2.8.09

Moito meneo!

Paquito o Chocolateiro ten que estar remexéndose! Non sabemos onde!

MMhhh, que lembranzas!

E foi onte, coma quen di!

1.8.09

O paraíso xa o temos aquí


Ría de Arousa (Panorámica)
Cargado originalmente por Shawnito

Coidémolo, e deámoslle a importancia que ten!

31.7.09

Temos pinta de estar bos, a que si?


Nunca deixamos de sorprendernos coa Rede e cos nomes. Estarán boas estas marmeladas? Agardamos que si! Se imos a Inglaterra axiña buscarémolas!

Ferramulín, na reserva do Courel


Ferramulín
Cargado originalmente por Mighty Marta

Os montes que cantou Novoneira, as lombas que paseou a noiesa María Mariño... un paraíso ao que sempre hai que voltar!

Visto e non visto

Coidadiño, que os cabalos da Barbanza non son calquera cousa... hai un montón de sitios con topónimos que se refiren a que esta terra sempre foi de cabalos bravos!

A ORQUESTA PANORAMA NAS FESTAS DE RIVEIRA

Ata o último recuncho da última aldea quere ter esta orquestra nas súas festas... por que será?

28.7.09

O certame de 2009 é este sábado 1 de agosto

A ver se medra en espectacularidade... vaia profesionais!

Espectáculo para crise ou vacas gordas


Solpor na Ría de Muros
Cargado originalmente por raullagof

Só fai falla estar á hora axeitada e ter sorte de que non haxa nubes. Sitio? Aquí, Ría de Muros e Noia. Segundo o noso sistema, calquera lugar que dea ao oeste.

Unha estupenda imaxe


Muelle de Escarabote de Noche
Cargado originalmente por xurx0

Dun pequeno peirao...

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical