1.10.09

Política: Lage postúlase en Sanjurjo a secretario provincial socialista de A Coruña

PRESENTACIÓN CANDIDATURA Á SECRETARÍA PROVINCIAL DE A CORUÑA

de

JOSÉ MANUEL LAGE TUÑAS

(deputado autonómico)

Hoxe, XOVES 1 DE OUTUBRO ás 20h na sede local da Agrupación Socialista Coruñesa (rúa General Sanjurjo 38, 1º) , José Manuel Lage Tuñas, candidato á secretaría provincial do PSdeG-PSOE reúnese coa militancia da cidade para presentarlles o seu proxecto e a súa candidatura.

Ata aquí a nota de prensa. 

Comentario: Non deixa de ser curioso que a agrupación socialista coruñesa estea ubicada na rúa General Sanjurjo. Un persoeiro monárquico recalcitrante que deu nada menos que tres golpes de Estado (vexan). Morreu en accidente de aviación, como Mola. Sanjurjo e Mola ían ser os nosos dictadores, pero como tiveron estes accidentes, o mando quedou nun tal Franco, ao que lle encantaba dicir "La Coruña" e "El Ferrol del Caudillo".

En canto a José Manuel Lage: agora entendemos a última entrada no seu blog sobre "participación, estructura y partidos políticos". "Los Partidos Políticos necesitan hacer una reflexión profunda sobre su forma de organizarse": será Lage Tuñas o renovador do socialismo en Galicia? Querémolo ver!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

DiscurShow: ciencia divertida pero rigorosa

Lémbranse dos Cafés Científicos? Xurxo Mariño&friends seguen buscando formatos amenos para que a ciencia e os seus contidos non sexan un ladrillo!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: Coliseo Noela nunha postal antiga

Rúa Felipe de Castro? Proba de Ediciones Arribas de Zaragoza? Non entendemos nada, pero a postal é magnífica!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Xa temos tren

A ritmo de chu-chu-chu fomos por toda a escola, visitando todas as clases e porque non, tamén ós cociñeiros Joaquín e Merchi que nos recibiron con moito agarimo.

Esta entrada foi publicada o Mércores, 30 Setembro do 2009 ás 14:16 e está arquivada como As miñas anotacións, ESTRELIÑAS DE MAR. . Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0. Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.

Na escola infantil, polo menos!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

30.9.09

Rianxo: Outro verquido máis no porto

Adolfo Muíños, do Bng de Rianxo, escribe:

No momento de redactar esta nota o porto de Rianxo recibe un máis dos
recurrentes verquidos na zona portuaria. Polo lugar habitual, a carón
da rotonda do porto, as augas da ría Arousa están a ser contaminadas
sen que as autoridades competentes: Concello, Portos de Galicia,
empresa concesionaria fagan nada para rematar esta vergonza, pasándose
a pelota uns a outros sen dar solucións.

O BNG de Rianxo vai trasladar a través da súa parlamentaria Ana
Pontón e Bieito Lobeira unha iniciativa para que Portos de Galicia e
Medio Ambiente aclaren que plans teñen para erradicar este verquido,
ademáis de cobrar as taxas aos mariñeiros, comerciantes do mercadillo
e as terrazas, así como das xestións que levaron a cabo perante o
concello para coñecer a orixe deste frecuente episodio.

Do Concello e da concesionaria xa non pensamos recibir explicación
ningunha, son anos de impotencia e incapacidade para acometer reforma
algunha, nin sequera capaces de dar unha explicación entendíbel do que
acontece nesta rotonda, tapándose uns a outros.

Os vídeos levan pendurados máis dun ano en YouTube:

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Unha imaxe suxerente para un mércores fin de mes

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

29.9.09

Ribeira: aló van 16 anos dende o I Encontro Marítimo





Estas son máis fotos do I Encontro en Ribeira no 93 e que hoxe están aquí gracias á amabilidade de Xabier Pereira, o patrón do Búrbida, que as fixo, escaneounas e facilitounos copia.


E aquí están as fotos que o testemuñan...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Turismo: marabillas de Barbanza e o Sar

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: presentación do Sálvora F.C.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: comerciaban os ibicencos cos nosos antergos?

Novo material engadido ao apartado de produción científica de Arqueoneixón (en pdf)

Fotos: un aríbalo -semellante a un atopado en Neixón- e restos nun hipoxeo da Estación Arqueolóxica de Puig des Molins (Dalt Vila, Ibiza)

Vía neixon.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical