10.2.10
Denuncia: promueven una campaña para informar sobre Ruanda ante las próximas elecciones
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Boiro: o equipo de Normalización do IES "A Cachada" editou marcapáxinas con vistas ás Letras Galegas
Este ano, Uxío Novoneyra na lembranza:
"É xa hora de que señas toda patria dos teus
dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus
e señas doña de ti e señora de falar
señora de decidir e dona de se negar"
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Lousame: programación de Entroido do sábado 13 de febreiro
O Sábado 13 de Febreiro as 16:00h no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” celebrarase o Festival de Entroido
Haberá Obradoiros de Maquillaxe, Tatuaxes, Máscaras e Xogos Populares.
No festival celebrarase o tradicional concurso de disfraces que se dividirá nas seguintes categorías:
- De 1-5 anos (agasallo para os 10 primeiros)
- De 6-10 anos (agasallo para os 10 primeiros)
- De 11-13 anos (agasallo para os 10 primeiros)
- De 14-17 anos (agasallo para os 5 primeiros)
*O Xurado pode deixar algún premio deserto
Non pode faltar dunha degustación de orellas e filloas. O Concello de Lousame anima a todos os veciños a participar.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
9.2.10
Dodro participa con Rois e Padrón na organización do premio de pintura "Terras de Iria"
Oito mil euros para o primeiro premio
Teléfono da Coordinadora do certame: +34 981 142674 / +34 687 139139
email: info@premioterrasdeiria.com
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Noia: bases do IX Certame literario de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos". Prazo de entrega ata o 28 de maio de 2010
Monumento a Avilés de Taramancos en Lousame
1.- Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras
2.- A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen sinatura e cun lema, utilizando o sistema de plica.
3.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 4.- Os traballos serán remitidos a:
Concello de Noia
Rosalía de Castro, 2
15200 Noia (A Coruña)
5.- Estabelécese un único premio de 3000 €, ademáis dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo.Concello de Noia. O importe de premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
Alfonso Costa, artista de Noia
6.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para interpretar as bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas e emitirá públicamente o seu veredicto o día 28 de maio de 2010.
7.- Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.
Busto de Antón Avilés en Noia, ao pé do Concello
8.- O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.
Noia, 27 de xaneiro 2010
O Concelleiro de Cultura
Asdo.: José Manuel González Canabal
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Cinema: convocado premio de curtametraxes sobre Rosalía de Castro
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: consideran necesaria unha segunda escola infantil ante unha lista de agarda de máis de trinta nen@s
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
8.2.10
Ribeira: o do Chiki Chiki parece que foi onte.... e van aló dous anos!
Pode que este neno xa fixera a Primeira Comunión (ou levara unhas sen consagrar tamén, nunca se sabe) dende entón!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: os veciños de Araño informan do seu Entroido monárquico e das actividades
· Luns e mércores (9:30-10:30): Ximnasia para maiores (23 asistentes); colabora o Concello de Rianxo.
· Martes (10:00-12:00): Obradoiro de memoria (10 asistentes); colabora o Concello de Rianxo.
· Xoves (19:00-21:00): Arte Floral (15 asistentes).
· Venres (20:00-22:00): Curso de Poda (20 asistentes)
· Venres (20:30-21:30): Curso de Pandeireta (14 asistentes)
· Sábado (11:30-13:00): Curso de Debuxo (10 asistentes)
· Sábado (20:00-21:30): Curso de Gaita (17 asistentes)
· Sábado (21:00-22:30): Baile de Salón (16 asistentes)
· Domingos e días festivos a escola está aberta para todo aquel o que o desexe para que poida xogar a baralla, dominó, facer tertulias...
Os responsables da asociación de veciños de Araño apuntan que "estamos tendo unha participación dunhas 125 – 150 persoas que están anotados e desenvolven os cursos que organiza a Asociación de Veciños". Pero "en canto ao Centro Social, é unha demanda que levamos moitos anos facéndolle ao Concello, xa que a antiga Escola de Buhía (na que estamos de prestado) non temos espacio para celebrar todas estas actividades (imaxinade os 23 asistentes a ximnasia para maiores nunha aula dunha unitaria intentado facer “ximnasia”, ou aos participantes en baile de salón ...).
Ademais de facer unha vez máis esta reivindicación, que semella xusta e necesaria, os veciños do Araño convidan ao seu Entroido a todo aquel que queira participar. É un Entroido Monárquico (ten un rei que se chama Toribio, disque) e celébrase este sábado 13 de febreiro dende as cinco da tarde. O fin de festa pono o grupo rianxeiro "Os Cangrexeiros". Pregade para que non chova, pois nese caso, non hai festa.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
