14.1.10

Boiro: presentan o venres 15 o IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza



Este venres 15 de xaneiro terá lugar a presentación do programa do “IV Encontro Arqueolóxico do Barbanza”, que se desenvolverá os días 27 e 28 de febreiro, e que na xornada inaugural contará coa asistencia do Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel.
Presentan o alcalde, Xosé Deira Triñanes (BNG); o concelleiro de Cultura, Gerardo Piñeiro Lorenzo (PSOE), e o técnico do CAB Víctor Barbeito.



E en Certo preguntámonos: proxectarán por fin a primeira longametraxe documental da Arqueoloxía Galega, que vai sobre Neixón? Ou seguirán facéndose o sueco? Pode que Xurxo Ayán teña a resposta.

Obradoiro no polígono da Espiñeira


Por outra banda,
o vindeiro luns, 18 de xaneiro, Dores Torrado, concelleira de Facenda e Emprego, visitará o polígono de Espiñeira para ver os trababallos que os alumnos do Obradoiro de Emprego “Viveiro de Empresas” acaban de iniciar na nave que dará cabida ao Centro de formación- Viveiro de Empresas. O obradoiro de emprego, que conta con 26 alumnos das especialidades de albanelería e carpintería, será o encargado de rematar as obras, agora que a empresa construtora rematou a estrutura.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Manuel Domínguez confía más en el amor que en la justicia

Boiro: interpretación de "Happy", de Leona Lewis, na Cachada

Subida hai un pouquiño a YouTube, e xa parece que hai diverxencias nos comentaristas:

Susy0o (hace 13 horas)

por favor que alguien le tape la boca!

greeneyes251 (hace 15 horas)

Toda una artista por descubrir...!! Qué voz!!

O vídeo aproveita as posibilidades de YouTube para etiquetar o que se ve, asi que podemos saber os nomes dos que bailan e da que canta....

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Economía: nace a sección galega da Banca Ética "Fiare"

O  proxecto de Banca Ética Fiare funciona xa con delegacións en distintos lugares do Estado e o vindeiro sábado 16 de xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse asociacións como: AIS O Peto, Arela, Amarante, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, Panxea, colexio La Salle, CONGD´s....  O acto de constitución terá lugar en La Salle de Santiago de Compostela, rúa San Roque, 6 ás 10:00 da mañá.


O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas  facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais.

Máis información:


http://www.fiare.org/
http://opeto.org/paxina/proxecto-fiare-gz

Humor

Visto na Festa da Dorna de Ribeira, en 2009


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

13.1.10

Boiro: Google Street View conxelou a cordelería queimada, que se ve como era antes do incendio

O incendio foi o 24 de setembro. Catro meses despois, a cordelería segue en Google Street View como se non pasara nada. Cousas da técnica!

<br /><small>Ver mapa más grande</small>

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: a Pedra da Bullosa, en Boiro, segue a deteriorarse

De novo envíovos algo máis de “lo que el viento se llevó”. Neste intre tócalle o Concello de Boiro onde se atopa o Centro Arqueolóxico da Barbanza.

Trátase da Pedra da Bullosa: esquecida polos cultos, polo Concello e polos técnicos de Neixón,  os cales verten pragas sobre os causantes de tal deterioro acusando de tal desfeita  á administración. E eu pregúntome:  quen é a autoridade na Barbanza sobre esta materia?

Coido que os políticos bastante teñen intentando satisfacer a tódolos cidadáns contándolles milongas  e outras patrañas. Son tan mediocres e hipócritas, que non teñen valor para dicirlles ós cidadáns que a tarta non da para máis, e que o empeño ao que someteron  ós concellos, está que rebenta,  e  cos  flecos que poidan saír dos inflados  orzamentos  irán reparando atascos de sumidoiros, baches , farois e suprimindo os poucos aparcamentos públicos para rendibilizar aos da súa ralea, e seguir empufando ás pequenas  empresas.

Oxalá o pouco que fan o fixeran ben, e que as obras que levan a cabo durasen e fosen proxectadas con visión futurista e dirixidas por xente competente que tivese un pouquiño de idea do que é  a paisaxe, os materiais e formas,  para integrar con sentidiño  estes elementos no ambiente, respectando o entorno urbano, rural  típico, artístico e paisaxístico.

Non obstante, debemos ter a suficiente humildade para recoñecer que estamos nun confín fisterrán onde todo chega con retraso:  as artes, as ciencias, as letras, o gas, o tren e mesmo as epidemias.

E unha mágoa.  Pero  temos que admitilo.

Sen máis preámbulo paso a mostrarlles en imaxes o drama da pedra da Bullosa en Seán, Boiro.

A primeira, na súa fase de resistencia milenaria.

A segunda foto, é un detalle intentando destacar a súa enigmática mensaxe.

A terceira é a situación en que se atopa dende fai  varios anos,  ferida de morte por uns energúmenos, tanto municipais  ou quen  fose. Sospeito que o anaco de pedra que asoma deitado, xa foi sustraído.

A cuarta é como se atopa na actualidade.

 Domingo Regueira


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 15 de xaneiro, "Os soños de Walla"

<div><br /><b>OS SOÑOS DE WALLA</b><br /><i>por juliopez</i></div>

Teatro e sensibilización social danse a man este venres coa representación de Os soños de Walla

 

Santa Uxía de Ribeira, 13 de xaneira de 2010.- Este venres, día 15 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, o Auditorio Municipal de Ribeira vai dar cabida ao espectáculo teatral “Os soños de Walla”, que se adscribe dentro do programa teatrAcción: unha iniciativa promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), cuxo principal obxecto estriba en utilizar o teatro como ferramenta de sensibilización cidadá en relación aos desequilibrios globais, as súas causas e as súas consecuencias. Para a súa posta en escena no municipio de Ribeira contou coa colaboración da Concellería de Igualdade, Acción Social, Deportes e Voluntariado que dirixe María Esther Patiño.

 

“Os soños de Walla”, de Julio Fernández, aborda a historia dunha adolescente con muletas empeñada en ir á escola que, ante o impedimento da súa minusvalía física e da longa distancia que separa a súa aldea da escola máis próxima, afronta o seu desexo de aprendizaxe cos obstáculos determinados polos seus prexuízos e a discriminación existente no seu entorno. O seu soño de aprendizaxe encerra tamén a súa pretensión de xerar ilusión ao seu redor.               

 

TeatrAcción


A creación do programa teatrAcción xurde da sinatura dun convenio no 2008 entre o Fondo Galego e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, con Manuel Vieites á fronte do proxecto como director. Con el preténdese unir teatro e sensibilización social. O primeiro ano destinouse á conformación do grupo e á execución de diferentes obradoiros de traballo nos que se afinaron as posibilidades de empregar o teatro como ferramenta de sensibilización social. Neste segundo ano o grupo de traballo conformado pola ESAD de Galicia, representará a obra “Os soños de Walla” en 10 Concellos galegos.

 

Neste sentido, ademais de en Ribeira, a obra vaise representar proximamente en Oleiros, Outes e Baiona e xa se escenificou en Vigo, Sarria, Allariz, Viveiro, O Barco e Ourense: todos eles concellos asociados ao Fondo Galego.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: esta fin de semana, Aguiño lembra con varios actos culturais a Francisco Lorenzo Mariño

Lingua galega: a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Barbanza, tamén contra o decreto

Ecoloxía: os rapaces de Axena falan hoxe de cambio climático en Galicia

Datos da páxina da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, moi ben resumidiños. Paga a pena botarlle un ollo. Xa facer algo por remedialo sería a bomba!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical