Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
5.1.10
Opinión: Marcos X. Agrelo fálanos da Esteban, Feijóo e o Grupo Lácteo galego
Na súa primeira entrada en Certo:
http://certo.es/index.php?page=da_esteban-_feijoo_e_o_grupo_lacteo
Quen é Marcos X. Agrelo Yáñez? Prefire que non se lle poñan etiquetas, así que confórmate con ver unha foto informal:
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
4.1.10
Cinema: o primeiro libro en galego sobre guión?
Story
Unha editorial noiesa publicará o primeiro libro en galego sobre guión
Pablo Portero, escritor e cineasta de Ferrol, é o autor de "Story"
Noia, 4 de xaneiro de 2009. Os estudosos e afeccionados ao guión cinematográfico poderán ter en breve unha nova ferramenta en formato libro. É unha obra escrita en galego, da man da editorial noiesa Toxosoutos, que será a encargada de tirar do prelo o novo libro de Pablo Portero, cineasta ferrolán que retoma así a súa faceta como escritor.
(...)
Personaxes, tempo, espacio, tramas, conflictos, e xéneros, nun traballo onde a escrita de imaxes é obxecto de estudio e reflexión, que sairá ás rúas nos primeiros meses de 2010, publicado pola editorial noiesa Toxosoutos. Máis aló do manual técnico, Story, guión e narrativa audiovisual, é un libro aberto a todas aquelas personas afeccionadas á literatura, ao cinema, á televisión, ao teatro... Un volume que aparecerá publicado xunto cun pequeno caderno a modo de unidade didáctica, como complemento práctico dun libro pioneiro.
Pablo Portero foi entrevistado por Certo o ano pasado pola estrea do seu documental experimental "Camposanto", que comeza con esceas no cemiterio de Noia. Pode ver as súas respostas aquí
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Tecnoloxía: tal día coma hoxe, naceu Newton
E Google, agradecido, adícalle o seu logo. Proba hoxe Google.es e verás como che cae unha mazá sen abanear nada!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: cabalgata de Reis con misa!!!!!!
Quen goberna en Boiro, a dereita? A esquerda? A Igrexa? uns magos?
Cada día estamos menos CERTOS
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
3.1.10
Fotografía: o Santo dos Croques e o poema que lle adicou Rosalía
¿Estarán vivos? ¿serán de pedra
Aqués sembrantes tan verdadeiros,
Aquelas túnicas maravillosas,
Aqueles ollos de vida cheos?
¿Vos qu’os fieches de Dios c’auda
¡¡D’inmortal nome, Mestre Mateo,
Xa q’ahi quedaches homildemente
Arrodillado, falaime d’eso;
Mais c’o eses vosos cabelos rizos
Santo d’os croques, calás… y eu rezo.
(Rosalía de Castro)
Un fermoso traballo de Amaianos (usuario de Flickr)
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
