizos Sociais (Estrada de Tanxil, 12). Teléfonos 981860061 e 667185593
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Noia: organizan un curso de atención a doentes de cancro e familias o 3 de maio
Noia, 19 de abril de 2010. A Concellería de Sanidade do Concello de Noia, dirixida por Rosa Ana Mariño, organiza un CURSO DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL EN DOENTES ONCOLÓXICOS E FAMILIAS, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro e a Asamblea Local da AECC en Noia.
O obxectivo de dito curso, explícanos o traballador social de Noia David Saavedra, "é ofrecer información e ferramentas para afrontar a enfermidade do cancro tanto a nivel individual como a nivel das familias das persoas doentes. O curso vai dirixido tanto a profesionais como aquelas persoas interesadas nesta enfermidade".
O lugar de realización será a casa de cultura "Antón Avilés de Taramancos" e o día, o 3 de maio pola tarde. Para máis información e inscribirse, están estes métodos:
Correos electrónicos: saudenoia@gmail.com; saavedrapino@gmail.com
Teléfono: 609.82.31.34
16:30 – 18:00 Marcos Calvo. Psicólogo. AECC (Santiago). Aspectos psicolóxicos en oncoloxía. Habilidades de comunicación no proceso da enfermidade do cancro. Abordaxe do doente e da familia.
18:00 – 18:30 Descanso.
18:00 – 20:00 Ana Isabel Guillén. Traballadora Social. CHUS. Aspectos sociais en oncoloxía. Recursos.
20:00 – 20:30 Conclusións e peche do curso.
Darase un certificado de asistencia expedido pola Concellería de Sanidade do Concello de Noia.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: segunda ronda de la Copa Galicia de voleibol
Foto de crónica anterior, por Andrés Araña, aquí
Boiro, 19 de abril de 2010. Buen fin de semana, en el que 2 de los 3 equipos del Boiro Voleibol se clasificaron para la ronda final de Copa Galicia.
Nueva victoria para nuestros jugadores por un tajante 0-3: 17-25/20-25/22-25.
Fue un partido marcado por la igualdad en los primeros compases de los sets. La efectividad en ataque y saque hacían que los chicos del Hipescar se llevaran el partido. Los jugadores del Comercial Durán pusieron bastane resistencia, pero no fue suficiente para conseguir algún set, del mismo modo que en el partido de ida.
Jugaron por el Hipescar: Eiras, Iago, Dani, Frigu, Víctor, Migui y Chicho. También jugaron Andrés y Gustavo.
Así, el Hipescar se clasifica para la ronda final de esta primera fase, que se jugará el 15/05/2010, seguramente en Ourense. Los equipos clasificados, además del Hipescar son: Arqo Rianxo, Intasa San Sadurniño y C.V. Ourense. Habrá dos semifinales por la mañana (HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL - ARQO RIANXO Y C.V. OURENSE - INTASA SAN SADURNIÑO), y por la tarde se enfrentarán perdedores y ganadores. Esta eliminatoria decidirá quiénes son los rivales de los equipos de la 2ª Fase: C.V. Vigo A, Emevé Lugo, Turismo de Vigo y C.V. Vigo B.
También victoria para nuestras chicas del Ojea, por otro contundente 0-3 (16-25/14-25/15-25). Las chicas del Ojea volvieron a dominar el encuentro de principio a fin. La efectividad en saque y ataque, unido a la buena defensa no dieron ninguna opción a las pontevedresas, que pese a defender muchos ataque no pudieron culminar con éxito los ataques.
Jugaron por el Ojea: Sandra, Patty, Rebe, Luci, Carla, María y Anael. También jugó Fany. Fueron bajas: Angela, Carolina, Sara y Kate.
Así, también el Ojea se clasifica para la ronda final, pendiente de conocer frival, que saldrá del choque entre el Universitario A Coruña y C.V. Zalaeta. En la otra semifinal se encuentran el C.D. Conxo y el Pinguela B de Monforte, que dio la sorpresa al dejar fuera de la ronda final al C.V. Ourense. De la clasificación final de esta fase saldrán los cruces con los equipos: Ribeira Sacra A, Emevé Lugo, Ageco Marineda y Turismo de Vigo.
Desgraciadamente, nuestros jugadores del Redesyl no tuvieron la misma suerte, siendo derrotados por el Intasa San Sadurniño por 0-3 (14-25/16-25/20-25).
Mal partido de nuestros chicos del Redesyl frente a un rival superior. Sólo en el último set nuestros jugadores del REdesyl se acercaron algo en el marcador. Los numerosos errores locales no dieron mayor problema al SanSadurniño, que pasaba la eliminatoria con facilidad. Jugaron por el Redesyl: Mechas, Alén, Juan, Doc, Marcos, Antón, Diego y Fran.
Ahora toca un tiempo de descanso para nuestros jugadores, aunque seguirán preparándose para la ronda final.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia