Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño´, de X. H. Rivadulla Corcón, estréase o vindeiro venres10-04-2008 Este documental está dirixido polo veterano guionista X. H. Rivadulla Corcón, producido por Ficción. É unha revisión das figuras das Dúas Marías, personaxes que se converteron nun emblema dos últimos anos da cidade de Compostela. A estrea acontecerá o 11 de abril, ás 20h30 no Teatro Principal.2Na entrada da Alameda de Santiago de Compostela están, feitas estatua, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño, máis coñecidas como "as Marías". Porén a realidade destas dúas mulleres non é de todo coñecida: moitos pensan que eran unhas simples tolas, fóra da realidade. E trala súa existencia onírica había un drama real e auténtico que tiña que ver coa realidade que xerou, primeiro a guerra civil e a continuación a posguerra."Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño" quere facerse eco dese drama, para o que conta coa participación de relevantes facianas da vida pública compostelana. FICCIÓN PRODUCCIONES, coa colaboración da TVG, segue a dar mostras do seu vivo compromiso co país e coa recuperación da memoria histórica, neste caso na persoa de dúas emblemáticas mulleres ‘de a pé’.O acto será presentado polo productor do documental Julio Casal, o director e guionista X.H.Rivadulla Corcón, o conductor Farruco e mailo alcalde de Santiago Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao remate da proxección, FICCIÓN PRODUCCIONES quere convidarvos a un viño galego no ambigú do Teatro Principal.Axencia Audiovisual Galega
César Lombera estivo hai non moito en Boiro coas súas esculturas. El foi o que fixo a estatua das Dúas Marías no paseo da Alameda de Compostela. Agora fan un documental sobre estas dúas mulleres, extravagantes para uns, coherentes para os que as coñecían ben
Blogged with the Flock Browser
No hay comentarios:
Publicar un comentario