4.5.10

Deportes: 6 euros para poder ver o SuperCross "Cidade de Riveira" este sábado 8 de maio en San Alberte

Din que é o circuíto número un de España de supercross e que van estar "motocrosseiros" de alto nivel

Ribeira, 4 de maio de 2010.- Algúns dos pilotos de elite do mapa peninsular acudirán ao concello para disputar este sábado, día 8 de maio, a undécima edición do Campionato Galego de Supercross "Cidade de Riveira" que organiza a Motoclub Riveira School. Para poder asistir á proba estableceuse unha contribución mínima de 6 euros. Para falar desta cita, que puntúa para o Campionato de España, acudiu á casa consistorial o presidente da devandita entidade, Manuel Santos Rego, quen salientou que o circuíto onde se celebrará o evento, de 700 metros de lonxitude e que está localizado en San Alberte, é segundo os expertos o número un de España en supercross: “é un circuíto moi técnico e tremendamente espectacular que foi construído para pilotos de alto nivel”, afirmou.

Máis de 75 participantes

Asemade, anunciou que os adestramentos terán lugar pola mañá a partir das 11 horas e as carreiras ás 17 horas. Competirán entre 75 e 80 pilotos (unha cifra inferior a de anteriores edicións por mor da crise, pero na que figuran os deportistas de máis alto nivel) que estarán repartidos en 7 categorías: alevín, xuvenil, cadete, promoción, junior, veterano e senior.

Adrián Garrido, imaxe da súa web, aquí

Entre os pilotos que participarán na proba, Santos Rego destacou ao campión galego Adrián Garrido; a Ángel Suárez, quen foi subcampión de España xuvenil e corre actualmente na categoría cadete; así como a un espectacular piloto de doce anos de idade que está chamado a ser, na opinión de Manuel Santos, futuro campión nacional. Tamén advertiu que é case segura a presenza no certame de Román Pérez, campión de Portugal de elite.

Pola súa parte, o edil de Turismo de Ribeira, Vicente García Rivas, animou á xente a que acuda ao monte de San Alberte para presenciar este acontecemento e brindou a disposición do Concello para colaborar neste tipo de iniciativas. O concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal Tomé, que pechou o acto, declarou que máis que un deporte, este campionato “é un espectáculo que vai enganchar a todo o mundo”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Banda deseñada: os boirenses Martín Romero e Brais Rodríguez, no Salón do Cómic de Barcelona do 6 ao 9 de maio

Cultura e Turismo presentará “Un camiño de viñetas” no Salón do Cómic de Barcelona, que recolle a particular visión dos principais artistas da banda deseñada galega sobre a Ruta Xacobea. Entre eles, Martín Romero (Boiro) e Brais Rodríguez, tamén moi relacionado co colectivo Leña Verde.
 
Boiro, 4 de maio de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, apoiará a presenza dos autores e as editoriais da banda deseñada galega no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (FICOMIC), mediante a instalación de dous stands promocionais coas súas últimas creacións. Nesta XVIII edición, entre o 6 e o 9 de maio, a participación galega terá un marcado acento Xacobeo a través da exposición Un Camiño de Viñetas, promovida pola Xunta de Galicia, na que destacados autores da banda deseñada da Comunidade achegan a súa particular visión do Camiño de Santiago. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, viaxará a Barcelona para participar na xornada inaugural o xoves día 6.

As ilustracións que forman parte desta mostra son obra de Carlos Arrojo, Diego Blanco/Kike Benloch, Cosme, Manel Cráneo, José Domingo, Jacobo Fernández Serrano, Alberto Guitián, Jano/Rodrigo Costa, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Martín Romero, David Rubín, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Asemade, o sector da banda deseñada agradecerá a valiosa e desinteresada axuda do comisario desta mostra, Benito Losada, que fixo posible a realización de Un Camiño de Viñetas.

No Salón do Cómic de Barcelona tamén se exporá o cartel ilustrativo creado por Emma Ríos para a mostra Un Camiño de Viñetas. Esta guionista e debuxante pontevedresa colaborou, entre outros, cos fanzines El Bolchevique vespentino, Esto es la guerra, Mensajes en unha botella y Comikaze. Entre os seus galardóns destaca o primeiro premio no concurso de Arteixo en 1999 co cómic Como el cielo en invierno, o terceiro premio do Certame da Banda Deseñada da Xunta de Galicia (2004) formando equipo con David Rubín, e o premio ao mellor autor revelación en Expocomic Madrid 2008, por Los Reyes Elfos: Historias de Faerie 2 e Barsowia.

Programa de actividades
Durante os catro días da feira, a actividade nos stands galegos permitirá dar a coñecer as últimas novidades da banda deseñada da nosa Comunidade. Na xornada do venres 7 de maio, os stands de Galicia acollerán dúas sesións de firmas a cargo de Diego Blanco e Mariano Casas. Xa pola tarde, terán lugar as presentacións das revistas BD Banda e Retranca, de Kiko da Silva e do álbum De Sangre e ron mi Cuba, de Fran JAraba, así como as sinaturas de Rodrigo Cota/Jano e Kiko da Silva. O sábado 8, Brais Rodríguez, Victor Rivas, José Domingo e Kiko da Silva tamén participarán nunha sesión de sinatura de exemplares e o domingo 9, ao mediodía, o fará David Rubín.


Autorretrato de David Rubín, que xa é un habitual deste Saló do Cómic

As publicacións galegas que se exporán neste Salón do Cómic de Barcelona van da man das editoras Difusora, Factoría K, Lea/Embora, o Patito Editorial, Retranca Editora, Toxosoutos, Xerais, Do Cumio, Urco Editora e Demo Editorial, e dos colelctivos autoeditores e afeccionados BD Banda, Cerditos de Guinea Cómics, Fuck Cómics, Mariano Casas, Polaqia e Sinónimos de Lucro. Na actualidade hai mais de medio centenar de autores de banda deseñada galegos, que publican en galego, castelán, inglés, francés, italiano e checo.


Autorretrato de Martín Romero, que foi entrevistado en Certo, aquí


Autorretrato de Brais Rodríguez

Tamén foi entrevistado en Certo, aquí


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cambio climático: profesores de Barbanza e Noia participan o 7 e 8 de maio no I Congreso Climántica


O congreso está dirixido, principalmente, ao persoal docente de ensino non universitario, co obxectivo de compartir as súas experiencias no campo educativo sobre o cambio climático


O proxecto Climántica comezou a súa andadura fai catro anos e converteuse en referencia a nivel nacional e internacional


Barbanza-Noia, 4 de maio de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, organiza o I Congreso Climántica, que versará sobre as respostas educativas ao fenómeno do cambio climático. O Congreso terá lugar no Centro Social Caixanova en Pontevedra os vindeiros venres e sábado, 7 e 8 de maio. Nel participan varios docentes destas bisbarras de Noia e Barbanza, que levan implicados neste proxecto case desde o seu inicio.

Este foro educativo está dirixido principalmente dirixido aos profesores do ensino non universitario, tanto de Galicia como de fóra da comunidade, que queiran dar a coñecer as súas experiencias no ámbito educativo sobre o cambio climático. O número de inscritos neste encontro educativo ambiental ascende a case 800 docentes.

A programación do Congreso contará con importantes intervencións de destacados expertos no campo do Cambio Climático, así como expertos en materia de comunicación que abordará as fórmulas para romper as barreiras da comunicación en relación co cambio climático. O venres 7 de maio, ás 17:00 horas, terá lugar o acto de inauguración e, posteriormente, o xornalista e presidente da Real Academia das Ciencias e as Artes da Televisión, Manuel Campo Vidal ofrecerá a conferencia Estratexias técnicas para superar barreiras de comunicación do cambio climático.


Mesas redondas do I Congreso Climántica
A primeira mesa redonda que se organiza baixo este foro Climántica leva por título Impactos e riscos do cambio climático e intervirá: o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz- Fierros; o doutor en Química na especialidade de Oceanografía e investigador no Plymouth Marine Laboratory do Reino Unido, Xosé Antón Álvarez; o profesor de Introdución a Xeoloxía e Xeoloxía Planetaria da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Anguita; e o profesor de Educación Ambiental da USC e presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental, Pablo Meira.

A xornada do 8 de maio tamén se iniciará cunha mesa redonda que se centrará investigación para a mitigación e adaptación ao cambio climático. Os conferenciantes serán: o director de Meteogalicia –organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas- Vicente Pérez; o profesor da Unidade Xenética do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses da USC, Antonio Salas; o director da Axencia de Enerxía de Vigo, Bernardo Parajó; e o director da Cátedra Iberdrola de Investigación sobre Economía do Cambio Climático, Xavier Labandeira.

O peche matinal da segunda xornada deste foro porase cun encontro sobre as experiencias en centros educativos modelos, onde os profesores poderán contar as súas experiencias docentes no ámbito do cambio climático, e pola tarde celebrarase a derradeira mesa redonda, cuxo título é Respostas educativas ao cambio climático. Os participantes serán: o catedrático de Pedagoxía social da USC, José Antonio Caride; o catedrático de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid, Ignacio Pozo; o licenciado en Ciencias Biolóxicas e doutor en Ciencias da Educación, Fernando Ojeda; e o experto en Tecnoloxías da Información e da Comunicación, José Manuel Bouzán.



‘Premios Climántica’

Baixo o lema ‘ Xa somos máis recuperando o planeta’ convócanse os Premios Climántica, dirixidos aos estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade. As categorías polas cales se pode optar ao premio son: literatura, multimedia e artes plásticas, coa temática central do Cambio Climático.

Os premios serán colectivos e dependerán do nivel educativo do participante premiado; os estudantes de 5º e 6º de Primaria optarán a unha estancia formativa nun campamento ambiental, os de ESO gañarán unha travesía de 5 días nun veleiro visitando puntos do litoral galego e os de Bacharelato e universitarios tamén disfrutarán dunha estancia formativa nun campamento ambiental.

Os traballos deberán enviarse antes do 10 de maio ao correo concursos@climantica.org ou por correo ordinario á Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, que depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Proxecto Climántica
O proxecto Climántica é un programa de educación ambiental organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este proxecto, que se iniciou en 2006, é froito dun traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos.

A actual Xunta considera prioritario afrontar nesta lexislatura unha estratexia rigorosa, eficaz e realista en materia de loita contra o cambio climático. Esta estratexia materializouse co Programa Marco de Acción contra o Cambio Climático 2010-2020.
Na súa primeira parte, traballarase nun horizonte temporal inmediato, cara o 2012, e comprende unha serie de medidas concretas a desenvolver no marco do cumprimento dos compromisos derivados do Protocolo de Kioto. Nunha segunda etapa, abordaranse varios proxectos estratéxicos para o período 2013-2020, planificados polo Cumio de Copenhage celebrado o pasado mes de decembro. Así, incluiranse proxectos estratéxicos que colaborarán con España e coa Unión Europea na redución de gases de efecto invernadoiro para acadar os obxectivos globais que se establezan para o ano 2020.

Toda a documentación das unidades xunto coa información xeral, está accesible no espazo web www.climantica.org, onde tamén se deseñou unha plataforma de traballo para os docentes. De feito, dende a posta en marcha do proxecto obtivo unha notable repercusión internacional polas características e a accesibilidade ao material didáctico.

<embed src="http://tv.climantica.org/flash/player.swf" flashvars="file= " width="460" height="345" />

Algunhas referencias de Barbanza e Noia:

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: o Sónar fai a segunda entrega da súa promoción xacobea

Ribeira: Manuel Rivas responde a cuestiones importantes sobre la energía solar

Como rápidamente entenderán, Manuel Rivas no es el escritor gallego, sino un especialista en energía solar de Galisol, empresa que colabora en la jornada de divulgación de esta energía el próximo 15 de mayo en Ribeira.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

3.5.10

Pseudociencia: atoparon "de novo" a arca de Noé, e non foi nun monte de Noia

Era no Ararat, uns "científicos" liderados por un cineasta evanxélico. Cada pouco saltan novas así, que encandilan aos crédulos e mesmo fan que se paguen xornadas con cartos públicos para que se fale destas "magufadas". Lean a nova enteira neste blog: http://www.proyectosandia.com.ar/2010/05/que-fue-de-la-noticia-del-arca-de-no...
E lémbrense de que en Ribeira falaron diso, de que a Arca de Noé encallara por estas bisbarras -semella que trouxo parellas de burros de máis-, do que lles informamos en http://certo.posterous.com/ribeira-outro-concello-que-se-sube-ao-carro-d

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: este viernes, 7 de mayo, en el Ateneo Valle-Inclán, charla sobre tiburones a las nueve de la noche

En A Pobra do Caramiñal, los chicos de Axena (Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza) hacen un blog muy interesante en el que han tratado varias veces la vida y milagros de estos escualos.

Marrajos en la lonja viguesa. Foto: Axena

Ponemos, al azar, dos entradas:

Esa es la base del documental sobre tiburones “Sharkwater”. En este documental (del que os dejo el trailer) se muestra el mercado de las aletas de tiburón a lo largo del mundo, mientras vemos imágenes de buzos interaccionando con todo tipo de tiburones sin jaulas de protección, intentando desmontar el mito de los tiburones como [...]

Leer el post completo »

Protect the sharks, es una organización holandesa no gubernamental que se dedica a fomentar la protección y conservación de los tiburones. Echadle un vistazo a este trailer llamado Gimme a hug!, donde enseñan que los peligrosos y malísimos tiburones devoradores de hombres que nos enseñan en las pelis quizás no lo sean tanto… 

Leer el post completo »

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: volei-praia, baloncesto, futbito e pádel na inauguración das pistas deportivas de Lestrobe este sábado 8 de maio

Toléannos cos bes e os uves en Barbanza. O Concello e o pazo poñen Lestrove e a Lei de Normalización Lingüística, que é a que aplica a Xunta nos carteis, di que é Lestrobe.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: o Psoe denuncia o uso partidista por parte do PP do logo do Xacobeo en Venezuela

Piden os socialistas que Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, se explique ao respecto no Parlamento de Galicia

Xacobeómetro


O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia vén de presentar a través dos seus deputados Xoaquín Fernández Leiceaga e José Manuel Lage Tuñas unha iniciativa parlamentaria na que destacan que “sería positivo que se evitaran este tipo de situacións que crean confusións e onde se mezclan as marcas institucionais e os logotipos dun partido político, xa que é preciso delimitar ben os espazos propios de uso das marcas e logos oficiais”.

Santiago, 3 de maio de  2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, presentou hoxe de maneira urxente unha iniciativa parlamentaria para o seu debate no pleno do parlamento sobre a utilización do logotipo institucional do Xacobeo 2010, propiedade da Xunta de Galicia, en actos dunha formación política, como é o Partido Popular de España en Venezuela.

O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas cree que “o mellor que pode facer o señor Rueda Valenzuela é explicar que normas rixen a utilización dos logotipos oficiais da Xunta de Galicia e que lle parece a utilización dun logotipo institucional xunto aos emblemas do I Congreso do Partido Popular de España en Venenzuela, onde el mesmo participou en calidade de secretario xeral do PPdeGalicia”.

Lage Tuñas expresaba hoxe que “o goberno galego debe explicarse, e decirnos se avala o uso dos logotipos e marcas rexistradas da Xunta de Galicia xunto a marcas, emblemas e logotipos dunha formación política” tal e como o reflexou un membro do goberno na sesión do pleno do parlamento e proseguiu decindo que é preciso unha explicación oficial “xa que non parece moi apropiada a utilización de logotipos dunha institución como pode ser o referido ao Xacobeo 2010 nun cartel publicitario dun partido político, neste caso o Partido Popular de Venenzuela.”

O Viceportavoz do Grupo Socialista entende que “é necesario unha explicación clara por parte conselleiro da Presidencia,xa que se fixo unha utilización partidaria dun logotipo institucional por parte do PP nun acto no que ademais él mesmo participou activamente”.

A viaxe institucional a Venenzuela do conselleiro da Presidencia está levantando moitas suspicacias ao terse utilizado un recurso público como é unha marca institucional, Xacobeo 2010, conxuntamente cos emblemas e símbolos do Partido Popular na celebración dun Congreso”, afirmaba hoxe José Manuel Lage.

”O señor Rueda participou de xeito activo en Caracas no I Congreso do Partido Popular de España, onde se utilizou o logotipo do Xacobeo 2010, mezclando unha marca dunha institución cun evento partidario, o que incrementa as dúbidas sobre a separación real de actividades institucionais e partidarias por parte dos actuais dirixentes do Partido Popular”.

Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo

Lage Tuñas entende que “as palabras do conselleiro de Cultura e Turismo avalando que se pode utilizar un logotipo ou unha marca da Xunta por parte de calquera formación política merecen unha explicación do Presidente da Xunta de Galicia, e seguramente unha rectificación, que ata o de agora non se produxo”.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia vén de presentar a través dos seus deputados, Xoaquín Fernández Leiceaga e José Manuel Lage Tuñas unha iniciativa parlamentaria na que destacan que “sería positivo que se evitaran este tipo de situacións que crean confusións e onde se mezclan as marcas institucionais e os logotipos dun partido político, xa que é preciso delimitar ben os espazos propios de uso das marcas e logos oficiais”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: se House fose vampiro

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical