8.1.10

Hórreos: unha excelente iniciativa a xeito de calendario na Costa da Morte

Non teñen o de Araño, pero si o segundo máis grande, en Carnota.

Só hai 300 editados, e conséguense en librerías de Santiago, Vimianzo, Baio e Carballo. Así que, se non da chegado ata alí, vai ter que imprimilo!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: obradoiro para que familias aprendan a facer masaxes a bebés

Download now or preview on posterous
Masaxes Dodro.pdf (64 KB)

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Dodro e a Asociación de Mulleres de Dodro Malvavila organizan un "Obradoiro de Masaxe Infantíl para Familias con Bebés".

Convídase a todas as familias interesadas a participar na sesión informativa, sen compromiso que terá lugar o sábado, 16 de xaneiro (11.00 h) na Escola Infantil de Dodro (A Paxareira).

As sesións (1 por semana) terán lugar o sábado pola mañá durante 5 semanas consecutivas. Para poder participar no obradoiro, as persoas interesadas deberán inscribirse para obter unha das prazas limitadas dispoñibles. O obradoiro estará a cargo da especialista Belén Piñeiro Álvarez, pedagoga e educadora de masaxe infantil

Nota: no caso de superar as prazas dispoñibles adxudicaranse por sorteo público.
Contacto: Departamento de Servizos Sociais no 981 812 466

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Faranji: de Corrubedo a Etiopía, con final en U-2

Ao primeiro, música de Os Resentidos, co famoso clip de "Galicia Caníbal" (véxano enteiro, mesmo fai promoción do botafumeiro); logo pasamos ao concerto que da título á entrega, o Live Aid... e remata con The Joshua Tree. Xurxo Ayán volta levarnos na súa engaiolante prosa polo mundo enteiro, o físico e o das emocións!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Motor: barbanzáns arrincan para a cita moteira de Pingüinos, en Valladolid

Imaxes da partida de varios moteiros ribeirenses a Pingüinos

"Nestes días de tanto frío, temos que recordar e loubar", di o Padre Teixugo, "a fazaña heroica dos cabaleiros motoristas da Barbanza, que este venres saen para defender a honra da nosa comarca na concentración invernal moteira máis importante do mundo: Pingüinos 2010 (ata 30.000 almas reunidas en tendas de campaña nun piñeiral ao sur de Valladolid con esta friaxe... da medo e moito respecto)".

O ano pasado, motoristas de diferentes países de Europa, xuntáronse para recordar aos compañeiros finados nas estradas, "porque o verdadeiro espírito do motorista é un espírito cristiano", asegura o Padre Teixugo, "que non entende de diferencias sociais, nen de diferentes poderes adquisitivos". Non importa o tipo de moto nin a profesión do piloto, porque todos eles só son moteiros, xente viaxeira que, na súa fraxilidade, gustan de viaxar sabendo que sempre poderán contar coa axuda de calquera outro moteiro: ese  é o espírito de cabaleiro cristiano que quere reconquistar a honorabilidade perdida nas estradas".

Un grupo de cabaleiros motards a cabalo das súas BMW modelo GS (Gelande und Sport = todo terreno) van saír desde Ribeira. Eles son ben coñecidos: un "Ferreteiro", un "Carteiro", un "Patrón de altura", e mais un "Mestre de artes marciais". Van percorrer os 504 quilómetros de distancia ata Puente Duero (Valladolid), agardando chegar antes de que sexa noite. "Prégolles que, tanto eles, coma os moitos outros motards da Barbanza (moitos deles de Boiro) envíen as fotos do evento para participar da súa ledicia a todolos lectores do Certo", di o Padre Teixugo.

"Que Deus os protexa na súa viaxe e poidan retornar para contarnos as súas experiencias na concentración. No nome do pai, do fillo, e mailo Espírito Santo, amén.
Irmáns motards, podedes ir en paz, boa viaxe e pregade na procesión das antorchas polos compañeiros finados nas estradas".

===========================================================

Menxaxe de benvida do Padre Pingüineiro aos cabaleiros motards achegados de todas partes:

Desde el Club Turismoto, a todos los que acudáis a Pingüinos 2010

Un año más el Club Turismoto se dispone a recibir a todos los auténticos motoristas que acuden a la cita invernal de PINGÜINOS.
Veintinueve son ya muchos años al pie del cañón, pero os aseguramos que la ilusión de las mujeres y hombres del Club Turismoto, y de todos los amigos y colaboradores, es la misma, si no mayor, que la de aquella primera cita del ya lejano invierno de 1.982, cuando podíamos saludaros personalmente a todos, y daros un abrazo de bienvenida cuando bajabais de vuestras motos, ¡qué motos!, para tomar el caldo o el carajillo calentito que os estaba esperando; como podéis ver, en estas últimas ediciones esto ya no es posible, pero nuestro recibimiento, nuestro abrazo de bienvenida va implícito en esa medalla conmemorativa que os entregamos al hacer la inscripción, esa medalla que representa todo un trofeo personal para cada uno de vosotros que tenéis el valor de desafiar todas las inclemencias del frío invierno para acudir a esta cita y pasar un fin de semana o unas horas rodeados del calor humano (y de las fogatas) de otros auténticos motoristas a los que mueve el mismo espíritu que a vosotros. Ese es nuestro deseo y el único motivo por el que año tras año, preparamos, con más ilusión si cabe, toda la infraestructura y las diversas actividades de esta "vuestra PINGÜINOS", vosotros sois los verdaderos protagonistas de la "fiesta", ¡BIENVENIDOS!

= = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = =

Irmáns, a concentración invernal "Pingüinos" celébrase desde fai 28 anos na segunda fin de semana de xaneiro nas terras de Valladolid.

Segundo nos sinala o padre Pingüin, xa chegaron os primeiros cabaleiros motards desde Italia e Francia!!!!
Por parte da comarca da Barbanza, temos coñecimento que a primeira BMW Gs do ferreteiro iniciou a sua viaxe as 9h. de hoxe (xunto fotografias). Vai na compaña doutro motard (o cerraxeiro R) que tivo problemas na súa montura... e que ista concentración recupera o espírito de compañeirismo e de axuda tan esquecido nestes tempos.

As 15h. de hoxe está previsto que tomen saída as seguintes BMW de Ribeira (carteiro, patrón e mestre de artes marciais) para xuntarse de camiño aos moitos motards boirenses e mailos outros que, desde todolos recunchos da comarca van partir don destino á concentración invernal internacional mais numerosa do mundo: PINGÚINOS.

Os motards van xuntarse ao carón das fogueiras (leña ofrecida pola organización), tomando un caldiño quente (chamado "caldo pingúinero") nun espíritu de compañerismo non habitual nestes tempos. E o punto máximo vai ser o sábado día 8, co chamado "Desfile de antorchas", no que as motos desfilan en procesión levando o pasaxeiro un fogo para recordar, a modo de homaxe, aos compañeiros finados nas estradas. Imos rezar para que todo corra bem e podan regresar para contarnos as súas historias e mostrarnos as súas fotos, ademais de recordar aos amigos finados nas estradas.

Amén.


NOTA: para a vosa información, a páxina web da celebración e a seguinte: www.lapinguinos.com. Sería bonito que o motoclube de Boiro nos contase como lle foi, non credes? Recibide a miña bendición e ide con Deus, queridos fregueses.



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

7.1.10

Castelao: o que pasou hai 26 anos en Bonaval

Os que xa imos vellos notamos na voz da locutora que se respiraba máis liberdade nese ano 1984 do que nesta última década...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: Converxencia XXI pronúnciase sobre o decreto

Download now or preview on posterous
Comunicado CXXI.pdf (655 KB)

Converxencia XXI acredita no plurilingüismo como oportunidade que debe ser aproveitada para o beneficio cultural, social e económico de Galicia. Ademais considera fundamental que os poderes públicos articulen políticas que de xeito efectivo normalicen a lingua galega, que sen dúbida é a que está nunha posición de maior febleza.


As políticas normalizadoras desenvolvidas  desde o ano 1983 non sempre acadaron os obxectivos para os que foron formuladas, de tal xeito que aínda hoxe a lingua é minoritaria en moitos ámbitos (nomeadamente na empresa privada, medios de comunicación, cultura audiovisual, xustiza e Igrexa) e non se logrou frear completamente, aínda que si en parte, a perda de falantes que se iniciara co proceso de urbanización de Galicia a principios do século XX e que se acelerou durante o réxime ditatorial de Franco.

O papel do ensino é fulcral tanto para a normalización da lingua como para acadar unha competencia lingüística efectiva en galego, castelán e inglés (sen esquecermos outras coma o francés, o alemán e, sobre todo, o portugués). Mais as políticas dos sucesivos gobernos autonómicos non conseguiron que a competencia en galego do noso alumnado sexa a desexable, e moito menos a competencia en lingua inglesa. Agora o goberno do Partido Popular presenta á sociedade un borrador pouco claro no que utiliza o inglés como pretexto para deixar a porta aberta ás familias e aos centros para que ?libremente? escollan saber menos galego.

O Presidente lanza a cortina de fume do inglés para contentar os colectivos anti-galego que teoricamente o auparon ao Poder (cousa que os inquéritos posteriores non demostran), pero sobre todo para evitar unha posible aínda que improbable fuga de votos a UPyD.

Isto demostra como esta Xunta emprega técnicas de propaganda ao máis puro estilo neocon para desfacer un sarillo no que se meteron eles sós. Para Converxencia é inaudito que se xogue coa urxente necesidade que temos de que os nosos cidadáns aprendan inglés, mediante a frívola manobra distractoria de presentar un proxecto no que se fala dun terzo de asignaturas en linguas estranxeiras sen adiantar nin o máis mínimo plan de formación ou contratación de profesorado, e sen mencionar como se ha financiar.

O verdadeiro problema do plurilingüismo é a histórica falta de vontade política dos gobernos autonómicos. Canto ao galego os datos demostran que hai un déficit evidente no grao de cumprimento das sucesivas normativas cuxa responsabilidade corresponde unicamente ás autoridades educativas de cada momento. Porén, no borrador preséntasenos unha realidade imaxinaria na que galego e castelán son linguas totalmente iguais na nosa sociedade e non hai nin o máis mínimo recoñecemento de o galego estar en situación de desvantaxe, razón que parece ser a esgrimida hipocritamente para desprotexelo no ensino e provocar un retroceso na súa implantación por primeira vez na historia da Autonomía.

En Educación Infantil é flagrante como se incumpren as disposicións relacionadas coas linguas: en moitos casos non se respecta a lingua materna dos pequenos e é case excepcional atopar aulas nas que verdadeiramente se introduza os nenos e nenas ao galego en entornos castelán-falantes, como con maior ou menor énfase dispuxeron sempre as leis.

No Ensino Obrigatorio é sabido e recoñecido (malia á propaganda ?anti-imposición?) que fundamentalmente se emprega a lingua que o profesor decide, e que abonda con facer os exames en galego para que a inspección se dea por satisfeita. Numerosos estudantes de entornos urbanos contan cos dedos dunha man as materias que teñen realmente en galego malia os supostos mínimos do trinta e tres ou do cincuenta por cento.

Canto ao inglés a ineficiencia do sistema é evidente e resulta case patético, disparatado e surrealista que se estude inglés desde Primaria ata 2º de Bacharelato e o noso alumnado a duras penas sexa quen de tatabexar algunhas palabras e frases soltas. O conxunto do sistema educativo queda en evidencia no caso da competencia lingüística en inglés. Cómpre moita máis formación do profesorado, acompañada dun cambio radical do sistema pedagóxico e, por suposto, que efectivamente se impartan outras materias na lingua inglesa.

Algúns centros xa imparten asignaturas en inglés, ao abeiro dun programa iniciado durante o goberno bipartito, pero sen dúbida o pulo que necesita esta lingua precisa dun proxecto moito máis ambicioso que a Xunta non parece ter intención de acometer, alén de empregalo como truco ilusionista para saír da lama na que se meteu durante a campaña electoral.

Por outra banda, Converxencia non comprende a suposta ?liberdade? de que o alumnado poida empregar a lingua que desexe independentemente da que sexa empregada en cada área. Esquece o goberno ao redactar este borrador que a lingua de cada materia é parte do currículo, e que se se establece en que lingua debe impartirse é para afianzar a competencia nesa lingua por parte dos estudantes, polo que non ten sentido que os nenos e as nenas non a empreguen.

De feito, o borrador non contempla a posibilidade de que se resposte en galego e/ou castelán nas áreas impartidas en inglés (que esperamos que sexan moitas), polo que pretenden ?impoñer? o inglés pero non se atreven a ?impoñer? o galego ou o castelán. (Véxase o Art. 7.3)

A proposta da Xunta fala dun terzo para ?linguas estranxeiras?, aínda que precisa que se outorgará unha atención especial ao ensino en lingua inglesa. Achamos que é unha moi boa oportunidade para que se fomente o ensino do portugués a través da área chamada ?Segunda Lingua Estranxeira? pero tamén por suposto a través do uso desta lingua como vehicular noutras materias. Non debemos esquecer, a maior abondamento, que si que contamos cos medios humanos para que se ensinen contidos en portugués.

O borrador presenta aspectos pouco claros que esperamos que se subsanen no decreto definitivo (retroceso na implantación do galego, utópico terzo en linguas estranxeiras, perigo de incumprimento das disposicións...) Confiamos en que estes sexan eliminados no decreto definitivo, que se chegue ao maior consenso posible e que se evite avivar calquera pouso de conflito social por cuestión de lingua.

A LIBERDADE

Converxencia XXI é un partido con vocación integradora que ten sinalado en moitas ocasións que o seu arco ideolóxico admite posicións que van desde a socialdemocracia á democracia-cristiá, pero non agocha que é un partido de base ideolóxica liberal-demócrata.

Por iso somos moi sensibles a que desde o PP (sobre todo desde os sectores máis ultra-conservadores) se recorra a un falso concepto de ?Liberdade? para xustificar as máis reaccionarias posicións da dereita tradicional española.

A Educación en España non outorga aos centros a autonomía que nós consideramos oportuna  para desenvolveren os seus currículos de acordo coas necesidades dos seus contornos. As asignaturas, os contidos e ata os calendarios son establecidos polo Estado, cunhas leis que saen das Cortes e que dan unha pequena marxe de manobra ás Comunidades Autónomas.

Tanto os gobernos do PSOE coma os do PP no Estado establecen punto por punto unha liña de actuación que non permite que os centros poidan ofertar currículos realmente heteroxéneos,  máis diversos, máis  innovadores e máis adaptados aos cambios sociais que se producen e que se han producir, de tal xeito que tampouco se desfruta realmente dunha oferta educativa plural, alén de se os centros son relixiosos ou non.

 É hipócrita a reivindicación tradicional da dereita conservadora do dereito a elixir a educación dos fillos por parte das familias, pois en ningún caso o PP reivindica que os Colexios e Institutos teñan liberdade real e efectiva á hora de establecer os seus currículos. As familias non dispoñen dunha oferta realmente plural e heteroxénea para poder escoller en ?liberdade? o que cren que é mellor para os seus fillos. Curiosamente, desde o goberno do PP, si que se esgrime a ?liberdade? para xustificar un retroceso histórico no duro camiño da implantación do galego no ensino.

Converxencia transmite polo tanto mediante este comunicado a súa preocupación pola falta de compromiso co fomento do inglés que reflicte este borrador e pola hipocrisía coa que se pretende facer retroceder a nosa lingua nas aulas.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: imaxes da homenaxe do Bng a Castelao

Este xoves, 7 de xaneiro, a homenaxe do Bng a Castelao con motivo do 60º cabodano do seu pasamento no exilio arxentino comezou ás 12.00 no Cuartel Vello coa presenza de Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG, e de Adelina Ces, voceira municipal de Rianxo. Hai tamén fotos no Facebook do Bng de Boiro, aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: o domingo 10, homenaxe a Ramón Sampedro no cabodano do seu pasamento

10 ENERO, 13:30

XUÑO-PORTO DO SON (A CORUÑA)

HOMENAJE A RAMÓN SAMPEDRO
DMD Galicia, Amigos de Ramón Sampedro, Asociación de Veciños Sartaxas y Ayuntamiento de Porto do Son

Ofrenda floral y lectura de poemas en la Playa de As Furnas

Posteriormente se llevará a cabo una comida en Porto do Son (Llamar a DMD Galicia para confirmar asistencia)


En Certo, cando foi o décimo aniversario da súa morte, fixemos unhas fotos dunha exposición que estivo na casa da cultura de Porto do Son:

E informamos do asunto en http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=homenaxe-a-sampedro

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: gasta máis enerxía o Museo Valle-Inclán que o centro de saúde

Segundo os datos expostos hoxe en rolda de prensa polo grupo municipal do PSOE de A Pobra do Caramiñal

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: La señora María, do boirense Toño Chouza, a concurso en Notodofilmfest

Segunda interpretación de María Miranda, de Cures, nun filme de Chouza. A primeira foi en "Retratos de Romería" (sobre o San Ramón de Bealo) cando di a frase -xa mítica- "En Boiro... Ai en Boiro! En Boiro hai moito ambiente!"
Manquiña, o de Airbag, ao seu lado, un aprendiz de actor...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical