10.6.08

Novo vestuario?

O TEU PUNTO DE ENCONTRO
Blogged with the Flock Browser

9.6.08

planetamincha

planetamincha

Se che gusta a Banda Deseñada, aquí pódese estar cocendo algo importante...
Blogged with the Flock Browser

Fuco - ***GALIZA TERRA MEIGA***

Fuco - ***GALIZA TERRA MEIGA***

Por favor! Nós tamén queremos!!!!!
Blogged with the Flock Browser

Ningún é Gaspar

Quen o pillara así tan clariño!!!

TEVRA (Tiniebla) en directo en la Sala Capitol. 6 junio 2008

6.6.08

Faga windsurf en Portosín

Condicións idóneas, paisaxe espectacular, bo trato, que máis quere?

Horóscopo da Barbanza

Cousas que nunca publicaremos en Certo, pero que poden empregar se o desexan. Cada mes, barallen. E se acertan algo e se animan a contárnolo, marabilloso!!! Este texto foi escrito hai un ano. E serve o mesmo que entón, non porque sexa un clásico da literatura de videntes, senón porque é igual de científico. Non apto para espíritos sensibles. Non o deixe ao alcance de nenos: son especialmente crentes.

Aries: (21 de marzo ao 20 de abril). Como bo signo de lume, ollo cos mistos. Xa cho dixemos: quen xoga con lume acaba queimándose. Aprende a ter paciencia e coñécete a ti mesmo. Amor: as de Rianxo andan por ti, ben o sabes, e os de Lousame farán que te sintas unha princesiña. Saúde: usa un protector solar alto. O do melanoma non é broma. Fortuna: deixa de fumar se queres ver medrar o teu peto. Amaña xa eses papeles, mira que eres lento.

Tauro: (21 de abril a 20 de maio). O de ir aos San Fermíns era unha boa idea. Pero ás veces non hai tempo para todo. Outra vez será. Amor: Non farás máis que recibir bicos e agarimos. Pero antes terás que telos repartido a eito. Ollo cos de Noia. E coas de Muros, atención. Saúde: a operación menos kilos non sae con esas cervexiñas, ti, machiño, nin con esas olivas antes de comer, ti, mulleriña. Fortuna: a paga extra non dura nada. Xa avisamos, pero nunca sabe un cando parar, non é?

Géminis: (21 de maio ao 21 de xuño). Eres do máis interesante, cando calas. Non te metas en camisas de once varas, nin varees pexegueiros alleos. Logo di que non sabías nada. Amor: no verán tes tendencia natural a cambiar de parella. Non perdas a calma, este ano case non hai verán. E tanto as de Boiro como os da Pobra teñen praia, xa me entendes. Saúde: non collas tanto o elevador, que sigues vivindo en planta baixa. Deberías mover o esquelete. Incluso na cama, en compañía ou non. Fortuna: os orzamentos son os que son, como diría un bo político. O teu é menos do que é, así que apreta o cinto.

Cáncer: (22 de xuño ao 22 de xullo). Semella que tes o desasosego. Non paras, e iso pasarache factura cedo ou tarde. Amor: non mistures negocios e pracer. A mesa do despacho non é lugar. En Riveira andan á que salta e as de Porto do Son, non vexas. Saúde: pensas que esto é o Caribe e non, pon esa rebequiña, como che dicían na infancia. Fortuna: non che sobra, pero tampouco che falta. Cantos desexarían iso!

Leo: (do 24 de xullo ao 23 de agosto). Tes chispa, pero cando bebes poste pesado ou moi falangueira. Modérate. Se non bebes, ao mellor deberías mirar por qué. Eso si, tes que aprender a ser humilde para poder valorar ós que te queren. Amor: o teu non é atractivo, o teu é un auténtico imán para os do sexo oposto, e incluso para os/as do teu. Usa protección, sempre. Saúde: tes tendencia a ter os pés mollados. E as doenzas non se paran en barras. Sécate, oh. Fortuna: se segues a xogar tanto á lotería, vas ter premio, pero negativo. Contrólate, ou caerás na ludopatía. Non sempre toca en Rianxo.

Virgo: (do 24 de agosto ao 23 de setembro). Que tes tendencia ás manías, sabíamolo, pero tanto, tanto… Non te aceleres. Amor: espabila un pouco, ou verás pasar o sol pola porta. E a lúa está en Boiro, o sol, en Portosín. Saúde: os nervos afloran, deberías pensar que é o que che causa tanto estrés. E mandalo alí mesmo, alí. Fortuna: xa está ben de que che paguen as invitacións. Estírate algo.

Libra: (do 24 de setembro ao 23 de outubro). Adoitas pasar de rondón por todos lados, pero agora non che queda máis que ser protagonista. Aproveita. Amor: nótase que estás enamorado/a desde a Curota. Todo sairá ben, se ti queres. Saúde: o teu sempre foron as vías respiratorias, que necesitarían un desdobre como a vía rápida. A modiño. Fortuna: tes unha amizade que só che procura mimos. Compénsaa. Se é de Dodro, máis.

Escorpio: (do 24 de outubro ao 22 de novembro). Costou, pero esta a chegar a madurez á túa vida. Non foi sen tempo. Amor: eles arrasan en vilas de alcurnia como Noia ou Pobra, pero elas fan maghas en Rianxo e Boiro. Saúde: eses kiliños aínda se notan, pero tampouco te poñas como sílfide. Non fai falta. Fortuna: non por madrugar amence máis cedo. Ollo cos sablazos da familia, sobre todo da política. Os de Lousame apretan.

Sagitario: (do 23 de novembro ao 21 de decembro). Sempre estás soñando, co sol en inverno e coas néboa no verán. Céntrate. Amor: as de Vilagarcía cruzan a ría e os de Muros suben en moto. Saúde: os excesos coa comida e a bebida nunca lle fixeron ben a ninguén, de ningún signo. Fortuna: tes cambios á vista. Pero ao mellor non estás mirando.

Capricornio (do 22 de decembro ao 20 de xaneiro). Turras e turras. E volves a turrar. Como sigas así, non chegas ao turrón. Amor: as de Riveira son un pouco absorbentes e os de Noia están lanzados. Saúde: a cabeza tráeche de ídem. Máis que aspirinas, repouso. Fortuna: tes tantos frentes abertos que non sabes por onde se che van os cartos. Non es racional por tomar tanta ración en Padrón.

Acuario: (do 21 de xaneiro ao 19 de febreiro). O peor xa pasou. Colle aire e métete a todas esas oportunidades: están agardando. Amor: as de Outes lévanse o gato á auga e os de Padrón, uns ligan e outros non. Saúde: a ansiedade estaba a matarte. Sobre todo cando colles a estrada vella de Ribeira a Padrón. Así está ben: relax, que son dous días os que estamos aquí. Fortuna: non te deixes enganar, por comprar máis nas rebaixas non aforras máis, gastas máis e pensas menos.

Piscis: (do 20 de febreiro ao 20 de marzo). O dos paxariños preñados é o teu. Pero és feliz, que máis queres? Amor: as de Riveira están moi sensibles e os de Boiro xa se fan empalagosos. Saúde: o deporte nunca che tirou. Non comeces agora, poderías lesionarte. Fortuna: as mercas compulsivas non son o mellor remedio para o teu escaso orzamento. Déixate de tanto mercadiño, que se os martes en Boiro, os mércores en Pobra, os sábados en Ribeira e os domingos en Noia: non tes paranza!

Barrañentos xogando

Tirado de Club Voleibol Ribeira
Blogged with the Flock Browser

4.6.08

VAI DE RODA en Braojos de la Sierra

VAI DE RODA

O pasado sábado Vai de Roda actuou en Braojos de la Sierra (Madrid) dentro da IX Jornada de Música y Tradiciones que organiza o concello e a oficina da xuventude coa colaboración dos veciños e veciñas do pobo. Esta actividade forma parte dun programa máis amplo denominado Braojos Tradicional que se desenvolve ao longo de todo o ano e que inclue unha interesante programación de talleres, exposicións, rotas...
Viaxou con nós ata Braojos o grupo de baile tradicional Alborada de Santa Lucía.
Puidemos participar nos talleres de barro, cestería, papel, malabares... Escoitamos música de dulzaina, degustamos as especialidades gastronómicas da zona...
Chegou o momento da nosa actuación e chovía a chuzos, pero contra vento e marea Vai de Roda e Alborada actuaron baixo a carpa de Braojos, demostrando que @s galeg@s somos xente curtida e que nos vai a festa unha barbaridade
Blogged with the Flock Browser

3.6.08

20 Discos para escuchar este verano

Como ya es habitual por estas fechas les traemos la lista de los discos que más nos están gustando este año, para que vayan haciendo acopio de cara al verano. Por supuesto que faltan muchos buenos álbumes, los que todavía no nos ha dado tiempo a escuchar detenidamente. Pero creo que es una buena selección.Hemos enlazado los discos a Last.fm, donde podrán escuchar aquellos que no conozcan y que les llamen la atención especialmente.
20 Discos para escuchar este verano | La brujula verde

Así somos: facemos listas de todo. E logo chega o síndrome de CiberDióxenes, xuntamos 40.000 cousas que trapeamos en Internet e logo nunca máis voltamos mirar. Limpe o seu disco duro. Non é un consello, é unha orde.
Blogged with the Flock Browser

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical