PDF adxunto
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Benvidos!!!
04/02/2010 a 9:44 AM · Archivado en Benvidos and etiquetado: actividades, agora, Barbanza, creación, eventos, natural, Noia, ofertas, on line, pasatempos, promocións
Benvidos ao novo blog das comarcas do Barbanza e Noia.
Neste novo blog poderedes estar enterados de todo o que acontece na voso comarca: actividades, ofertas, promocións, …, así como coñecer un pouco máis a nosa península. Para todo isto ofrecémosvos 4 apartados diferentes:
Barbanza-Noia Eventos e Promocións
Barbanza-Noia Natural
Barbanza-Noia Creación
Barbanza-Noia Pasatempos
(Fai click en cada un dos puntos para acceder a cada un deles.)
Con fondos públicos, suponse... Así que a aproveitalo!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Contedores soterrados que xa funcionan na avenida do Malecón, na altura do cruce deste paseo coa rúa Campo de Marte
Ribeira, 12 de marzo de 2010.- A Concellería de Medio Ambiente local informa de que, no marco da política municipal de minimizar o impacto estético na recollida de residuos, mañá sábado entrarán en servizo os novos contedores soterrados instalados, por unha parte, no parque García Bayón e, por outra, na avenida do Malecón á altura do seu cruce coa rúa Linares Rivas (fronte ao chamado edificio da Caixa de Aforros).
Ademais, no transcurso da próxima semana vai estar operativa a outra das novas illas de contedores soterrados dispostas no Malecón (concretamente, a que está situada fronte á pastelería Fina, entre as rúas Rosalía de Castro e M. Lustres Rivas), así como os que están na rúa Rosalía de Castro.
Cada unha destas catro illas disporá de seis bocas, tres das cales estarán destinadas a residuos orgánicos, máis unha dirixida a cartón, outra a vidrio e unha terceira á denominada bolsa amarela (envases). Cada contedor terá unha capacidade de 1.000 litros, agás os de cartón e vidro, que terán tres metros cúbicos cada un.
Estas catro illas de contedores soterrados súmanse a que xa está en funcionamento na rúa Mariño de Ribeira e ás que están na avenida do Malecón, por unha parte a altura do cruce deste paseo coa rúa Campo de Marte (fronte ao Bulevar) e por outra parte diante do palco da música (fronte ao Albatros).
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Reunión na Casa da Xuventude de hai dúas semanas
Ribeira, 12 de marzo de 2010.- Cumprindo cos prazos pactados e quince días despois da xuntanza acaecida na Casa da Xuventude de Riveira entre o Concello -por unha parte- e as asociacións e mozos e mozas do municipio que quixeron asistir a título individual -por outra-, a Concellería de Xuventude está a enviar xa aos participantes na devandita reunión un borrador do regulamento das instalacións que serva de base sobre a cal os colectivos e particulares interesados aporten as súas suxestións ao respecto.
De igual xeito, o Concello colgará este borrador na páxina web institucional (www.riveira.es) a fin de que poidan participar outros mozos e asociacións que non acudiron á xuntanza do pasado 25 de febreiro. Cómpre lembrar a este respecto que poden facelo por correo electrónico a xuventude@riveira.com .
Á volta das vacacións de Semana Santa e despois de engadir os cambios pertinentes, os colectivos xuvenís e particulares serán convocados a unha nova reunión para consensuar o contido do documento. Acto seguido, será levado a pleno da Corporación Municipal para a súa eventual aprobación.
Máis información en Certo sobre a Casa da Xuventude, aquí
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Estes delirios, noutras escalas, noutras terras, son habituais. A quen non lle sonan? Xurxo Ayán compara de novo Etiopía con Galicia, e canto máis avanza, máis semellanzas atopa:
"Baixiño, levaba unha barba mesiánica e unha ollada de tolemia na faciana. Home pequeno, fol de veneno. Recorda bastante ao perfil de Francisco Franco, un home acomplexado, feo, con voz de pito e apariencia escasamente autoritaria. Ámbolosdous acadaron o poder por medios truculentos e se aferraron a el como un cravo ardendo. O culto á personalidade, o glamour estrambótico da corte..."
Léao todo en http://certo.es/index.php?page=rastafari
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O trailer do documental do que falan os rapaces de Axena: http://www.youtube.com/watch?v=ggtxA4wuXzY
Se chanas inglés, xa o podes ver enteiro en YouTube (nove partes): http://www.youtube.com/watch?v=Vog3z1NsMYU
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
-Lage Tuñas propúxo un acordo aos grupos do BNG e PP “para que se pida á Xunta que faga cumplir a lei, favorecendo a dinamización turística da comarca do Barbanza ao incorporar as visitas ao Pazo ás rutas e aos programas turísticos”
-O deputado do PSdeG expuso a proposta baseandose na necesidade de combinar o respecto á propiedade privada co cumprimento da lei de patrimonio cultural de Galicia que di que “os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural deberán de facilitar a visita pública ós mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuíta durante catro días ó mes, en días e horario prefixado. Esto é o que pedimos, que se cumpla a lei”
-”Quero agradecer a cooperación dos grupos do BNG e PP que apoiaron a nosa iniciativa. O acordo ao que chegamos na comisión é importante porque é unánime, sendo un claro mandato ao goberno galego para que se poña as pilas e faga cumplir a lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia”, afirmou José Manuel Lage ao rematar o debate da súa Proposición Non de Lei.
-Lage Tuñas recordou que ”o único que pedimos os socialistas galegos é que se facilite a existencia dun calendario con datas e horarios prefixados para que os cidadáns coñezan de antemán cando poden visitar este ben de interese cultural.”
-Dende o PSdeG tamén defenden a necesidade de que A Xunta de Galicia “implemente un programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural que temos en Galicia, facilitando a súa promoción nos circuitos de turismo cultural”.
Se se achegan ao pazo e non poden velo, non se vaian sen mirar o cruceiro de Xunqueiras, unha auténtica marabilla. Está a uns metros á esquerda, segundo miran para as Torres.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A deputada do BNG Ana Pontón advirte de que o estado de conservación da capela é moi deficiente e agarda que os novos prazos anunciados hoxe polo secretario xeral da Consellería se cumpran sen máis demoras
Noia, 11 Marzo de 2010 (Nota íntegra do Bng).- A portavoz de Cultura do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, emprazou hoxe ao goberno da Xunta a que sexa áxil na execución do proxecto de restauración da capela de Santa Cristina de Barro (Noia), dado que xa leva moita demora, recoñecida pola propia Consellería malia ser un templo cun importante grao de deterioro.
Durante o debate en comisión dunha iniciativa sobre este asunto defendida pola parlamentar nacionalista, esta valorou que o secretario xeral da Consellería de Cultura anunciara que os traballos se realizarán neste exercicio, estando prevista a licitación entre os meses de Abril e Maio e a partir de ahí o prazo de execución será de seis semes.
Mais a deputada do BNG lembrou que se trata dun proxecto que se iniciou xa en 2008, orzamentado con 94.000 euros, que sen embargo aínda non foi acometido porque, segundo o propio director xeral, tivo que ser paralizado o pasado ano porque “consideraron que había outras obras máis importantes”.
Ana Pontón reiterou que o estado de conservación da capela, de orixe románica, é moi deficiente, por iso era preciso actuar con axilidade, pois entre as obras que precisa está repor o teito.
A parlamentar concluiu agardando que se cumpran os novos prazos anunciados hoxe e lembrou que estas obras van contribuir, ademais, non só á recuperación da riqueza arquitectónica do País senón que tamén poden aportar o seu grao de area á recuperación da economía local.
Resposta da Xunta de Galicia:
Cultura estima que as obras de rehabilitación da capela de San Antón na parroquia de Santa Cristina de Barro estarán rematadas en novembro
Igrexa de Santa Cristina de Barro
O secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Antonio Fernández-Campa, informou hoxe no Parlamento sobre a situación da capela do concello de Noia da que asegurou que se está a comezar a preparación do prego para a contratación das obras que “estarán adxudicadas no mes de maio próximo”.
Volver Imprimir Enviar
A capela de San Antón de Santa Cristina de Barro, sita no concello de Noia, data do século XI-XII. Na actualidade atópase en mal estado de conservación xa que gran parte dos seus muros e rematados nunha cornixa adornada con formas zoomórficas e vexetais están tapados pola vexetación así como a cuberta que se acabou desmoronando sobre a bóveda existente.
O Peto de ánimas destaca desde o punto de vista artístico, construción de pedra que data de finais do século XIX e principios do XX, pero atravesa unha situación que aconsella unha rápida intervención. O peto ten a consideración de Ben de Interese Cultural pola súa condición de peto de ánimas de máis de 100 anos, nembargante arestora faltánlle algunhas pezas de pedra así como a cruz que coroaba o conxunto e a pintura non se conserva practicamente a excepción de zonas específicas.Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Escribe seu irmán Manuel, tamén de Dodro, e cóntanse anécdotas dos seus compañeiros de loita antifranquista que teñen como escenarios lugares como Noia (páxina 175):
"E nós, Manuel e eu, participamos na reunión de Noia, unha reunión que tivo a finalidade de dar ao traballo cultural unha extensión nacional. Ben, nesa reunión eramos pouca xente pero moi unida e que se multiplicaba. Cando hai unha gran cohesión non vas buscar nada e dálo todo. Está claro, creo, que se hai entrega, faise moito máis. Nós pagamos as nosas comidas, as viaxes, todo. Cotizaba todo o mundo para o que fose. Cando foi o de Noia, chamounos Reboiras. Entón moi secreto, moi secreto, citáronnos na cafetaría Derby, en Santiago. Alí recolleunos Reboiras. A min fíxome moita graza porque non sabiamos a onde nosPosted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Salvador Dalí era un grande admirador da vida das moscas, quizais polas súas lecturas de Luciano de Samosata, o humorista-sofista sirio, que profesaba verdadeira veneración por elas, ata o punto de escribir "Eloxio das moscas".
Pode que o xenial artista catalán lle dese unha explicación mosqueira a este vídeo que están a empregar algúns xornalistas "amigos de la nave del misterio" para falar de pantasmas. Como explicaba Luciano de Samosata, algúns charlatáns aseméllanse moito ás moscas de cuartel ou moscardóns: deixan oír un zunido moi pronunciado, o seu voo é rapidísimo e desfrutan de larga vida, agochados preferentemente nos artesoados. A parte preferida de Dalí do que contaba Luciano era que estas moscas de cuartel "realizan por turnos as funcións de macho e femia, montando á outra tras ter sido montada, e reunindo, como o fillo de Mercurio e Afrodita, dobre sexo e dobre beleza". Parafraseando ao escéptico de Samosata, "poderiamos engadir moitas anécdotas neste eloxio, pero detémonos, temerosos de parecer, como di o refrán, que queremos facer dunha mosca un elefante, ou neste caso, unha pantasma".
Desta exposición, en serio, falamos en http://certo.posterous.com/arte-o-museo-do-gravado-de-ribeira-estivo-pre
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia