Da Galería de Jose M Turnes en Flickr: http://www.flickr.com/photos/jmturnes1/
21.7.08
16.7.08
Boiro: sitio distinto?
Esta foto que ven é xa historia. A pintada estivo aí moito tempo pero en maio foi borrada.
Este instituto é obxectivo preferente de actos de vandalismo (os vándalos eran unha tribo que partillaron territorio cos suevos aquí na Gallaecia, polo menos na súa facción Hasdingi, os Vandali Silingi estaban máis ao sur). Agora acaban de crebar de novo cristaleiras...
Boiro sae cada pouco nos medios con pelexas en discotecas ou fóra delas, con agresións gravadas en móbil, con continuos ataques ao mobiliario urbano... Que ocorre? Ao tempo, é un fervedoiro de colectivos culturais entre a mocidade, con moitos mozos adicados á música, ao cinema, á literatura e a outras artes. Pódese facer unha diagnose do que está acontecendo? Ou botaremos man dos tópicos? Que piden os que creban vidros e fan pintadas contra o que sexa? Que quixeron decir os que chamaron cárcere a este instituto? Ou non se lles pode facer caso polo método que empregaron para dicilo?
Teñen a palabra...
15.7.08
12.7.08
11.7.08
Concerto Com Pau Alabajos e "O Leo i o Arremecaghona"
aturuxo - detalhes do artigo: Concerto Com Pau Alabajos e "O Leo i o Arremecaghona"
Seguimos decindo o mesmo: ou máis luz, ou mellor cámara. A "cova" de Aturuxo produce estas fotos... e vemos que non é a nós só
10.7.08
Manda o lector: a pluma de Cela
Botan de menos tantas entradas e tan seguidas neste blog. Hai alguén -moi teimudo, como case todos os que formamos Certo, é un defecto, non unha virtude, na maioría dos casos- que está entusiasmado con esta bitácora, pero outro di que non acaba de velo. Por unha tempada foi gañando o primeiro, pero logo, con tantos frentes abertos, fixeron que esta actividade blogueira decaese.
Mais aquí estamos. Para enfocar o blog doutro xeito: sen tantas entradas, pero con máis reflexión. Só así pode haber comentarios. Se metemos cinco ou seis propostas cada día, o lector, por moito tempo libre que teña (e hoxe semella que ninguén ten diso, é un producto de luxo) non da abasto. Así que imos meditar. Como cantaba Reixa cando aínda era Resentido e non un cineasta burgués, "cómpre reflexionar". Nisas estamos.
Abrimos fogo co asunto da pluma de Camilo. Estámonos a secularizar, iso está claro, pero coas supercherías da relixión. O feito de que Touriño, elexido democraticamente por cidadáns do século XXI, que en teoría non lle rinden pleitesía a ningún rei, reciba a estilográfica coa que Cela asinou un texto non é máis que unha volta ás reliquias. Si, esas que lle entusiasmaban a Felipe II, que case tivo que facer o Escorial para meter tantas que coleccionou... Que iso sexa noticia -de gabinetes de prensa da Xunta, de tódolos medios repetindo como papagaios estes días- é voltar atrás. "Aquí hay tomate" fixo moito dano. A Marina Castaño tamén. Daqueles polvazos estas lameiras.
E vostedes teñen algo que decir? Retruquen, só pedimos sentidiño
Tamén poden visitar a web da Fundación Cela e opinar sobre iso do sectarismo político no mundo da cultura, que promete. Aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

