4.2.10
Historia: praia Compostela de Vilagarcía en cinema sobre 1930, en YouTube
O Faiado da Memoria, proxecto do que falamos en Certo ao entrevistar a Antón Caeiro, o autor do documental sobre o grupo de teatro "Airiños" de Asados, cumpre un ano de vida. Seguen a rescatar o audiovisual galego. Este video mostra o ambiente da praia de Compostela en Vilagarcia nos anos 30, e entre outras cousas -moda de baño, cans pola praia e fermosas estampas familiares- podedes ver botes, galeóns, canoas, balandros ou lanchas de motor.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Literatura: 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, por Fernando F. Rego
Coa editorial noiesa Toxosoutos. En abril sae do prelo. Con CD dobre. Un imprescindible para o que teña orellas...
http://certo.es/index.php?page=50_anos
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Noia: Actividades de Parroquias Creativas en marcha
Santa María de Roo
Actividades que se están a realizar dende as Concellarías de Muller e Participación Cidadá.O programa chámase PARROQUIAS CREATIVAS e ten como obxetivo darlle aos veciños de Noia un motivo para sair da casa e relacionarse entre eles á vez que aprenden, segundo explica a concelleira Rosa Ana Mariño González.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Porto do Son: iniciados trámites para amañar un treito conflitivo na estrada AC-550. Prevense as obras aínda para 2011
A XUNTA INICIA OS TRÁMITES PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA CEE-RIBEIRA (AC-550), NO TERMO DE PORTO DO SON
O obxectivo é eliminar punto negro de concentración de accidentes O Consello da Xunta na súa reunión esta mañá aprobou o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada Cee-Ribeira (AC-550) no treito de concentración de accidentes situado entre os puntos quilométricos 98+900 e o 99+800, no termo municipal do Porto do Son. O obxectivo deste proxecto é a realización de obras de construción de beirarrúas e aparcadoiros, mellora e reordenación de interseccións e rehabilitación de superficie do firme coa finalidade de mellora de seguridade na estrada AC-550, nun treito próximo ao un quilómetro de lonxitude. Cómpre sinalar que esta actuación se realiza baixo a declaración de urxencia, porque o motivo da súa materialización é eliminar un treito de concentración de accidentes, evitando riscos innecesarios para os veciños do Porto do Son que circulan por esta vía para accederen ás súas vivendas e algúns servizos públicos. De xeito paralelo, a Xunta de Galicia traballa na licitación dunha asistencia técnica para iniciar o proceso de expropiación. A previsión é iniciar a elaboración de actas no terceiro trimestre de 2010 e o inicio de obras no ano 2011.
A mellora de seguridade viaria na estrada AC-550 no treito comprendido entre os pk 98+900 e 99+800 consiste esencialmente no acondicionamento da travesía de poboación e a mellora de interseccións para eliminar o treito de concentración de accidentes neste punto da estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia. O orzamento reservado polo departamento que dirixe Agustín Hernández ascende a máis de 921.000 euros. A lonxitude do treito en que se vai a actuar é de 900 metros e ao seu remate esta zona terá unha sección tipo de máis de 10 metros, xa que constará de dous carrís de 3,30 metros cada un, dúas beiravías de 0,50 metros cada unha e dúas beirarrúas de 2 metros cada unidade. Para a materialización destas obras será necesario escavar máis de 2.000 metros cúbicos de terra e empregar 1.500 toneladas de mestura bituminosa en quente. Tamén se executarán os traballos de restauración paisaxística, de drenaxe lonxitudinal e transversal e de sinalización e balizamento. Os preto de 10.000 veciños de Porto do Son veranse afectados por estas obras durante seis meses, mentres que a poboación servida ao remate da actuación será de 37.385 habitantes de Porto do Son e Ribeira, explicou hoxe a Xunta de Galicia.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Deportes: a peña madridista "Amancio" de Ribeira celebra o seu 23 aniversario cunha cea o sábado 13 de marzo
Esta é a carta remitida aos socios:
Estimado/a socio/a :
O motivo da presente e convidalo/a, en nome da Xunta Directiva da Peña Madridista “Amancio” de Riveira, ao acto de celebración do 23º Aniversario da nosa fundación.
O evento consistirá nunha cea para todos/as os/as socios/as que terá lugar o vindeiro sábado 13 de marzo de 2010 a partir das 22:00 h no Restaurante BAIUCA (Artes - Riveira) cun prezo de 35 € por persoa.
Menú:
Aperitivos variados
Langostinos á prancha
Lomo de bacallau fresco á prancha con pisto
Albardadiños de solomillo branco con prebe de viño tinto
Xeado de vainilla con chocolate quente e tella de améndoa
Bodega:
Viño branco D.O. Ribeiro Viña Enxido
Viño tinto D.O. Rioja CVNE
Augas minerais e refrescos
Cafés e infusións
BARRA LIBRE
Contaremos coa actuación musical de MAR DÁVILA
Os asistentes terán a posibilidade de participar nun sorteo de varios regalos
Dende esta directiva entendemos que, dado a problemática actual da crise económica que estamos a padecer, debemos facilitarlle a tódolos asociados a presenza a esta cita anual da Peña; polo que decidimos asumir con fondos propios parte dos gastos que conleva esta programación, como a barra libre, a actuación musical e parte do custe do menú.
Desexando a maior participación posible e contar coa súa presenza, agradecemos confirmen o antes posible a súa asistencia e a dos seus acompañantes para organizar formalmente o acto. Podendo recoller a entrada chamando ó teléfono móbil da peña 630 444 586 ou ben contactando con calquera membro deste directiva.
Aproveito a ocasión para enviarlle a testemuña da miña consideración máis distinguida.
O Presidente
José Manuel Pérez Sampedro (Mariscal)
Blog
http://madridistasriveira.blogspot.com/
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Opinión: "A perna dereita de Fran" (sobre a fala galega)
A PERNA DEREITA DE FRAN
O abaixo firmante galego, fala, pensa, sinte e vive en galego. No seo da súa familia de sangue, da súa xente, non é quen de falar noutra língoa que non sexa o galego; incruso cando se dirixe a Deus dun xeito íntimo e persoal, faino en galego: Señor axúdanos a saír deste sarillo!
Foi á escola pública da súa vila: aprendeu a ler e escribir en castelán. Foi ao instituto, a universidade, noutra vila, noutra rexión, tamén en castelán.
Agora, xa preto do retiro usa o galego ou o castelán indistintamente, segundo a quen teña enfronte, mais, sempre co respeto e a consideración que merece a liberdade dos demais. “Falar galego non é falar mal, senón falar na língoa de ceo". Tamén os demais poden pensar o mesmo da súa fala.
Por mor dos estudios ou do traballo, nunha longa estadía fóra de Galicia, ten visitado empresas sitas no País Vasco, Cataluña, Alemania, Bélxica, Escocia, Gales, Inglaterra, USA, etc. Non tivo necesidade do euskera, catalán, alemán, flamenco, gaélico, galés. Só do castelán e do inglés.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: instan a acadar fondos do Estado para recuperar cantís de Tanxil e Tronco
Rianxo, 4 de febreiro de 2010. Segundo o Bng rianxeiro, "700.000 euros orzamentados se viñeron abaixo grazas á intervención do executivo local e agora fan falta por que se agrava a situación no camiño de Tanxil". Para os nacionalistas, "A negociación do PSOE e o BNG para apoiar os orzamentos do Estado do ano 2008 permitiron contar cunha cantidade de 700.000 euros adicionais para realizar amaños de urxencia nese ano que permitisen recuperar na medida do posíbel os cantís do camiño a Tanxil desde Rianxo e na zona Tronco, afectadas por frecuentes derrubes de terra que poñían e poñen en perigo a seguridade dos viandantes. O citado proxecto de orzamentos concretaba, dentro das melloras directamente engadidas, a recuperación deses espazos".
Ademais, engaden que "lonxe de apoiar o seu uso en Rianxo ou aproveitar eses fondos, o Alcalde contestou ao Goberno do Estado que se estaba a realizar un proxecto de senda litoral e que non era necesario recuperar acantilados ningúns. Esa foi a resposta que despois deu o goberno (recollida no Boletín das Cortes do 20 de marzo de 2009) e que impediu materializarse este investimento. A zona segue, á espera de actuacións futuras, nun lamentabel estado, degradándose cada día máis, con constantes caídas de árbores, desprendementos de terra (en todo o tramo e na finca dos Baltar), rotura, caída ou desaparicion dos dos pasamáns e proteccións de troncos, por non mencionar que se usa para tirar restos de podas de xardíns, etc. Iso malia ser o camiño a pé entre a vila de Rianxo e as praias de Quenxo e Tanxil".
O BNG diante do estado actual desa zona, cada vez peor a cada inverno que pasa, úrxelle ao alcalde que tente amañar o que rexeitou facer cos fondos estatais, que se preocupe polas tarefas cotidiáns, anque sexan proxectos pequenos e reclame de novo a actuación rexeitada á Demarcación de Costas, de urxencia, con independencia de se nun futuro se acomete ou non outra actuación maior. "O que está demostrado tamén é que non se da sostido o que se ten hoxe xa aberto de camiño a Tanxil: o executivo rianxeiro é incapaz de facer un mantemento mínimo anual deste camiño costeiro", conclúen.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
