Nós, que nos sentimos aludidos nesta entrada porque somos dos fieis seguidores, tamén lle desexamos ao Gourmet de Provincias boas festas e que nos siga ilustrando con este blog e cos demais.
Un pintor nado en Ribeira cunha traxectoria impresionante. Os cadros falan por si mesmos (fai menos de dez por ano, con técnicas totalmente artesanais. Ten pinturas súas por medio mundo, en museos e casas de particulares). No auditorio de Ribeira.
En Mozambique. Con bolboretas sen clasificar, e serpes, e mesmo plantas. E descubrírono co Google Earth. Que grande é o mundo, aínda ten máis de catro casas (escoitado a un vello nunha aldea).
O raro é que ningún galego dera con el (cremos que en Mozambique tamén hai galegos)