6.7.09
Moeche: visite un castelo ben bonito
Por se non o fixeramos...
parte de todos
Cargado originalmente por lbarreiro2000
Noraboa aos coruñeses e a todos nós por este nomeamento como Patrimonio da Humanidade. Un día falaremos de Hércules, Heracles, e as súas longas relacións con Galicia.
4.7.09
4 de julio
Fourth of July Fireworks Stand circa 1900
Cargado originalmente por stevechasmar
De 1900. Choveu. E fixo de todo... nós aínda o contamos, pero as da foto imaxinamos que nin de broma!
Feira Rural en Dodro
Outro estupendo traballo de Paco do Martelo, o comuneiro que máis sacha no monte de YouTube en Barbanza
3.7.09
2.7.09
Alfarería supersticiosa
Feira de Artesanía de Ribeira
Cargado originalmente por xornalcerto
As tellas pintadas contra o trono ou o raio... A meiga axeonllada e con risa pícara... A cada paso que damos, os galegos tropezamos coas nosas teimas, herdadas de tantos séculos de converxencia de crencias e culturas.
Galicia, terra promisoria de supersticións
Os vellos cultos sempre volven. O culto á auga vén de tempo inmemorial. Non fai falla que nolo traia un gurú norteamericano. Pero se o fai, benvido sexa nesta terra de pedras embruxadas, meigas irredentas, Santa Compaña pantasmal e demais contiños cos que nos animamos os medrosos mortais. E os galegos, os da terra dos mortos, máis.
Unha técnica hindú no Indostán español (Galicia)
Practicarían esta arte milenaria os que traballaban e debuxaban as nosas míticas pedras?
