Mostrando entradas con la etiqueta Xunta de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xunta de Galicia. Mostrar todas las entradas

13.9.12

Ribeira: soltan 122 perdices para repoboar o coto da sociedade "Caza e Pesca Barbanza"

 http://farm9.staticflickr.com/8176/7982425611_e186e0170f_z.jpg 

Ribeira, 13 de setembro de 2012.- O Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas efectuou esta mañá unha solta de 122 perdices no municipio de Ribeira.

Media_httpfarm9static_mfuii

Media_httpfarm9static_rgcof

Esta acción foi levada a cabo co obxectivo de sementar e repoboar o coto da Sociedade Caza e Pesca Barbanza. Actuouse en diferentes puntos. Entre eles, os lugares de Muíño da Correa, Balteiro, Frións, Laxes ou Castelos.

A solta contou coa colaboración do Concello de Ribeira e tamén participou un axente do Parque Natural.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.5.12

Rianxo: as xornadas sobre turismo accesible teñen lugar hoxe e mañá no auditorio


  • O encontro está organizado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e mais pola Deputación da Coruña e ten por obxectivo afondar nos aspectos relacionados coas melloras na accesibilidade turística, co uso das tecnoloxías para tal fin así como co turismo accesible como oportunidade de negocio

Rianxo, 24 de maio de 2012.- Carmen Pardo inaugurou hoxe en Rianxo as Xornadas de Turismo Accesible, organizadas pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte coa colaboración da Deputación da Coruña. A secretaria xeral para o Turismo explicou que a consecución dunha maior accesibilidade turística en Galicia constitúe un dos principais retos da Administración Turística galega, xunto coa diferenciación, a desestacionalización turística, o incremento do gasto medio e a estadía media ou o aumento da cota de turismo internacional. Segundo explicou a secretaria xeral, “en España existen catro millóns de persoas con diversidade funcional e en Europa a cifra supera os cincuenta millóns”, de xeito que implementar medidas que incentiven a accesibilidade constitúe, sobre todo, un “acto de xustiza cidadá” porque facilitar o acceso ao disfrute dos destinos turísticos é unha tarefa de todos e require da implicación de diversos axentes. A secretaria xeral aportou tamén datos sobre a cifra de aloxamentos accesibles existentes en Galicia. En Galicia hai 153 aloxamentos turísticos practicables e 33 accesibles, en total 186 aloxamentos con estas características e que abarcan o 6,6% da oferta total de aloxamento da comunidade.

Media_httpfarm8static_gmsiz

No que respecta ao seu departamento, Carmen Pardo explicou que a Administración Turística galega leva traballando nestes últimos anos neste eido, tendo como folla de ruta o Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013, que xa no marco da súas políticas de desenvolvemento sectorial inclúe dúas actuacións específicas dentro da estratexia de actuación orientada ao apoio do turismo accesible a través da eliminación de barreiras e o impulso á accesibilidade nos recursos turísticos.

Entre as medidas específicas do Plan inclúense accións de promoción, habilitación de espazos e recursos; reconversión de zonas como preferencia para persoas con diversidade funcional e mellora de accesos e redución de elementos físicos que impidan a accesibilidade.

Dende Turismo de Galicia, no marco desta estratexia tamén se teñen levado a cabo outras iniciativas para mellorar a accesibilidade turística como o convenio coa Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte para que, coa colaboración da Fundación ONCE, se adaptara a web turística da mancomunidade ás condicións de accesibilidade das persoas invidentes, de modo que a páxina obtivo o certificado Doble A que acredita que se trata dunha web accesible para persoas con este tipo de diversidade funcional. Xa en 2011, a Secretaría Xeral para o Turismo asinara con Arousa Norte un convenio para a creación de paquetes turísticos accesibles na mancomunidade de municipios. Esta iniciativa foi premiada na quinta edición dos Premios Solidarios de Once-Galicia a comezos deste ano. Do mesmo xeito, tamén no marco do programa Vive Galicia que alcanza este ano a súa terceira edición e que foi desenvolvido por Turismo de Galicia, figuran dous paquetes de turismo accesible que inclúen experiencias para persoas con diversidade funcional en catro municipios de Arousa Norte.

Así mesmo, dende a Secretaría Xeral para o Turismo, segundo explicou a secretaria, incluíronse nas ordes de axudas para o sector medidas de discriminación positiva para todos aqueles establecementos ou servizos turísticos que quixeran facer obras ou melloras para adaptar os seus establecementos ás condicións de accesibilidade para os usuarios.

Ademais, dende Turismo de Galicia, a través de Turgalicia publicáronse dúas edicións da Guía de Establecementos Accesibles de Galicia. Na edición de 2011 imprimíronse 1.300 exemplares da guía, mil en castelán e 300 en galego e producíronse máis de 1.600 descargas da versión electrónica da mesma.

Tamén, en Rianxo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

22.5.12

Rianxo: primeiro concello da bisbarra en posicionarse contra as fumigacións do gorgullo do eucalipto

  • Estaba previsto fumigar máis de 3.000 hectáreas en Rianxo cunha sustancia que deixará de ser legal este ano, ao prohibila expresamente a Unión Europea

A Plataforma contra as Fumigacións presentou o 21 de maio de 2012 86.426 sinaturas contra os tratamentos aéreos con Flufenoxuron en Galicia. A campaña fíxose a través de change.org (http://www.change.org/petitions/salvemos-las-abejas-de-galicia-queremosabellas)

Rianxo, 22 de maio de 2012. O Concello de Rianxo solicitou mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Montes da Xunta de Galicia que se prohíban as fumigacións que teñan previstas no municipio nas extensións de eucaliptais. Quérese evitar así calquer produto químico que conteña a sustancia activa flufenoxurón, non aprobada e prohibida a día de hoxe pola Unión Europea e a piques de erradicarse definitivamente, tal como se instou no Reglamento de execución da UE 942/2011.

Tal e como consta na Comisión da Unión Europea esta sustancia “demostra efectos inadmisíbeis para o comportamento acuático… persistente, bioacumulábel e tóxico…” e insta a que deixen de comercializarse os biocidas que a conteñan. A piques de desaparecer do mercado os produtos que leven este compoñente e rematar a finais de ano a moratoria última que deu a comisión europea para eliminalo "sorprende o empeño da Xunta en seguilo a aplicar en Galicia e particularmente en 3.362 hectáreas de Rianxo cando todos os estados da Unión son avisados de que esta sustancia non se aproba e se fai un chamamento tallante a erradicalo antes de finais de ano", sinalan dende o Concello.

Información áos comuneiros de montes

O Concello de Rianxo dirixirase ás comunidades de montes do concello para informarlles desta situación e que sexan coñecedores dos efectos sinalados no produto, tendo en conta ademais que moitos dos acuíferos que dan servizo ás traídas veciñais poden ser afectados e con efectos non comprobados sobre a saúde das persoas. O que si está comprobado é que acaba coas abellas, tan importantes para a agricultura e para o proceso da vida na terra tal e como a coñecemos agora.

Tamén, en Rianxo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

27.7.10

Noia: a Xunta presentará o proxecto de saneamento en setembro

O luns 26 de Xullo o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, reuniuse co Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, polo tema do saneamento de Noia.

A Xunta comprométeuse, a través do conselleiro, a presentar o proxecto en setembro.
O proxecto está sendo agora realizado pola empresa Pettra. Os dous anteriores foron realizados pola empresa Applus. O procedemento será a aprobación do pleno, exposición pública, informes sectoriais, e posteriormente debe ser aprobado pola Xunta para a súa posterior contratación. O prazo de inicio das obras vaise ao 2011.

Por outra banda, o alcalde solicitoulle ao conselleiro que estudie a construción do saneamento no lugar de Sampaio, onde se concentran as molestias polas obras do corredor Noia-Brión, e o enlace con Lousame.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

25.3.10

Política: o Psoe segue a denunciar corrupción nas oposicións e procesos selectivos da Xunta

Carballo, 25 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas pediu hoxe que “o Presidente da Xunta de Galicia ten que actuar con urxencia e proceder ao cese do Director Xeral da Función Pública, porque a Xunta de Galicia está transmitindo unha imaxe lamentable das oposicións, onde a constante diaria é o coñecemento por diversas fontes informativas dunha ausencia real de garantías de limpeza e imparcialidade”.


O PSdeG DENUNCIA QUE AS OPOSICIÓNS Á XUNTA DE GALICIA ESTÁN CHEAS DE IRREGULARIDADES E PIDE “A NULIDADE DOS PROCESOS SELECTIVOS ONDE HAI GRAVES IRREGULARIDADES, POLA AUSENCIA DE GARANTÍAS DE LIMPEZA E IMPARCIALIDADE NESTOS PROCESOS SELECTIVOS”

LAGE TUÑAS DIXO HOXE XOVES 25, DURANTE UN ENCONTRO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN CARBALLO (A CORUÑA): “EN DEZ MESES DE GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO A XUNTA DE GALICIA ESTÁ CONVERTINDO AS OPOSICIÓNS EN “NOTICIA DE ESCÁNDALO E VERGOÑA ALLEA”, ONDE AS FILTRACCIÓNS EN EXAMES, OS CAMBALACHES PERSOAIS E A AUSENCIA DE GARANTÍAS DE LIMPEZA E IMPARCIALIDADE É UNHA CONSTANTE DIARIA”

-O Viceportavoz do Grupo dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, preguntábase ésta mañá en rolda de prensa en Carballo “como o Partido Popular pode xustificar a inmoralidade de que un Presidente dun Tribunal xuzgue e examine aos seus compañeiros de Tribunal. É unha barbaridade, e toda unha declaración de falta de principios por parte de quen está gobernando Galicia.”

-Lage Tuñas denuncia que as oposicións á Xunta de Galicia están cheas de irregularidades e pide “a nulidade dos procesos selectivos, onde hai graves irregularidades, pola ausencia de garantías de limpeza e imparcialidade en varios procesos selectivos

-O deputado do PSdeG defendeu hoxe aos milleiros de opositores que “viven con rabia e indignación as tropelías que o Partido Popular está amparando dende a Xunta de Galicia.”

José Manuel Lage afirmaba hoxe na rolda de prensa que “os cargos de Facenda siguen participando nas oposicións e serán xuzgados polo presidente do tribunal do que formaban parte os dous xefes de servizo. Unha parte importante das probas selectivas xa se celebraron, co cal examinadores e examinados compartiron tribunais mentras se examinaban entre eles”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical