- As 200 hectáreas, inseridas no Banco de Terras que xestiona a Xunta e que puxo en marcha o anterior goberno bipartito, destinaranse á cría de razas de gando vacún, ovino, porcino e aves, e será compatible coa xestión forestal e incluso turística e educativa do monte. O emprendedor é o cidadán austríaco Andreas Rohregger
Porto do Son, 1 de xuño de 2012.- O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Antonio Crespo Iglesias, asinou hoxe nas instalacións da Axencia en Santiago de Compostela, un contrato de cesión terras, con Andreas Rohregger, un cidadán austríaco interesado en converterse en gandeiro ecolóxico en terras galegas. O contrato supón a cesión de 200 hectáreas do Monte veciñal en man común de Baroña, para o que foi imprescindible a intermediación do Banco de Terras.
O contrato formalizarase a través do Banco de Terras de Galicia, cun arrendamento pactado entre promotor e comunidade veciñal durante 11 anos. Esta operación, que inclúe non só as terras senón tamén as instalacións alí existentes, posibilitará o aproveitamento do potencial multifuncional do monte mediante a implantación dun sistema de cría de razas de gando vacún, ovino, porcino e de aves autóctonas, como é o caso da raza Cachena en vacún ou a Galiña de Mos.
O turismo cultural de Porto do Son ten a súa xoia da coroa no castro de Baroña
A Comunidade de Montes de Baroña realizará conxuntamente con Andreas Rohregger os labores de xestión do monte, encargándose ela mesma da explotación forestal e cedendo no arrendamento mencionado os usos de carácter gandeiro, agrícola e outros derivados do aproveitamento dos recursos do monte, tales como a recollida de fungos ou as visitas de carácter turístico, entre outros.
A cría destas razas realizarase ao aire libre, mediante un sistema de pastoreo rotacional, para conseguir unha carne da máxima calidade e salubridade. Os produtos derivados da actividade serán comercializados a través da marca europea rexistrada “Tierra Celta”.
Aproveitamento turístico e granxa escola
A todo isto sumarase o posible aproveitamento turístico do enclave, tendo en conta a excepcionalidade do lugar, próximo ao Castro de Baroña. Así mesmo, o promotor austríaco pretende levar a cabo durante o período de cesión un proxecto de granxa escola que dea a coñecer as súas actividades a escolares ou visitantes en xeral.
Tamara Peña di que para mover o mundo hai que crebar algunhas vaixelas. E logo mercar novas. Venres caníbal certo.es/index.php?page… #eló
— Certo (@Certo) June 1, 2012
Del creador de "El 11M fue ETA", @pedroj_ramirez, hoy nos llega "Os dije que este gobierno se estaba moviendo bien". Piyei fue president!
— Barbijaputa (@Barbijaputa) June 1, 2012
Nestes datos é onde se ve a quen representa cada goberno: culturagalega.org/noticia.php?id… Se hai que dar cartos, primeiro aos "nosos". #eló
— Certo (@Certo) June 1, 2012
Está de TT en #HostiónAlCanto e non son os @terbutalina promocionando "Hostias para todos". Pero xa que non o fan: terbutalina.blogaliza.org/2012/05/24/des… #eló
— Certo (@Certo) June 1, 2012
Ducias de persoas participan en Ribeira e Carballo nos peches contra os recortes no ensino público bit.ly/KPJg6I
— CIG (@galizacig) June 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario