Outra interesante anotación da asociación micolóxica Refungando, en http://refungando.blogspot.com/2010/04/cogomelos-detidos-no-tempo.html
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Outra interesante anotación da asociación micolóxica Refungando, en http://refungando.blogspot.com/2010/04/cogomelos-detidos-no-tempo.html
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
8 DE MAYO EN EL CAFE CULTURAL AURIENSE:
Abrirán CONTRA AS CORDAS, un nuevo grupo de hardcore de Ourense que empezó pegando muy fuerte y que dejaron muy buen sabor de boca en su debut en Noviembre con Toro bravo en Ourense y en Vigo con Adversión. Presentarán su primer disco: www.myspace.com/contraascordas
Seguidamente tendremos a una muy buena banda desde Corrubedo: INLLORFEIS. Hacen H.C./punk-rock muy muy guapo y en algunos temas meten gaita.Además es el ultimo concierto de la gira de presentación de su primer disco "TA CALAO".Es la ultima oportunidad que tendremos de ver a INLLORFEIS en esta intensa gira que los llevó por las principales ciudades de Galiza asi como una gira por Euskal Herria acompañados de SUTURA.
www.myspace.com/inllorfeis
Y finalmente la pedazo banda desde TORINO, Italia: BULL BRIGADE. Sin duda es uno de los mejores grupos de Oi! actualmente en Europa y vienen de participar en varios festivales antifascistas por toda Europa,compartiendo escenario con grupos de la talla de COCKNEY REJECTS, OPPRESSED, COCK SPARRER, STAGE BOTTLES ,etc etc......Temas que giran en torno al antifascismo , clase obrera y, como no, futbol. Coros perfectos.Algunos de sus miembros son ex- BANDA DEL RIONE, todo un mito del oi! italiano. En definitiva, todo un lujo tener este grupo en Ourense.
www.myspace.com/bullbrigade
NO OS PERDAIS ESTA CITA CON EL MEJOR HARDCORE/PUNK Y OI!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Porto do Son, 27 de abril de 2010. Hoxe na Galega, a iso das 23:54h (un chisco tarde), emitirán o filme "Mariposa, bolboreta, papallona", que foi gravado por Porto do Son adiante (e algo de Noia e Outes). Inda que xa foi emitida nalgunha Casa de Cultura do concello, quizais haxa xente da bisbarra que non tivese ocasión de botarlle un ollo, polo que se recomenda pasar a voz -a berros se o paisano non escoita ben- para que alguén máis poida gozar das estampas do Son. Algunhas delas que xa non existen tal cal foron tomadas no 2005: por exemplo os arredores da igrexa da Atalaia, que se diferencian do pouco que se chegou a ver en "Making Son", agora con xardín e paseo...
Se non sabedes de que vai o filme, tedes a sinopse na web da Galega (onde fan referencia ao Son tamén): http://crtvg.es/programas/?p=611&m=1
A web que tiñan do filme, con apenas 4 fotos da rodaxe no Son, o cartel e o tráiler: http://bolboretadoblebanda.blogspot.com/
Unha entrevista ao director do filme, detallando os motivos para escoller Porto do Son: Pablo García: "Me han educado con el objetivo de ser feliz".
Vía Toño Calo (MakingSon)
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
-O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage vai presentar unha proposición non de lei para impulsar “un acordo no Parlamento para conseguir que a Xunta de Galicia construia un novo centro de saúde en Noia”.
-O Goberno Galego respostou a unha pregunta do deputado socialista interesándose polas previsións do goberno para dotar a Noia dun novo centro de Saúde
-A Xunta de Galicia resposta a Lage Tuñas que non teñen previsto construir un novo centro de saúde en Noia
-“Eu considero que en Noia precisamos un novo centro de saúde, incrementar o persoal sanitario e mellorar os equipamentos que existen na actualidade.”
-”Eu comprométome a loitar durante esta lexislatura dende a oposición para que en Noia se construia un novo centro de saúde, porque é necesario e considero que a Xunta ten que facer un esforzo, xa que as instalacións do Punto de Atención Continuada son moi mellorables” afirmaba Lage Tuñas.
Noia, 27 de abril de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, vén de anunciar hoxe que durante esta lexislatura traballará de xeito intenso “para conseguir un novo centro de saúde para Noia”.
Lage Tuñas xa se interesara pola construcción dun novo centro de saúde para Noia ao presentar no pasado mes de novembro do 2009 unha iniciativa parlamentaria “para preguntarlle á Xunta de Galicia si tiña pensado construir un novo centro de saúde en Noia”. O deputado do PSdeG recibíu resposta do goberno galego na que especifica que non hai previsións a curto prazo para construir un novo centro sanitario en Noia.
