17.9.09

Petróglifos en Porto do Son

Un reenvío, borramos información que non é necesaria (remitentes, destinatarios, horas e tal) e... voilá! Posterous!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A caida dun símbolo

Mentres o escudo anticonstitucional vai quedando reducido a escombros, entre moitos dos curiosos que se achegan a ve-las obras de desguace do símbolo franquista pódense oir frases do tipo de "¿a quén lle molestaba eso ahí?".

Quizais deberon facerse a mesma pregunta 70 anos antes, cando o dictador botou do poder ós que estaban para poñerse él, e os seus símbolos.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia, sen Mostra de Curtas?

Mostra_de_curtas_2009

En risco a undécima edición da Mostra de Curtas "Vila de Noia"



Imaxe da décima edición, a de 2008

     Noia, 17 de setembro de 2009. "Por favor, se para o ano pasades de casualidade por Noia por estas datas (decembro, primeira semana), quedade, porque esta semana despídese ata a undécima Mostra e porque de seguro será moito mellor que a anterior". Así remataba Tamara Peña Vázquez, colaboradora de Certo, a súa "Crónica espasmódica da X Mostra de Curtas de Noia" que aínda poden ler aquí. A súa recomendación podería ser estéril de cumprírense os peores presaxios: a Xunta de Galicia deixa sen subvencións este certame.

    Así o acaba de anunciar Josema González Canabal, concelleiro de Cultura e Festexos de Noia, no seu Facebook: "O novo esquema da Mostra de Curtas iniciado na X Edición fréase de súpeto. A Xunta decidíu retirar as axudas aos festivais de cine. En concreto Noia quédase sen 20.000 € concedidos o ano pasado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. O novo goberno segue cos recortes. Educación, Sanidade, Cultura, etc. Máis de 3.500 persoas pasaron polo Coliseo Noela nos 10 días de duración do ano pasado".

González Canabal (o da dereita) no certame do ano pasado

    Mais o concelleiro socialista non se arredra: "A de Noia é unha das mostras máis antigas de Galicia na que conviven creadores galegos, españois e extranxeiros. A única cun premio á mellor curta da comarca. Veremos o que se pode facer este ano. Eu non penso quedarme inmóbil con esta decisión: e vós?", pon no seguinte comentario no seu Facebook persoal, hoxe ás once da mañá.

   Fórmulas alternativas

    Un comentario de Karlos Cobas anímao a buscar patrocinadores privados: "Se a Xunta non dá nada, haberá que buscar un patrocinador privado. Seguro que sendo un festival de tanta tradición algunha empresa poderá apoialo a cambio dunha boa campaña de publicidade. Ánimo".

    Agardamos que a cor que piden que imaxinemos para a undécima edición en http://www.curtas-noia.es non se funda a negro.



Publicado: jueves 17-sep-09

Agregar Comentario
Agregar Comentario-->

Páxina anterior: Noia
Páxina seguinte: Boiro

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pazo de Goyanes: novos usos!

Os Mercenarios de Barbanza naceron en A Pobra:

Se os primeiros señores do pazo viran isto! Apuntaríanse seguro!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

16.9.09

Monstruos marinos: por se non chegaban as excusas para ir á Casa das Ciencias

En 3D. Ten que ser abraiante!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Escola Infantil de Boiro: como nos gusta o amarelo!

Non paran de postear no blog desta galiñoescola!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Actualizado Webboiro.com!!!! Por fin!!!

vía http://www.webboiro.com

Centos de fotos de Boiro, dos últimos, penúltimos e antepenúltimos actos, xa na Rede! Ata os comoxanos teñen a súa festiña! E os de Lampón, e os de Bealo por suposto!
Todo co esforzo -nada se fai a pan de millo- de Dani Gestoso.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ioga e alcol: se os resultados son os mesmos, que prefires?

Aínda nos rimos un anaco con estas fotos!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

En movemento.

Xa podemos cómo lles foi ós da VII Andaina Popular de Riveira, con este video que nos fan chegar.
 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Agora sí

Parece que agora sí escomezaron as obras de retirada do escudo anticonstitucional que luce o edificio da Capitanía Marítima en Ribeira.

A tan anunciada e prometida obra de retirada, xa vai cobrando forma. Esperemos que nos vindeiros días as bandeiras xa podan lucir sen adornos de peores tempos pasados.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical