Xa teñen 700 integrantes...
Convidan a participar e suxerir ideas para que non se destrúan tres praias de Aguiño, en Ribeira
10.9.09
Grupo en Facebook contra a depuradora en Aguiño
via facebook.com
Concerto o 11S nas Festas do Castro
9.9.09
O QUE FIXERON COA ESTRADA CARREIRA-AGUIÑO NON TEN NOME
Case en tempo real: queixa dun veciño (pena de foto
)
Acaban de botarlle gravilla por encima ó tramo da estrada que vai dende o cruce do Vilar ata Aguiño. Unha autentica animalada, mais tendo en conta que este tramo estaba en perfectas condicions para circular, sen baches e ben pintado. Un perigo para a conducción moi grave que ademais de facer patinar aos vehículos (co conseguinte perigo para os peóns), tamén fai que salten pequenas pedras ós parabrisas dos coches e peóns que circulan polas beirarrúas.
É unha vergoña que asfalten tramos con pouco tráfico e que esta estrada que ten unha grande cantidade de desprazamentos diarios fagan dela unha auténtica cañeira.
É unha vergoña que asfalten tramos con pouco tráfico e que esta estrada que ten unha grande cantidade de desprazamentos diarios fagan dela unha auténtica cañeira.
Toño Chouza, seleccionado en Bueu
O mércores 9 de setembro, día de proxeción da súa curta "Por la mañana"
Na fin deste pdf tedes a sinopsePor se non sabedes aínda quen é o boirense Toño Chouza, en Certo entrevistámolo aquíXerarquía de distracións dixitais... falta o Posterous!
Unha interesante páxina... o do Twitter (se só houbera 100 en Twitter) tamén está xenial, en http://www.informationisbeautiful.net/2009/if-twitter-was-100-people/
4.040 fotos en Flickr e case 60.000 vistas!
via flickr.com
Árdelle o eixo, como a este carro que podedes ver no Museo de Etnografía de Artes, en Ribeira.
Ampliación do Porto de Cabo da Cruz: postura do Bng
via facebook.com
O Consello Local do BNG de Boiro quere amosar o seu apoio aos veciños e veciñas do Cabo da Cruz, así como às entidades que os representan, con motivo das queixas recibidas ante a modificación do proxecto de ampliación do porto do Cabo da Cruz. Queremos lembrar que a ampliación do peirao é unha obra determinante para o desenvolvemento económico do noso concello, pois estamos falando dun proxecto que supón a ampliación dos puntos de amarre da nosa frota bateeira e das embarcacións menores, así como a mellora na seguridade do propio porto, e a dotación de novos servizos portuarios como a construción do porto deportivo. Levamos 15 anos a voltas co porto do Cabo da Cruz, 15 anos cheos de proxectos, de estudos e de catas. E, no momento en que existe algo definitivo, o goberno do PP cambia o proxecto, ao seu antollo e sen informar a ninguén, e recurta máis de 20.000 m2 de lámina de auga por imposibilidades de carácter “técnico”, cando en ningún dos estudos feitos con anterioridade se contemplara tal cousa. Resulta curioso que en 2005 o Sr. Núñez Feijoo, daquela Conselleiro de Obras públicas, anunciara a necesidade de levar a cabo as actuacións que, agora sendo Presidente da Xunta, non ten problema en dar para atrás. Habería que preguntarse, pois, se serven para algo todos estudos feitos até o momento e se valeu a pena esperar 15 anos para ver isto. Mesmo parece que o obxectivo do PP sexa privar aos veciños de Boiro das inversións comprometidas e aproveitar a “crise económica” e a suposta “austeridade no gasto público” para desviar os cartos comprometidos no seu día polo goberno bipartito para outras finalidades descoñecidas para os boirenses. No BNG consideramos que unha decisión tan importante como é o recurte de máis de 20.000 m2, precisamente na zona de maior calado, non pode ser adoptada “unilateralmente” desde un despacho de Portos de Galiza sen contar con ninguén, sen proxecto algún, e sen definir realmente o que se quere facer. Desde o BNG entendemos que tanto as autoridades locais como as entidades profisionais e veciñais do Cabo da Cruz deben ser oídas, e imos facer todo o que estea nas nosas mans para que a súa voz se faga valer. En Boiro, a 07 de setembro de 2009 O Consello Local do BNG de Boiro Menos mal que temos Posterous, que é aberto! En Facebook hai que darse de alta para ver este tipo de contidos...
Xa temos amiguiños en Posterous! Isilayerol
via twitter.com
E tamén postea en Twitter, claro... imos tolear con tantos servizos xuntos! Ás veces pensamos en cambiarnos o nome e chamarnos "EcoCerto". Non pola ecoloxía, non, polo de ser "eco" en tantos sitios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