Os socialistas piden avaliar a situación do centro de saúde e do PAC noiés
Lage Tuñas explicaba que “os socialistas queremos saber o diagnóstico que ten feito o goberno galego sobre a situación sanitaria da área de Noia e por iso presentei esta iniciativa pero vexo que o goberno opta por descartar calquera acción de mellora da situación sanitaria en Noia”. “Temos moitas necesidades no ámbito sanitario e é preciso que se faga unha avaliación da situación do centro de Saúde e do funcionamento do PAC de Noia”, sostén o deputado socialista.
“Eu considero que en Noia precisamos un novo centro de saúde, incrementar o persoal sanitario e mellorar os equipamentos que existen na actualidade e comprométome a loitar durante esta lexislatura dende a oposición para que en Noia se constrúa un novo centro de saúde e quero facelo buscando no parlamento un gran acordo co resto das forzas políticas, pensando na mellora da situación da sanidade en atención primaria en Noia, para o que convidaremos tanto ao PP como ao BNG a chegar un acordo”, rematou Lage Tuñas.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
"Entre 1933 e 1936, o noso país foi o escenario dun curioso proxecto educativo. Ao igual que no resto do Estado, as Misións Pedagóxicas percorreron Galicia tentando achegarlle ao pobo a cultura. Cadros, monicreques, libros, música e mesmo cinema chegaban ás aldeas nunha caravana. Entre os participantes atopamos recoñecidos persoeiros das nosas letras como Rafael Dieste. Agora, unha exposición e un ciclo de charlas en Santiago de Compostela recuperan esta iniciativa única.
Percorrer o país e levando contidos culturais por diferentes vilas. Esta é a curiosa aventura na que se embacaron Rafael Dieste, Ramón Gaya, Antonio Sánchez Bargudo, Cándido Fernández Mazas, Otero Espasandín, Antonio Ramos Varela ou José Val del Omar, entre outros. En concreto, en 1933, unha expedición de seis meses precorreu boa parte da nosa xeografía no marco das Misións Pedagóxicas. Logo desta xira, desenvolvéronse diferentes misións en puntos concretos da nosa xeografía. Eugenio Otero, comisariou a exposición que se pode ver sobre este tema na Casa das Asociacións en Santiago de Compostela. “A misión do 33 é un pouco especial. Por vez primeira faise coincidir o que é unha Misión normal co Museo do Pobo”, explica. Esta iniciativa consistía e dúas coleccións itinerantes de copias dos máis coñecidos autores españois, como Velázquez, O Greco, Murillo ou Goya, que se trasladaban nunha serie de caixas e eran explicados por algúns dos misioneiros. Ademais, copias impresas destas obras se repartían entre os participantes e se deixaban nos centros receptores. “Isto esixía unha determinadas infraestruturas. Tiñan que ser vilas onde puidese, cando menos, chegar unha furgoneta”, lembra Otero. Así e todo, existen imaxes nas que se vé o traslado da caixa co material do Museo en barca entre O Pindo e Corcubión.Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Xa van case polos 1.500 seguidores e pretenden, exactamente, isto: "PORQUE XA ESTAMOS CANSOS DE QUE MANDEN SEMPRE "MUSICA LIXEIRA" A ESTE FESTIVAL, RECLAMAMOS UN POUCO DE ATENCIÓN DENTRO DO MUNDO DO ROCK EN GALEGO, E QUE MENOS QUE NOS REPRESENTE ESTE EMBLEMATICO GRUPO, O PRIMEIRO EN CRUZAR AS FRONTEIRAS CANTANDO NA NOSA LINGUA. QUEREMOS QUE SE VOLVAN A XUNTAR E QUEREMOS ROCK EN GALEGO EN EUROVISION!!!!!!!"
Aí queda iso. Nós estamos apuntados. A que agardades? Hai que ir a http://www.facebook.com/group.php?gid=296410457904
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O Vídeo do Mes é unha actividade do Centro Torrente Ballester de Ferrol que inicia nova tempada adicada á difusión do traballo de novos creadores. Nesta ocasión está Manu González Gómez, de Ribeira, que xunto a Paula Gómez Vallejo fixo "Do verbo acumular", unha curta que é "algo máis cun aceno aos traballos de Richard Serra, a propósito do que se pode realizar cos materiais da escultura". Móvese entre os influxos cultos -Chris Cunningham, Paul McCarthy ou James Bidgood- e populares, de series míticas dos oitenta como Las Chicas de oro, Twin peaks, as telenovelas ou o luxo decadente de Las Vegas. Inxerindo sen control pero perfectamente combinados, os protagonistas da acción -os propios artistas- evidencian como ata un empacho pode ter un toque de distinción. Un atrezzo oportunamente aderezado co tema de Felix da Housecat, “Money, Succes, Fame, Glamour”.
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia