Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas

19.7.12

Noia: o sábado, 21 de xullo, inauguración da mostra de pinturas de Manuel Romero

Pintura_manuel_romero
Sin título. 1997. Colección NovaCaixaGalicia

Noia, 19 de xullo de 2012. Segundo informa hoxe o Concello, o vindeiro sábado, 21 de xullo, ás 13 horas, na Casa da Cultura, terá lugar a inauguración da exposición PINTURAS DE MANUEL ROMERO. O pintor noiés afincado en Cambre e que pasou moitos anos en Londres estará na inauguración.

Pequena referencia

Manuel Romero (Noia, 22 de novembro de 1943) ten un amplo currículum de estudios co que se avala a obra deste artista personal, difícilmente referenciable, inclusive nos seus formatos, con frecuencia circulares.

Fixo cursos de deseño en Wimbledon e licenciouse, con matrícula de honra, na Facultade de Belas Artes da Universidade británica de Kingston, en 1987. Deste centro sería profesor e coordinador de estudos nas universidades europeas ata 1996. Comenzou a expoñer na Casa de España, en Londres, en 1983, e tamén o fixo reiteradamente nesta cidade e noutras de Inglaterra, Estados Unidos, París e Xapón, e en varias de Galicia e doutras rexións de España. En exposicións colectivas figurou a súa obra en Inglaterra numerosas veces. Recibiu premios en Estados Unidos, Inglaterra e España, concedido éste polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Recentemente acadou o primeiro no certame Nelson Zúmel, de Lugo (1998). A súa pintura é do xénero abstracto e tamén se adica de xeito importante á escultura.

O mesmo día, pola mañá:


Sábado 21 de xullo: andaina por Lousame

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.12.08

Exposición de Xoán Fernández

O TEU PUNTO DE ENCONTRO

Un pintor nado en Ribeira cunha traxectoria impresionante. Os cadros falan por si mesmos (fai menos de dez por ano, con técnicas totalmente artesanais. Ten pinturas súas por medio mundo, en museos e casas de particulares). No auditorio de Ribeira.

29.4.08

Intelectuais ardendo

De Alfredo Pirucha, que expón no Faro de Fisterra do 1 ao 15 de maio. (http://www.pirucha.net)
Blogged with the Flock Browser

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical